Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Xoves Maio 02, 2024
Comezo:02/05/2024 09:30
Fin:02/05/2024 09:50

Charla online sobre as bolsas da FUAC, Fundación Universidade da Coruña.

Dirixido a: Alumnado de 1º DAW e 1º CS Administración e finanzas.
Lugar: Salón de actos.
Organiza: Departamento de FOL.

Luns Maio 06, 2024
Comezo:06/05/2024 11:45
Fin:06/05/2024 12:35

Alumnado de 3º ESO e PDC terán unha nova sesión do laboratorio de fotografía e identidade  "O espello de Claude" impartido polo psicólogo e fotógrafo Fuco Reyes, ofrecido por Afundación. Para máis información preme aquí.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Xoves Maio 09, 2024
Comezo:09/05/2024 10:25
Fin:09/05/2024 14:15

Realización de actividades interactivas sobre a Unión Europea para celebrar o 9 de Maio, Día de Europa. As actividades terán unha duración de 50 min para cada grupo participante.

Dirixido a: Todo o alumnado de ESO e dos CB.
Lugar: Aula de informática.
Organiza: Equipo Erasmus+.

Venres Maio 10, 2024
Comezo:10/05/2024 10:25
Fin:10/05/2024 12:35

Segunda saída polo Río Asma dentro do Proxecto Ríos.

Dirixido a: Alumnado de 1º CB Informática de oficina, 1º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía.
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Luns Maio 13, 2024
Comezo:13/05/2024 11:45
Fin:13/05/2024 12:35

Visita do escritor Francisco Castro. É escritor de máis de 20 obras literarias, traducidas a diversas linguas e merecentes de distintos premios e distincións. Entre outros é autor de Chamádeme Simbad, Iridium e O corazón da Branca de Neve.

Dirixido a: Alumnado 3º ESO, 3º PDC e 1º BAC.
Lugar: Salón de actos do IES.
Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Martes Maio 14, 2024
Comezo:14/05/2024 09:30
Fin:14/05/2024 14:15

O alumnado realizará unha visita ás instalacións do Grupo Cuevas.

Dirixido a: Alumnado de 1º e 2º CB Informática de oficina e 1º CS DAW.
Lugar: San Cibrao de Viñas (Ourense).
Organiza: Departamento de Informática.

Xoves Maio 16, 2024

xoves 16 de maio de 2024 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.

Venres Maio 17, 2024

O 17 de maio non haberá clase por ser festivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Preme aquí para saber máis de Luisa Villalta, escritora homenaxeada no 2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut