Skip to Content

Lingua Galega

Glosario de fraseoloxía. Proxecto colaborativo 1º e 2º ESO. Curso 2023-2024

Presentamos o traballo de recollida de refráns levado a cabo polo alumnado de 1º e 2º da ESO durante o curso 23-24. O obxectivo era que descubrisen e valorasen o patrimonio cultural galego. Grazas a todos e a todas polo labor realizado e a Adriana, profesora de Lingua Galega, pola corrección e edición do documento. 

Programacións didácticas 2023/2024

Para consultar as Programacións Didácticas do curso 2023/2024, premer en Anexos. 

 
 

Taller de escritura creativa 2ºESO

O alumnado de 2ºESO realizou unha actividade de escritura creativa na metade do 1º trimestre para a materia de Lingua galega e literatura. A proposta consistía en crear instrucións literarias para as rutinas da vida que escollesen: atar os zapatos, lavar a cara... O modelo do que partían era: «Instrucións para subir unha escaleira» de Julio Cortázar.

Despois, a titoría de 2ºESO A engadiu ilustracións relacionadas cos textos e, co título de Instrucións para espertar a imaxinación, presentou o traballo para todo o centro nun mural que se encontra no vestíbulo do IES de Soutomaior. Ademais, propuxeron un pequeno concurso para o alumnado de 1ºESO: Instrucións para perderlle o medo a... O texto gañador foi dun grupo de 1ºA: Instrucións para perderlle o medo... ás arañas.

Galería de fotos

Adaptación da Programación Didáctica (abril 2022)

Segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.

 Premer na imaxe

Departamento de Lingua Galega: composición, programación didáctica e libros de texto (Curso 2022-2023)

O Departamento de Lingua Galega está formado no presente curso por:

Fernando Blanco Rivera (Xefe de Dpto.): imparte LGL en 2ºBACH, 1º BACH e 4º ESO. Obradoiro de habilidades comunicativas en 1º BACH.

Alba Loureiro Vázquez: imparte LGL en 2º BACH. 1º BACH e 3º ESO.

Adriana R. Vázquez Gómez: imparte LGL en 1º ESO e 2º ESO.

Marría Dolores Ferro: imparte LGL en 1º ESO

Premendo na imaxe anterior ou na seguinte ligazón accédese á Programación Didáctica do Departamento de Lingua Galega para o presente curso, que así mesmo está depositada no centro escolar para a súa consulta.

Para acceder ao resumo dos criterios de avaliación e promoción das seguintes materias preme en:

ESO 1º BACH
2º BACH Obradoiro

Os libros de texto empregados neste curso son:

  • 1º, 2º, 3º e 4ºESO: contidos dixitais do Proxecto EDIXGAL.
  • Lingua galega e literatura 1º Bacharelato. Lingua e literatura, Xerais.
  • 2º de Bacharelato: non hai libro.

 

Seique: saímos ao encontro da memoria

Máis imaxes do acto aquí.

No día de onte, martes 6 de abril, saímos ao encontro da literatura con Susana Sánchez Arins, autora de seique, un libro que serviu de fío condutor dun coloquio moi ben guiado por Leticia, Aia e Anxo para os seus compañeiros e compañeiras de 2º de Bacharelato. E dicimos "saímos" porque literalmente saímos ao patio para gozar da tarde soleada e cumprir os protocolos de seguridade e hixiene aos que obriga a actual crise sanitaria.

Unha antiga fotografía familiar, a omnipresenza dunha sombra, a memoria das vítimas da represión, a súa dignidade e a loita contra o esquecemento da barbarie franquista, a violencia... seique... Unha historia que se constrúe a retallos, de forma maxistral, a medio camiño entre a narrativa breve, a poesía, a literatura de tradición oral, os arquivos históricos... seique... "se foi assim de mau com os irmãos e irmãs como seria com os de fora"... seique. 

As preguntas do alumnado foron desentrañando eses disquedisques e aínda abordaron outros temas como as motivacións literarias da autora, a súa práctica lingüística reintegracionista, o sistema cultural galego, outras propostas lectoras, os sistema educativo...  

Estámoslle moi agradecidos á autora pola súa dispoñibilidade para se achegar ao noso centro e manter este encontro co alumnado e, sobre todo, pola súa cercanía, que fixo que a conversa fluíse e espertase o interese de todos e de todas.  

Esta actividade enmárcase no Programa de Encontros Literarios que convoca a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de  Cultura e Deporte. 

Encontro con Susana Sánchez Arins, autora de "seique"

O próximo 6 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato terá un encontro con Susana Sánchez Arins, autora de seique, Premio V Gala do Libro 2020 na modalidade de Narrativa e Premio Libro del Año da Asociación de Librerías de Madrid de 2019 na categoría de Ficción.

Como se sinala na presentación editorial da obra, "seique não é um poemário, seique não é um romance, seique não é um ensaio, seique não é uma pesquisa histórica. porém, seique recolhe alguma cousa de cada um desses géneros. seique nasce duma estória de vida insignificante, anónima, para abordar uma reflexão sobre a [des]memória e as maneiras de construir a História".

Esta actividade desenvólvese no marco do Programa Encontros Literarios que convoca a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

Reseña en Lecturafilia.

Letras Galegas 2020

O alumnado de 2º ESO elaborou estes poemas ilustrados para festexar o Día das Letras Galegas 2020. Moitos parabéns por este fermoso traballo e moitas grazas por agasallarnos con estes fermosos textos!

Distribuir contido


by Dr. Radut