Skip to Content

Secretaría

Comunicación do centro: detectado caso de papeiras

Detectouse no centro un caso de parotidite (ou papeiras), que é unha enfermidade contaxiosa que provoca inflamación nas glándulas salivares con febre e dor. Detectouse un único caso mais avisamos ás familias para que vixiedes posibles síntomas xa que o periodo de incubación se dá entre os 12 e os 25 días. 

Síntomas:

  • Febre
  • Dor de gorxa.
  • Dor de cabeza.
  • Inflamación das glándulas parótidas (entre o oído e a mandíbula).
  • Dor facial.
  • Inflamación facial.

Non hai un tratamento específico para as papeiras, mais si un tratamento coadxuvante para aliviar os síntomas.

Para máis información, accede a esta información do SERGAS.

Comunicado do centro: folga do persoal docente do xoves 12 de decembro

Mañá, xoves 12 de decembro, está convocada unha folga do persoal docente no ensino público non universitario galego.

O centro vai garantir a atención a todo o alumnado que acuda ao instituto a través dos servizos mínimos estipulados pola Consellería de Educación, aínda que o seguimento da folga pode afectar aos horarios das distintas sesións.

A folga foi convocada por todos os sindicatos con representación na Mesa Sectorial (por orde de representación: CIG-Ensino, CCOO, ANPE, FETE-UXT, STEG, CSIF) para esixir a recuperación de dereitos e a devolución do horario lectivo recortados no ano 2009.

Para coñecer máis polo miúdo as reclamacións do profesorado galego, preme aquí.

Borrador do Plan de Convivencia Escolar do IES de Soutomaior

A Comisión de Convivencia do IES de Soutomaior elaborou un documento base do Plan de Convivencia Escolar do centro segundo o Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.

O borrador é accesible para toda a comunidade escolar para a súa revisión antes da súa aprobación definitiva. O prazo para facer achegas a este borrador estará aberto durante os meses de novembro e decembro. As achegas dirixiranse ao correo ies.soutomaior@edu.xunta.gal.

Aviso do comedor escolar

Desde a cafetería ofértase un menú económico os martes. O alumnado interesado deberá anotarse ao longo do luns na cafetería.

O servizo de comedor funcionará deste modo:

  • O alumnado baixará ao comedor cando rematen as clases da mañá (14:35).
  • Permanecerá na cafetería ou na aula polivalente na que estará o comedor ata as 16:00.

O centro estará pechado desde que saia o último autobús ata as 16:00, cando xa haberá profesorado de garda, polo que entre as 14:35 e as 16:00 só se usarán os espazos antes mencionados.

O alumnado anotado quedará baixo a custodia do persoal da cafetería, e poderase negar o uso deste servizo a quen non teña un comportamento axeitado neste periodos.

Fondo libros: listaxe definitiva de alumnado admitido

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido do programa Fondo Libros da Consellería de Educación (premede na ligazón):

Alumnado admitido

 

 

IMPORTANTE: as persoas solicitantes poden pasar a recoller o vale para adquirir material escolar.

Avisos varios para setembro: datas de exames, matrícula e libros de texto para o curso 2019-2020

Actualizamos información sobre trámites administrativos e outros aspectos do curso que remata e do Curso 2019-2020. Premede nas imaxes ou nos epígrafes dos avisos para acceder a estas convocatorias e documentos:

Convocatoria extraordinaria de exames de setembro (calendario)

2 e 3 de setembro

Entrega dos boletíns de notas e prazo de reclamacións de setembro. Devolución de libros de texto.

 

Calendario e documentos de matrícula de setembro (Curso 2019-2020)

 

Libros de texto para o Curso 2019-2020:

1º ESO:

- Caderno de traballo de Inglés: Inglés 1º ESO. Build up 1 (workbook). Ed. Burlington Books. ISBN: 978-9963-47-991-7

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

* En breve informarase sobre 1º ESO (aprobado o libro dixital).

 

O IES de Soutomaior incorporarase ao proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

No vindeiro curso o noso centro incoporarase ao Proxecto Educación dixital (E-Dixgal) tal como se recolle na resolución provisional publicada no día de onte pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Deste modo, o IES de Soutomaior introducirá de forma progresiva o libro dixital nas aulas a partir de setembro dando así un paso máis na incorporación das novas tecnoloxías ao proceso educativo.

O alumnado de 1º da ESO contará cun ordenador portátil con acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe que levará todos os días ao seu domicilio e para o que non precisará conexión a internet.

Xornada de portas abertas e información sobre seccións bilingües e viaxe de inmersión lingüística (Curso 2019-2020)

portas abertas

Este venres día 7 de xuño teremos unha xornada de portas abertas para as familias que solicitaron matrícula no instituto e queiran coñecer o centro (tríptico informativo). Esta actividade comezará ás 16:30 cunha acollida no recibidor de entrada e unha visita guiada polas instalacións. Rematará na sala polivalente, onde trataremos de responder a todas as dúbidas que se formulen.

Se queredes pasarvos a coñecernos, estaremos encantados de guiarvos na visita.

Así mesmo, achegamos varias follas informativas, que podedes descargar, con información de interese sobre:

1.- Seccións bilingües, que recolle a información dada na reunión do día 21 de maio.

2.- Autorización para participar nas seccións bilingües (se estades interesados/as en que as vosas fillas e fillos participen neste programa). Non implica anotarse xa definitivamente, mais sérvenos para coñecer o número de alumnos/as interesado/as nesta oferta.

3.- Sondeo sobre a participación nun Curso de inglés intensivo en Malta. Proposta do Departamento de Inglés para valorar o interese das familias.

Pregamos que nos devolvades cubertas as follas dos puntos 2 e 3 para poder facer unha mellor planificación do vindeiro curso. Podedes facer a entrega no instituto ou nos centros de primaria. Se algunha familia xa cubriu estas instancias non precisa repetilas.

Listaxe definitiva de admisión de alumnado para o curso 2019-2020

Resultado de imagen de importante

Para consultar a listaxe definitiva de alumnado admitido premede aquí: ADMITIDOS

Para consultar o período de matrícula en setembro premede aquí: PRAZO MATRÍCULA

Para descarga de impresos necesarios para a matrícula premer na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessoutomaior/taxonomy/term/56

Distribuir contido


by Dr. Radut