Skip to Content

Taboleiro

Proxecto Resiliencia

Hai visitas que se agardan sempre con moita ilusión. Un exemplo tivémolo o xoves pasado, día no que contamos no centro coa colaboración dunha exalumna, Abril Alves.

Na actualidade Abril atópase estudando o 2º curso do Grao de Pedagoxía na Universidade de Salamanca. Pese a distancia que nos separa desa cidade, achegounos unha proposta baixo o nome de "Proyecto Resiliencia" que veu a presentar a semana pasada.

Durante unha sesión Abril comentoulle ao alumnado de 2º de Bacharelato como afrontou ela ese curso tan complicado. Aportoulles consellos e recomendacións sobre diversos temas como as técnicas de estudo, a elaboración de apuntamentos ou a importancia do descanso.
Ademais, o alumnado tivo un espazo para consultar as súas dúbidas e ter unha visión máis próxima da vida tras a etapa secundaria.

 

Agradecer a Abril a súa visita. Agardamos tela de novo con nós moi pronto.

ACTIVIDADE NESTE TRIMESTRE DO CLUB DE LECTURA DE 1º BACHARELATO

O Club de LECTURA de 1º bacharelato realizou unha intensa actividade neste primeiro trimestre do curso 2023-24. Deron conta de dous textos moi interesantes, segundo a súa opinión: A vida na Grecia clásica e a separata publicada polo "Diario Nós" sobre o castelo de Soutomaior, que o Concello donou á Biblioteca.

A primeira, sobre Grecia, é obra de Alfonso Blanco, e resulta ser unha atractiva síntese ilustrada sobre os aspectos máis destacados da historia e cultura grega: as cidades, a sociedade, o traballo e o lecer, a comida e a bebida, o vestiario, a relixión... e, de forma  especial, as pegadas que o mundo helénico nos deixou a moitos niveis. Lembremos que en Grecia naceu o alfabeto, a filosofía, o urbanismo, a política, a literatura, o teatro, a medicina, as olimpiadas etc. Estes aspectos e a súa importancia foron obxecto de atención e comentario: ata que punto o mundo contemporáneo é debedor daquel e como moitas cousas cotiás teñen a súa orixe alí.



A segunda, o monográfico sobre o castelo de Soutomaior, escrito polo historiador Suso Vila, conecta coa contorna do alumnado e é un bo xeito de descubrir a significación que o castelo tivo non so na historia local, senón tamén na historia de Galicia, como bo exemplo do que foi o reino galego medieval. Esta lectura fai un percorrido ao longo do tempo polo monumento, recollendo personaxes tan significativos como Pedro Madruga ou María Vinyals, entre outros, ademais de tratar temas de antropoloxía e cultura. Esta obra conta con fotografías, imaxes históricas e reproduccións documentais que fan dela algo moi ameno.

Acto de gradación 2º de Bacharelato. Promoción 21-23

Tras dous anos de tensión, esforzo e superación por fin o alumnado puido celebrar o fin dunha etapa trascendental para a súa formación.

O acto tivo lugar nos xardíns do Castelo de Soutomaior, un lugar ideal onde alumnado e familiares puideron presenciar a un momento moi emotivo e trancendental dos seus seres queridos.

Dende o centro queremos agradecer a axuda e protagonismo do alumnado e familias á hora de organizar o evento. As súas recomendacións foron esenciais para que todo transcurrira satisfactoriamente gardando na nosa retina un recordo marabilloso. Agora toca disfrutar das vacacións e mentalizarse e organizarse de cara o vindeiro curso no que haberá moitos cambios.

Dende o IES de Soutoior desexámosvos o mellor.

 

As fotos do evento as podedes consultar na galería.

 

II Feira da Ciencia de Soutomaior

Un ano máis, a OMIX do Concello de Soutomaior e o IES de Soutomaior veñen colaborando para que un dos acontecementos máis importantes do curso teña lugar. A Feira da Ciencia.

O xoves 4 de maio, o alumnado que estivo a traballar dende as diferentes materias en proxectos relacionados coa investigación e o método científico, puideron saír á Alameda de Talo Río onde o Concello dispuxo unha gran carpa e stans onde o alumnado puidose situar. O obxectivo deste acontecemento e dar á rapazada a oportunidade de contar e explicar outros estudantes, pais e calqueira que se achegara as características do seu proxecto.

                                                       Máis fotos da feira na galería.

Na feira participaron ao igual que na primeira edición, o IES de Soutomaior e o Colexo Santiago Apóstol, mais este ano tivemos novas incorporacións sumándose proxectos moi interesantes de institutos de Redondela.

O noso alumnado presentou os seguintes proxectos:

  • Compost IA.                                                                                              
  • ¡¡Descubrindo a tecnoloxía!!
  • O solo como ecosistema. Importancia da vexetación e efectos da contaminación.
  • A estrada dos semáforos tolos.
  • Mito ou realidade: a cocacola e o vinagre estropean os nosos dentes?
  • Espirómetro ALNAUXCAN.

O 21 de xuño, dentro das actividades de fin de curso, o alumnado puido recibir por fin os premios concedidos polo xurado. Noraboa a todos os participantes e, por suposto, unha mención especial tamén ao profesorado que axudou e dirixiu os proxectos.

Fotos da entrega de premios na galería.

Benvidos e benvidas ao IES de Soutomaior!!

Hoxe, dentro das actividades de transición de etapa, recibimos a visita do alumnado de 6º do CEIP de Ponte Sampaio, futuros alumnos e alumnas de 1º da ESO.

Como unha primeira toma de contacto de cara o curso que ven, fixeron un percorrido polas instalacións do noso centro guiados por alumnos e alumnas de 2 e 3º da ESO os cales lles contaron as características de cada zona. Tamén tiveron oportunidade de coñecer a parte do profesorado e persoal non docente, que lles deron a benvida e lles explicaron o funcionamento das aulas específicas.

Esta actividade terá unha segunda parte cunha charla informativa sobre as características da ESO, os cambios na nova etapa, as normas de convivencia e funcionamento e os programas e actividades nas que participa o noso centro.

Esperámovos en septembro!!!

Torneo de Xadrez no IES de Soutomaior

O Departamento de Lingua Castelá do IES de Soutomaior da man do profesor Eduardo Cid, organiza para a semana do 24 a 28 de abril un torneo de xadrez.

Animamos aos amantes deste deporte a inscribirse e participar. As partidas terán lugar nos recreos e a organización dependerá do número de inscritos.

 

Verbas para Comunicar

A OMIX do Concello de Soutomaior convoca o XV Concurso "Verbas para Comunicar" no que, por suposto, animamos ao alumnado do IES de Soutomaior a participar.

As bases serán entregadas ao alumnado pero tamén están en liña na seguinte ligazón e no código QR do póster:

Bases e descripción do concurso

 

 

Novidades no IES de Soutomaior

No IES de Soutomaior estanse urdindo cousas novas...
Necesitamos da colaboración de todo o alumnado para poder levar a cabo un novo proxecto que, de seguro, será útil para toda a comunidade educativa. Por este motivo, poñemos en marcha dous concursos:

- "Buscamos un nome para a radio do instituto"                                             Enlace cartel 1
- "Concurso da sintonía para a nosa radio"                                                     Enlace cartel 2

Bótalle un ollo ao cartel e ás bases de cada concurso e anímate a participar. Podes facelo ata o venres 14 de abril.

Permanece atento/a porque pronto haberá máis novidades!

 

Recital de poesía. Pompa e Boato

O IES de Soutomaior tivo a gran sorte de poder contar co poeta Samuel Merino (Pompa e Boato) que nos visitou o mércores 15 de marzo e amosou ao alumnado de 3º e 4º da ESO unha visión da poesía máis contemporánea e artística do que estamos afeitos.

Samuel ofreceu un espectáculo acompañado de música no que nos destripou os seus sentementos e a súa visión da vida con versos recitados con moita emoción e paixón.

Só nos queda desexar que volten outro curso para volver a enriquecernos co seu arte.

Web Pompa e Boato

 

 

Excursión a Manzaneda

O alumnado do IES de Soutomaior xa voltou de Manzaneda e poido disfrutar da neve así como tamén puido practicar os deportes de inverno previstos.

Dende o centro queremos agradecer o comportamento dos rapaces que fixeron posible que a excursión se desenvolvera correctamente e que tanto o profesorado e o alumnado puidera disfrutar deses días xuntos.

Xa só nos queda ollar as fotos lembrando eses bos momentos que pasamos xuntos.

Galería de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut