Skip to Content

Seres mitolóxicos inventados

Máis imaxes neste álbum fotográfico

O alumnado de grego de 1º Bach., tras recoller ideas que foron saíndo en diversas clases desta materia e algunhas instrucións de metodoloxía e contidos, nun alarde de creatividade, crearon unhas figuras que conectan cos seres mitolóxicos do mundo grego.

A mitoloxía é un dos aspectos máis atractivos e interesantes da cultura clásica, cunha grande repercusión na posteridade, en diversos eidos como literatura, arte, música, cinema… mesmo no léxico máis cotiá.

Preme nestas ligazóns (unha e dúas) para coñecer mellor as creacións do alumnado

Equidna, Tifón, Argos, Lamia, Hidra, Esfinxe, Cerbero, Cíclope, Medusa, Minotauro, harpías… uns seres fascinantes, cunhas actuacións asombrosas, son algúns dos exemplos ben coñecidos.

O alumnado de Grego, mostrando grande orixinalidade e invención, seguiron os trazos básicos dos monstros clásicos: crearon unhas entidades cheas de vida, combinando bestas diferentes, conseguindo fantasías cheas de sedución e abraio que nos magnetizan cos seus poderes…

Hidroleón, Ántropociclo ou o Home-roda, Krolon, Ninferos, Fobófago ou o Comemedos, Mousis, Silvaqua, Ántropodendro ou o Home-árbore… uns nomes con cadansúa representación, descrición e feitos… Atrápannos!

Podedes coñecer máis polo miúdo o traballo e os deseños do alumnado premendo nos documentos anexos.

AnexoTamaño
SERES MITOLÓXICOS 1 INVENTADOS.pdf643.75 KB
SERES MITOLÖXICOS INVENTADOS 1º BACH GREGO....máis.pdf861.36 KB


blog | by Dr. Radut