Inmersión Lingüística de Outono 2011: Centros seleccionados
Enviado por asacido a Ven, 24/06/2011 - 13:25Nos arquivos adxuntos atópanse as relacións de centros seleccionados para participar no programa de Inmersión Lingüística no outono 2011, ao abeiro da Resolución do 31 de marzo de 2011, da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de Sexto curso de Educación Primaria e Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2011.
Sección:
Memorias avaliativas Seccións Bilingües 2010/2011
Enviado por asacido a Xov, 23/06/2011 - 13:03Durante os días 23 e 24 de xuño de 2011 enviaranse instrucións aos centros participantes no Plan de Seccións Bilingües para a elaboración das memorias avaliativas. O prazo de entrega das devanditas memorias será o 5 de xullo.
Nos vindeiros días comunicaranse tamén as instrucións para as memorias de centros plurilingües e o programa CUALE.
Así mesmo, lémbrase aos centros que participaban no Plan de Anticipación da primeira lingua estranxeira que o devandito plan foi derrogado polo Decreto 330/2009 de educación infantil. Isto implica que non se debe enviar ningunha memoria avaliativa e que o profesorado participante non recibirá certificación.
Sección:
Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras
Enviado por administrador a Mér, 15/06/2011 - 14:00
Xúntase o Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras, que será enviado en formato papel a todos os centros galegos sostidos con fondos públicos.
Colectivo:
Sección:
Recursos para a aprendizaxe de chinés e árabe
Enviado por asacido a Ven, 27/05/2011 - 12:54Nas seguintes ligazóns atópanse recursos e ferramentas financiados pola Unión Europea para a aprendizaxe de árabe e chinés:
Sección:
Novo número da revista "Prácticas en educación bilingüe e plurilingüe"
Enviado por asacido a Lun, 23/05/2011 - 12:49Tema:
Colectivo:
Sección:
Novas ordes de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa
Enviado por administrador a Ven, 20/05/2011 - 09:08Xúntase a nova normativa de Seccións Bilingües, Centros Plurilingües, Programa CUALE e Auxiliares de Conversa (DOG do 20 de maio de 2011)
File:
Colectivo:
Sección:
I Xornada Galega sobre Linguas Estranxeiras
Enviado por administrador a Xov, 05/05/2011 - 10:20O vindeiro 4 de xuño terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela) a I Xornada galega sobre linguas estranxeiras, na que se presentará o plan galego de potenciación de linguas estranxeiras.
A Xornada contará coa participación de Hugo Baetens Beardsmore (Universidade Libre de Bruxelas) e David Lasagabaster (Universidade do País Vasco), así como con representantes doutras Comunidades Autónomas e experiencias de centros galegos.
O prazo de inscrición estará aberto ata o 19 de maio en www.edu.xunta.gal/fprofe
Código da actividade: X1002027
Tema:
Colectivo:
Sección:
Convocatoria de auxiliares de Conversa 2011/2012
Enviado por administrador a Ven, 15/04/2011 - 13:17Impulsar a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe das linguas estranxeira é un dos compromisos da política educativa na Comunidade Autónoma de Galicia.
A participación nos devanditos procesos dunha persoa auxiliar de conversa considérase moi necesaria como punto de referencia para o desenvolvemento dunha lingua viva. Ademais de constituír unha práctica internacionalmente recoñecida para mellorar a competencia comunicativa do alumnado en linguas estranxeiras, as persoas auxiliares de conversa contribúen a un achegamento máis natural aos aspectos xeográficos, sociais, culturais, económicos e de actualidade dos países de referencia, o cal supón un incremento da motivación para a aprendizaxe da lingua obxecto de estudo.
Nesta liña e co obxecto de dar a maior difusión do Programa de Auxiliares de Conversa, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria de selección de centros públicos plurilingües con carácter prioritario e, de ser o caso, centros públicos con seccións bilingües e escolas oficiais de idiomas para a dotación de AUXILIARES DE CONVERSA.
Os centros solicitantes deben estar a participar en programas de fomento da aprendizaxe das linguas estranxeiras. Así mesmo, todos os centros educativos que contén cun/cunha auxiliar de conversa no presente curso deben cumprimentar a súa solicitude igualmente.
Os centros interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir en rede a solicitude que poden atopar na web http://www.edu.xunta.es/auxconversa .Calquera membro do equipo directivo co seu nome de usurario/a e contrasinal terá acceso á aplicación.
O prazo de solicitude remata o día 27 de abril de 2011.
Colectivo:
Sección:
Programa de Inmersión Lingüística de Outono
Enviado por asacido a Ven, 08/04/2011 - 09:36Resolución do 31 de marzo de 2011, da Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos de Sexto curso de Educación Primaria e Segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de «Inmersión Lingüística» durante o outono de 2011.
Os centros que desexen participar no programa deberán solicitalo, antes do 11 de maio de 2011, a través da sede electrónica do Ministerio de Educación https://sede.educacion.gob.es/tramite, sección «Trámites y Servicios».
Convocatoria: http://www.boe.es/boe/dias/2011/04/07/pdfs/BOE-A-2011-6271.pdf
Información: Marta Valderrama
Tfno.: 881 997497
Correo-e: auxconcertados@edu.xunta.es
Sección: