Skip to Content

Educación física

PROPOSTA DE TAREFAS PARA A 3ª AVALIACIÓN

O departamento de E.F. plantexa dúas opcións de traballo ata finais de maio de 2020.

Podedes escoller a que máis se adapte aos vosos intereses e logo realizar os pasos que se detallan en cada unha delas:

  • Opción A - Realizar unha composición artística elaborando un vídeo no que participedes activamente. Podedes consultar esta documentación sobre expresión corporal.
  • Opción B - Realizar unhas rutinas de entrenamento e crear logo unhas propostas propias. Podedes consultar esta documentación sobre circuitos en casa.

Hai indicacións claras en cada unha das opcións (preme no nome de cada opción e na documentación correspondente) e contades cos correos do profesorado da asignatura para resolver dúbidas:

  • Vanesa: efvanesapf@gmail.com (3ºESO a 2ªBach).
  • Modesto: modestocamposcastrosax@gmail.com (2ºESO)·
  • Carlos Alberto: albertoprofe2@gmail.com  (1º ESO).

Recordade:

  • Data máxima de entrega 25 de maio.

Excursión de 3º ESO a Manzaneda

neve

Entre os días 6 e 8 de febreiro, o alumnado de 3º de ESO participou na excursión a Manzaneda, organizada polo Departamento de Educación Física co obxectivo de achegarse aos deportes de inverno e realizar unha convivencia que redundase na cohesión do grupo.

Así, un total de 39 rapaces e rapazas gozaron da neve, moitos deles por vez primeira, polo que non puideron resistir a tentación de iniciar a súa estadía na estación con batallas improvisadas de bolas de neve e xogando cos trineos de pala. Xa cos monitores especialistas, puideron escoller entre o esquí e o snowboard, conseguindo con éxito o certificado de nivel D ao finalizar o curso. Podedes ver todas as imaxes na nosa galería.

COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2018-2019

O departamento está formado polos seguintes membros:

-María Vanesa Peón Fernández (Xefatura de departamento)

-Modesto Campos Castro

-Miguel Ángel Veiga Campo

MODIFICACIÓNS NA PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA (Covid 19)

Con fecha 18 de mayo, y tras la revisión y modificación por parte de la Inspección Educativa, se publica, siguiendo las Instrucciones de 27 de abril de 2020, de la Dirección general de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para el desarrollo del tercer trimestre del curso académico 2019/2020, en los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia, la adaptación de la Programación del Departamento de Educación Física.

Ver anexos.

 

Conxelamos a violencia contra as mulleres... por todas elas e por todos nós!

O alumnado do IES de Soutomaior tomou onte os corredores e os patios do noso centro para expresar con palabras, carteis e os seus propios corpos o seu rexeitamento claro e rotundo á violencia contra as mulleres poñendo así fin ás actividades conmmorativas do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

Durante o recreo as rapazas e os rapaces de 1º de Bacharelato realizaron a performance "Conxela a violencia", na que en intervalos de dous minutos conxelaron escenas de violencia que queren que desaparezan. A acción, coordinada polas profesoras de Educación Plástica e Educación Física, foi o preludio que anunciaba unha actividade que dende hai días se viña organizando en segredo nas aulas dos grupos de 2º e 4º da ESO, que prepararon unha manifestación sorpresa que conduciu a todo o alumnado do centro ao patio, onde, entre lemas e consignas que esixiron a fin da violencia machista, se deu lectura ao manifesto, que leron as alumnas Paula Puch e Lucía Costas. 

MANIFESTO

 Con motivo da celebración do día para a eliminación da violencia contra a muller, o alumnado, profesorado e persoal do IES de Soutomaior queremos berrar…

Basta xa!

Por todas as mulleres que destacaron nos ámbitos da ciencia, do deporte, das artes e da literatura e que foron esquecidas pola historia…

Basta xa!

Por todas as mulleres que se ven obrigadas a casar sen poder escoller con quen.

Basta xa!

Por todas as rapazas do mundo que non teñen dereito á educación.

Basta xa!

Por todas as mulleres que sofren desigualdade no traballo.

Basta xa!

Por todas as mulleres que teñen medo de andar soas pola rúa.

Basta xa!

Polas mulleres maltratadas, violadas ou asesinadas.

Basta xa!

Polas mulleres que non teñen dereito a ser mulleres.

Basta xa!

Por todas elas, e por todas nós.

Basta xa!

TEORÍA EDUCACIÓN FÍSICA 1ª AVALIACIÓN ( A CONDICIÓN FÍSICA)

Resultado de imagen de TEORIA EDUCACIÓN FISICA LA CONDICION FISICA Para ver e descargar a teoría pincha na imaxe.
Distribuir contido


by Dr. Radut