Skip to Content

Eventos

Seleccionar filtrado por categoría
Seleccionar filtrado por tipo de evento
« Semana do 26 de Novembro de 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
26
Comezo:26/11/2018 11:15
Fin:26/11/2018 20:00

Todas as sesións de votacións celebraranse o luns 26 de novembro de 2018, nos seguintes horarios:

    Alumnado dende as 11:15 horas ata 12:45 horas

    Profesorado ás 14:20 horas

    Pais, nais e titores/as dende as 17:30 horas ata ás 20:00 horas

Comezo:26/11/2018 12:35
Fin:26/11/2018 13:25

O alumnado asistirá a unha charla impartida pola psicóloga, Mª Rosario Ingunza Rajo, da asociación ARCHA (Alcóholicos rehabilitados de Chantada) na que se abordarán os efectos do alcohol na xuventude planteando os efectos diferenciais en función do sexo. A charla organízase dende o CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Chantada.
Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 3º ESO e 4º ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

27
28
Comezo:28/11/2018 10:25
Fin:28/11/2018 12:35

O día 28 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato e de FP Básica participará nunha charla impartida por membros do Exército sobre a oferta educativa neste eido e as súas posibles saídas profesionais.

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Grupos: 2º de Bacharelato (11:45-12:35) e FP Básica de Automoción (10:25-11:15)

Organiza: Departamento de Orientación

Comezo:28/11/2018 12:00
Fin:28/11/2018 14:00

O vindeiro 28 de novembro o alumnado da familia profesional de automoción participará nunha Charla sobre Prevención de Riscos Laborais no seu sector. A actividade enmárcase dentro da Campaña de Sensibilización de Riscos Laborais para centros de FP que está a levar a cabo o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e coa empresa CRPREVENCIÓN.

Lugar: IES Val do Asma

Participa: CB e CM de Automoción

Organiza: Departamento de Automoción

 

 

29
Comezo:29/11/2018 08:45
Fin:29/11/2018 20:00

O alumnado de FP do CB  de Mantemento de vehículos e do CM de Electromecánica de vehículos automóbiles asistirán ao Galicia Skills 2018 que se celebrará en Silleda os días 28, 29 e 30 de novembro.

Preme na imaxe para ver máis fotografías.

30
1
2
Distribuir contido


by Dr. Radut