Skip to main content

Ciclo Formativo Básico de Informática de Oficina

Título que se obtén

Profesional Básico en Informática de Oficina

Réximes nos que se imparte

  • Ordinario:
    • Luns: 09:00 a 14:30 e de 16:00 a 17:40; Martes, Mércores, Xoves e Venres: 09:00 a 14:30;

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade por conta allea en empresas dedi cadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, así como en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.
  • Axudante/a de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas informáticos.
  • Axudante/a de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de servizos xerais.
  • Gravador/ora verificador/ora de datos.
  • Auxiliar de dixitalización.
  • Operador/ora documental.

Duración

Este ciclo ten unha duración de 2000 horas.

Consellos para facer este ciclo

Estes estudios teñen unha duración de 2 anos académicos, realizando no último trimestre do 2º ano prácticas en empresas por un total de 320 horas.

A lista de módulos (materias) é a seguinte:

Módulos do primeiro ano Horas
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Ofimática e arquivamento de documentos. 233
Montaxe e mantemento de sistemas e compoñentes informático 296

 

Módulos do segundo ano Horas
Comunicación e sociedade II 135
Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos 206
Ciencias aplicadas II 162
Operacións auxiliares para a configuración e a explotación 205
Formación en centros de traballo 320

 

Máis información