Skip to Content

POSGRAO EN RECURSOS HUMANOS

22/01/2018 17:30
22/01/2018 18:00

O alumnado do C.S. de Administración e Finanzas das modalidades de Ordinario e Dual recibirá unha charla informativa sobre o Posgrao en Recursos Humanos para alumnado de Formación Profesional, impartida polo profesor Guillermo Álvarez da Escola de Relacións Laborais de Lugo.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: Alumnado C.S. de Administración e Finanzas (ordinario e dual)

Organiza: Departamentos de Orientación e Administración.

TALLER FLORES - ENTROIDO RIBEIRAO

18/01/2018 10:25
18/01/2018 12:35

O alumnado de 2º e 3º da ESO asistirá a un taller de flores de papel, impartido por un membro da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao, coa intención de colaborar na confección do Pucho, o elemento máis vistoso e representativo deste Entroido. Para ver máis imaxes preme na foto.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: Alumnado 2º e 3º ESO.
Organiza: Departamento de Educación Plástica.

 

FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO - FITUR (MADRID)

16/01/2018 20:00
19/01/2018 08:00

Alumnado de 2º curso do C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos acudirá a FITUR, unha das Feiras de Turismo máis importantes do sector a nivel mundial. Alí visitará, entre outros, o stand do Grupo HOTUSA, no que se presentarán catro novas marcas de hoteis que a empresa comezará a comercializar e tamén coñecerá os principais atractivos turísticos da capital. Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: IFEMA - Madrid
Grupos: Alumnado C.S. de Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Organiza: Departamento de Hostalaría e Turismo.

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de xaneiro de 2018 ao 2 de febreiro de 2018.
Para mais información preme aquí.

VACACIÓNS NADAL 17-18

O período vacacional de Nadal abrangue dende o venres 22 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro do 2018, ámbolos dous incluídos.
O horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante as vacacións de Nadal. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

                                                          

 

ENTREGA DE NOTAS DA 1ª AVALIACIÓN

21/12/2017 14:00
21/12/2017 14:15

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o xoves 21 de decembro de 2017 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente ás 14:00 horas, todos os cursos (ESO, BAC, FP réxime ordinario e FP dual).

OBRADOIRO DE CAPOEIRA

21/12/2017 11:45
21/12/2017 14:00

Obradoiro de Capoeira e cultura brasileira. Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Pavillón do IES Val do Asma.

Grupos: Toda a comunidade educativa.

Organiza: Departamento de Educación Física.

DÍA DO ENSINO 2017

07/12/2017 00:00
07/12/2017 00:00

O xoves 7 de decembro de 2017 non haberá clase por celebrarse o Día do Ensino, así establecido no calendario escolar

TRÁMITES POSTA EN MARCHA DA TÚA EMPRESA

29/11/2017 16:45
29/11/2017 18:40

O alumnado do C.S. de Administración e Finanzas das modalidades de Ordinario e Dual recibirá unha charla informativa sobre os trámites ante a Administración Local para a posta en marcha dunha empresa, impartida polo funcionario do Concello de Chantada, Jesús Ledo Cores, Xefe de Negociado de Urbanismo e Medio Ambiente.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: Alumnado C.S. de Administración e Finanzas.

Organiza: Departamento de Administración.

SAÍDA CULTURAL - VIGO

23/11/2017 08:45
23/11/2017 14:15

Visita ao Museo do Mar de Galicia e ao Museo de arte contemporánea (MARCO). Para ver as imaxes desta actividade preme na foto.

Lugar: Vigo

Grupos: 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Galego

Distribuir contido


by Dr. Radut