Título node Learning object
Contando coa colaboración do canal internacional TV5 Monde, a APFG – Asociación de Profesores de Francés de Galicia – anuncia a celebración da XXVIª edición das Xornadas Pedagóxicas tituladas "La mélodie de la langue française: on s’y at-TÂCHE!", que terá lugar os vindeiros días venres 29 (de 15:45 à 21:00 horas) e sábado 30 de xuño de 2012 (de 10:00 a 20 :30 horas) no IES Fontiñas en Santiago de Compostela.
Sobre o eixo das conferencias e de diversos obradoiros de experiencias pedagóxicas, o programa terá o seu punto de partida na perspectiva accional e no enfoque interaccional para chegar ás tarefas e ós proxectos dedicándolle un lugar especial á música e ás cancións na aula de français.
Como novidade desta edición haberá actividades “musicais”, exposición e concursos didácticos, non só para o alumnado, senón tamén para o profesorado.