Título node Learning object

Inmersión Lingüística de Outono 2010: Información
Ven, 10/09/2010 - 13:54

Unha vez realizada a baremación dos proxectos presentados polos centros educativos coa finalidade de participar no Programa de inmersión lingüística durante o outono de 2010, cofinanciado entre o Ministerio de Educación e a Consellería de Educación e O.U. e dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria, dáse publicidade á resolución definitiva dos centros seleccionados.

No arquivo adxunto indícanse os centros de inmersión de destino, as quendas nas que participa cada centro e as datas nas que deberá realizar a estadía cada un deles.

 Ademais, infórmase aos centros seleccionados de que en breve lles será transferido á súa conta bancaria o importe de 6.000€, correspondentes á dotación económica que como axuda lles concede a Comunidade Autónoma, e que deberá ser distribuída entre o pago á empresa adxudicataria (3.500€) e o pagamento dos gastos ocasionados polo transporte do grupo (2.500€). Logo de realizada a estadía deberase facer a xustificación de gastos tal como se indica na convocatoria.

 Para poder efectuar este trámite de transferencia do importe, precisamos que os centros seleccionados nos remitan con carácter urxente o NIF e o Nº de Conta Bancaria do Centro educativo, ben por fax ao nº 981-546550 ou por correo electrónico ao enderezo   asesoria.innovacioneducativa@edu.xunta.es