Skip to main content

Ciclo Formativo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

Título que se obtén

Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 08:10 - 15:20; Martes a Venres: 08:10 - 14:30.
  • Persoas adultas (distancia): Neste réxime o alumnado sigue as clases a través dunha plataforma de ensino a distancia con titorías presenciais unha vez á semana.

Saídas profesionais

Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes

Estas persoas exercen a súa actividade principalmente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión. 

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático. 
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas. 

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Idiomas

  • O alumnado pode solicitar o título noutros idiomas no marco Europass

En que quenda queres facer este ciclo?

Ordinaria

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 410 horas.

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

MÓDULOS DO PRIMEIRO CURSO HORAS
Sistemas operativos monoposto 160
Aplicacións ofimáticas 240
Redes locais 213
otro Montaxe e mantemento de equipamentos 240
Formación e orientación laboral 107

 

MÓDULOS DO SEGUNDO CURSO HORAS
Sistemas operativos en rede 157
Seguridade informática 140
Servizos en rede 157
Aplicacións web 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410

Persoas adultas

Estes estudios son modulares, polo que alumno se matriculará dos módulos (materias) que considere. A duración para acabar estes estudios é de dous curso académicos completos e dun trimestre máis para a realización do módulo de Formación en Centros de Traballo.

Como o alumnado pode matricularse de calquera módulos en calquera orde, o profesorado do departamento de Informática recomenda o seguinte itinerario:

MÓDULOS DO PRIMEIRO ANO HORAS
Sistemas operativos monoposto 160
Aplicacións ofimáticas 240
Redes locais 213
Montaxe e mantemento de equipamentos 240

 

MÓDULOS DO SEGUNDO ANO HORAS
Sistemas operativos en rede 157
Seguridade informática 140
Servizos en rede 157
Aplicacións web 123
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación e orientación laboral 107

 

MÓDULOS DO TERCEIRO ANO HORAS
Formación en centros de traballo 410

O departamento de informática recomenda:

  • Para cursar Sistemas operativos en rede convén ter cursado:
    • Sistemas Operativos Monoposto
    • Redes Locais
  • Para cursar Seguridade informática convén ter cursado:
    • Sistemas Operativos Monoposto
    • Redes Locais
  • Para cursar Servizos en Rede convén ter cursado:
    • Sistemas Operativos Monoposto
    • Redes Locais

Se un alumno se matricula de módulos de primeiro e de segundo o mesmo ano (tendo en conta o itinerario proposto), é moi posible que se solapen en horario.

Máis información