Skip to Content

Linguas clásicas

Actividades para a semana do 15 ao 19 de xuño

Déixovos as indicacións sobre as actividades propostas para esta semana.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

En Cultura Clásica de 3º de ESO e en Latín 4º ESO: continuamos coa actividade iniciada a semana pasada. A data límite de entrega, como sabedes, é o 17 de xuño. O alumnado que teña tarefas atrasadas e de recuperación pendentes de entrega tamén ten de prazo ata ese día para facelo.

O alumnado de Latín e Grego de 1º de Bacharelato xa non terá que realizar ningunha nova tarefa. Poderá, de xeito voluntario, enviar as actividades propostas a semana pasada para cada unha das materias.

Esta é xa a última semana de curso polo que quero aproveitar para desexarvos unhas boas vacacións. Feliz verán a todas e a todos!! 

 

Actividades da semana do 8 de xuño

Déixovos as indicacións sobre as actividades propostas para esta semana.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

En Cultura Clásica de 3º de ESO teredes que facer unha ficha sobre mitoloxía que  podedes consultar premendo aquí. A data límite de entrega é o 17 de xuño.

As actividades propostas para as materias de Latín 4º ESO, Latín e Grego de 1º de Bacharelato e Latín de 2º de Bacharelato podedes consultalas no PDF informativo que publica o centro todas as semanas e no que veñen as actividades agrupadas por cursos e materias. A data límite de entrega será o 17 de xuño

Recibiredes as fichas de traballo de cada materia, coma sempre durante este periodo de suspensión de clases, a través do correo electrónico.

Actividades para a a semana do 1 de xuño

Déixovos as indicacións sobre as actividades propostas para esta semana.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

En Cultura Clásica de 3º de ESO e en Latín 4º ESO: continuamos coa actividade iniciada a semana pasada. A data límite de entrega, como sabedes, é o 5 de xuño.

As actividades propostas para as materias de Latín e Grego de 1º de Bacharelato e Latín de 2º de Bacharelato podedes consultalas no PDF informativo que publica o centro todas as semanas e no que veñen as actividades agrupadas por cursos e materias. A data límite de entrega é o 5 de xuño

Recibiredes as fichas de traballo de cada materia, coma sempre durante este periodo de suspensión de clases, a través do correo electrónico.

Actividades da semana do 25 de maio

A continuación expoño as actividades propostas para esta semana para cada materia e curso.

No enlace de cada curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Cultura Clásica 3º ESO

Latín 4º ESO

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Actividades da semana do 18 de maio

A continuación expoño as actividades propostas para esta semana para cada materia e curso.

No enlace de cada curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Cultura Clásica 3º ESO

Latín 4º ESO: continuamos coa actividade iniciada a semana pasada. A data límite de entrega, como sabedes, é o xoves 21 de maio.

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Revisión da Programación Didáctica do Departamento de Linguas Clásicas (curso 2019/20)

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, publícase para a súa consulta a Revisión da Programación Didáctica do Departamento de Linguas Clásicas. Pinchando en cada un dos enlaces, podedes acceder directamente a cada unha das materias impartidas polo Departamento para consultar as modificacións e os criterios de cualificación finais.

Cultura Clásica 3º ESO      Latín 4º ESO    Latín 1º Bacharelato  

Grego 1º Bacharelato        Latín 2º Bacharelato

Actividades da semana do 11 de maio

Se premedes no enlace de cada materia e curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades desta semana.

IMPORTANTE: 

recordade que o alumnado de 3º ESO que tiñades a 1ª avaliación suspensa tedes o traballo de recuperación no enlace da vosa materia da semana do 4 de maio. Aos que tedes a 2ª avaliación suspensa estou mandándovos por correo a tarefa de recuperación que tedes que realizar.

O alumnado de 4º ESO coa 1ª e 2ª avaliacións suspensas vai recibir esta semana un boletín de actividades para poder recuperalas.

Déixovos de novo o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Cultura Clásica 3º ESO

Latín 4º ESO

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Actividades para a semana do 4 de maio

A continuación expoño as actividades propostas para esta semana para cada materia e curso.

No enlace de cada curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades.

Déixovos de novo o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Cultura Clásica 3º ESO

 Latín 4º ESO

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Actividades para a semana do 27 de abril

Ola a todas e a todos!

Se premedes no enlace de cada materia e curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades desta semana.

Déixovos de novo o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Recórdovos que nos correos é adecuado indicar o asunto. O corpo do correo débese iniciar cun saúdo, engadir unha pequena frase sobre vós, a actividade, algo que se  vos ocurra e rematalo cunha despedida.

Cultura Clásica 3º ESO

Latín 4º ESO

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Actividades para a semana do 20 ao 24 de abril

A continuación expoño as actividades propostas para esta semana que debedes realizar en cada materia e curso.

No enlace de cada curso atoparedes indicacións e a data tope para a entrega das actividades.

Déixovos de novo o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

Cultura Clásica

Latín 4º ESO

Latín e Grego 1º Bacharelato

Latín 2º Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut