Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
Xoves Novembro 29, 2018
Comezo:29/11/2018 08:45
Fin:29/11/2018 20:00

O alumnado de FP do CB  de Mantemento de vehículos e do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles asistirán ao Galicia Skills 2018 que se celebrará en Silleda os días 28, 29 e 30 de novembro.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

Venres Decembro 07, 2018

O venres 7 de decembro de 2018 non haberá clase por celebrarse o Día do Ensino, así establecido no calendario escolar.

Luns Decembro 10, 2018
Comezo:10/12/2018 17:15
Fin:10/12/2018 18:25

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Constitución Española recibiremos a visita da exdeputada Maribel Sánchez Montenegro que nesta primeira actividade do Parlamentando falaranos da súa experiencia no Parlamento de Galicia. Para máis información preme aquí.

Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma

Grupos: CS Administración e finanzas nas modalidades dual e ordinario, 1º BAC E 4º ESO.

Organiza: Departamento de Administración e xestión.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.

Xoves Decembro 13, 2018
Comezo:13/12/2018 15:00
Fin:13/12/2018 18:25

Alumnado do 2º curso do C.S. de Administración e finanzas presentará as súas ideas de negocio nun acto aberto ao que queira participar. Logo das presentacións realizarase un coloquio.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Organiza: Alumnado dos departamentos de Administración e xestión e de Hostalaría e Turismo.

Preme na imaxe para ver fotografías do evento.

Venres Decembro 14, 2018
Comezo:14/12/2018 13:25
Fin:14/12/2018 14:00

O responsable de SEO/SEM do Grupo HOTUSA acudirá ao IES Val do Asma o próximo venres 14 de decembro, para explicarnos como se emprega na práctica, no día a día dunha empresa multinacional, unha ferramenta como Google Analytics en relación ao posicionamento, á segmentación de usuarios e campañas. 

As analíticas web son un dos segredos mellor gardados no marketing actual. Convidámosvos a participar nesta interesante sesión!

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Participa: CS de Desenvolvemento de Aplicacións Web e todos aqueles membros da comunidade educativa que desexen achegarse á actividade.

Organiza: Departamento de Informática

Distribuir contido


by Dr. Radut