Gallego

Inmersión Lingüística de Outono 2010: Información

Unha vez realizada a baremación dos proxectos presentados polos centros educativos coa finalidade de participar no Programa de inmersión lingüística durante o outono de 2010, cofinanciado entre o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación e O.U. e dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria, dáse publicidade á resolución definitiva dos centros seleccionados.

No arquivo adxunto indícanse os centros de inmersión de destino, as quendas nas que participa cada centro e as datas nas que deberá realizar a estadía cada un deles.

 Ademais, infórmase aos centros seleccionados de que en breve lles será transferido á súa conta bancaria o importe de 6.000€, correspondentes á dotación económica que como axuda lles concede a Comunidade Autónoma, e que deberá ser distribuída entre o pago á empresa adxudicataria (3.500€) e o pagamento dos gastos ocasionados polo transporte do grupo (2.500€). Logo de realizada a estadía deberase facer a xustificación de gastos tal como se indica na convocatoria.

 Para poder efectuar este trámite de transferencia do importe, precisamos que os centros seleccionados nos remitan con carácter urxente o NIF e o Nº de Conta Bancaria do Centro educativo, ben por fax ao nº 981-546550 ou por correo electrónico ao enderezo   asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es

Gallego

Sección: 

Guía para as persoas Auxiliares de Conversa

No arquivo adxunto en formato PDF atópase a Guía para as persoas que estean participando no programa de Auxiliares de Conversa durante o curso 2010/2011.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
Guía Auxiliares de Conversa 2010-2011

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de auxiliares de CONVERSA 2010/2011

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria fai pública a convocatoria de selección de centros públicos de ensinanza primaria e secundaria para a dotación de AUXILIARES DE CONVERSA. O obxectivo deste programa é a mellora da calidade da aprendizaxe das linguas estranxeiras.

 Os centros solicitantes deben estar a participar en programas de fomento da aprendizaxe das linguas estranxeiras (plan de seccións bilingües e programa CUALE) ou poden ser centros que teñan intención de solicitar a súa participación nos devanditos programas para o vindeiro curso 2010/2011.

Os centros interesados en participar nesta convocatoria deberán cubrir en rede a solicitude que poden atopar no servizo relacionado máis abaixo

O prazo de solicitude remata o 26 de abril de 2010.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 2 de novembro de 2009 pola que se fai pública a nova relación de centros autorizados no curso 2009/2010 para participar no programa de CUALE, nos institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional

Gallego

Xuntase a resolución do 2 de novembro de 2009 pola que se fai pública a nova relación de centros autorizados no curso 2009-2010 para participar no programa de cursos para a formación complementaria da aprendizaxe de linguas estranxeiras, Cuale, nos institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Primeiro número de “Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe”

Xa está publicado o primeiro número de Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe, primeira publicación electrónica dirixida ás persoas que participan en proxectos relacionados co fomento do plurilingüismo.

Neste primeiro número destaca a presenza de David Marsh ou a entrevista a Carmen Pérez Vidal, así como as diversas experiencias achegadas por varios centros educativos de toda España. Nuria Prieto, do IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) presenta The Pilgrims Project, a experiencia plurilingüe no camiño de Santiago.

Gallego
Portada do primeiro número de “Prácticas en Educación Bilingüe e Plurilingüe”

Sección: 

Blogue de xeografía bilingüe do IES Francisco Asorey de Cambados

Blogue creado pola profesora Maribel Iglesias para a materia Ciencias Sociais (xeografía) de 3º da ESO. Materiais CLIL para traballar co alumnado.

Gallego
Blogue de xeografía bilingüe do IES Francisco Asorey de Cambados

Sección: 

"Pilgrims Project" no IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria (Lugo)

Publicouse en El País unha reportaxe sobre o proxecto deste centro que propón aos peregrinos a Santiago vales de comida a cambio dunha clase de inglés.

Gallego
IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo)

Sección: 

Licenzas de descarga para educafrancés e educainglés

No arquivo adxunto, atópanse as instrucións de acceso aos portais para a descarga de materiais. Se se precisa máis información o contacto coa empresa pódese facer por email info@educaingles.com ou info@educafrances.com ou por teléfono no 91 555 9390.
Acceso a educainglés.
Acceso a educafrancés.

Gallego
educafrancés e educainglés

Sección: 

CLIL Cascade Network

Xa está operativa a CLIL Cascade Network: http://www.ccn-clil.eu/ , presentada oficialmente o 24 de outubro de 2008 en Tallinn (Estonia).
A CCN está baseada na colaboración: compartir ideas, experiencias e recursos. O seu funcionamento baséase no establecemento dunha comunidade online activa. Rexistrádevos para acadar todos os beneficios de contactos, recursos e información sobre todo o que ten que ver co ensino CLIL.

 

 

 

 

 

 

 

Gallego
CLIL Cascade Network

Tema: 

Sección: