Título node Learning object
O programa "Alumnos Premio 2012" de estancia na República Federal de Alemaña pecha o prazo de inscrición o 20 de marzo
Ven, 16/03/2012 - 11:53
Este programa está dirixido a alumnado español entre 16 e 18 anos que non estea matriculado en 2º de Bacharelato, que leve como mínimo dous anos estudando alemán nun centro público ou concertado de Secundaria e Bacharelato e que non teña visitado Alemaña previamente a través de ningún outro programa oficial similar.
O período de estancia en Alemaña das 16 persoas seleccionadas será do 27 de xuño ao 27 de xullo de 2012, o alumnado residirá con familias e irán sen profesorado acompañante.
As solicitudes deben enviarse antes do 20 de marzo ao seguinte enderezo:
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa Ministerio de Educación, Cultura y DeportePaseo del Prado 28, 2ª planta
28071 MADRID