Skip to Content

Taboleiro

Dende o IES de Soutomaior desexámosvos unhas felices festas!

Nas últimas semanas un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO propuxo darlle un ambiente máis festivo ao centro, pois xa andan cansos de tantas noticias grises e tristes. E así foi como foron foron "contaxiando" de alegría e cor ao resto de grupos e mesmo propiciando o intercambio de agasallos entre compañeiros e compañeiras.

De parte da comunidade educativa do IES de Soutomaior, especialmente do seu alumnado, felices festas e que o ano 2022 veña cargado de boas novas e ledicia para todos e todas vós!

Lucía Castrillo Sánchez, premiada no XX Certame Tíralle da Lingua de Narración Oral

O noso centro estivo moi ben representado na última edición do Certame Tíralle da Lingua de Narración Oral coas historias de Sabela Magariños (A filla do mar), Juan Canosa Álvarez (A cova do rei Cintolo), Ángela Laíns (Bambi, o aventureiro, bo amigo e compañeiro) e Marta Molina (O patiño repudiado), que demostraron o seu bo facer á hora de crear e recrear historias e saber contalas. Parabéns a todos/as pola súa implicación,a  calidade dos seus traballos e por partillar as súas contadas.

Pero, ademais, o xurado desta edición, composto por Beatriz Maceda Abeleira, ensinante e escritora; Emma Pedreira Lombardía, filóloga e escritora; e Xiana Parga de la Peña, licenciada en historia, bibliotecaria e contadora, decidiu outorgar o segundo premio na Categoría de 4º ESO e ensino postobrigatorio a Lucía Castrillo Sánchez pola historia Noite de rolda. Noraboa!!! (a noticia no Faro de Vigo)

O Tíralle da Lingua é un certame que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dende hai xa 20 anos co obxectivo de fomentar e dinamizar o uso do galego como lingua de comunicación normalizada, como instrumento para crear e contar historias orais e como canle de expresión creativa da nosa mocidade.

Non resta máis que felicitar os nosos contadoras e contadoras e convidarvos a escoitar as súas contadas.

Mellores Expedientes do Curso 2020-2021

O IES de Soutomaior quere recoñecer a través desta mención simbólica os mellores expedientes académicos daqueles alumnos e alumnas que acadaron unha media de todas as súas materias a finais de curso igual ou superior a 9.

1º ESO
Fabiola Alonso Gómez
Sara Baqueiro Abal
Lucía Castro Blanco
Ashley Leonor Castro Patiño
Mateo Fernández Carro
José Fernández reguera
Haizea Ferradanes López
Alexia Gómez Fragueiro
Sara Ledo García
Sabela Lourenzo Martínez
Rosalía Narciso Cancela
Lía Parra Saá
Peterson Santos Ferreira Alves
Pablo Veiga Álvarez
2 º ESO
Breixo Barreiro Acuña
Yiwei Jin
Anxo Muíños Seoane
Noé Parada Fariña
Zaira Pazos González
Eloy Rivas Danta
Nerea Rodríguez Lorenzo
Rocío Santoro Orge
Dafne Teixeira Criado
3º ESO
Marta Bernárdez Suárez
Lucía Castrillo Sánchez
Samuel López Lorenzo
Sabela Magariños Pereira
Manuel Molina Mos

4º ESO
Lucía Costas Boullosa
Izaskun Tellería Seoane
Daniela Vérez Cameselle

1º BACHARELATO
Alonso Montoto, Marta
Paula Estévez Couñago
Adriana Pazos Lorenzo

4º ESO

O alumnado que pode presentarse aos Premios Extraordinarios da ESO por ter acadado unha nota media no conxunto dos 4 cursos igual ou superior a 9 son:

  • Lucía Costas Boullosa
  • Anxo Ferreira Porrit
  • Paula Puch Vallejo
  • Izaskun Tellería Seoane
  • Rebeca Torres Rodríguez
  • Daniela Vérez Cameselle

2º BACHARELATO

O alumnado de 2º Bacharelato que foi convocado ao Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de Centros de Ensino Medio de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela) por ter acadado unha nota de acceso á universidade igual ou superior a 9 na parte xeral das ABAU foi:

  • Anxo Barcia Ferreira
  • Paula Canosa Álvarez
  • Laura Fresneda Muíña
  • Fernando López Gómez

Ademais destes catro alumnos, presentáronse ás probas dos Premios Extraordinarios de Bacharelato ao obter unha nota media igual ou superior a 8,75 nesta etapa:

  • Rosa Alonso Gómez
  • Xoel Boullosa Martínez
  • Marco Campos García
  • Martín Otero Suárez
  • María del Mar Ruíz Ramírez
  • Mara Vidal Couñago

Tempo de mudanzas e agradecementos

Coa fin de curso chegan as despedidas, tamén do profesorado. Algúns compañeiros e compañeiras estarán noutros centros no curso que vén e outros/as incorporaranse ao noso instituto.

Entre as persoas que marchan, ocupa un lugar fundamental a nosa Xefa de Estudos, Sandra, profesora de Bioloxía, á que lle tocou xestionar o cambio de centro, a posta en marcha do IES e a pandemia. Case nada! Pero máis alá de ser unha excelente profesional e compañeira, como quedou demostrado ao longo destes 6 anos en Soutomaior, despídese do centro unha marabillosa persoa á que imos botar en falta.

Agradecémoslle a Sandra o enorme traballo desenvolvido e desexámoslle moita sorte nesta nova etapa, agradecementos e desexos que estendemos a todos os compañeiros e compañeiras que nos deixarán en setembro.

Ao finalizar o último Claustro do curso o pasado mércores 30 de xuño, Sandra deulle o relevo na Xefatura de Estudos a Sandra Santos, profesora de Matemáticas, compoñente do Equipo de Orientación e titora de 4º ESO, toda unha garantía para desenvolver estas funcións.

Catro estudantes de Bacharelato do IES, entre os Mellores Expedientes de Centros de Ensino Medio de Galicia

Os alumnos Anxo Barcia Ferreira, Paula Canosa Álvarez, Laura Fresneda Muíña e Fernando López Gómez foron convocados para participar no Acto de Recoñecemento aos Mellores Expedientes de Centros de Ensino Medio de Galicia, reservado para o alumnado que alcanza unha nota de acceso á universidade de 9 na parte xeral das ABAU.O actocelebrouse o xoves 24 de xuño no Salón Nobre da USC e foi presidido polo Reitor da universidade compostelá (ver vídeo a partir de 1h 29min).


 A maiores, Anxo Barcia Ferreira alcanzou un 9,82 na suma da parte xeral e o Bacharelato, cualificación que o sitúa entre os 44 mellores expedientes galegos.

Ademais, estes catro alumnos, xunto con Rosa Alonso, Xoel Boullosa, Marco Campos, Martín Otero, Mar Ruíz e Mara Vidal, presentáronse ás probas dos Premios Extraordinarios de Bacharelato ao obter unha nota media igual ou superior a 8,75 nesta etapa. Noraboa!

Acto de graduación da Promoción 2019-2021 de Bacharelato

Ver álbum de imaxes da cerimonia

Botamos o telón a unha etapa da nosa vida e comezamos outra nova, na que cada un de nós tomará rumbos diferentes. Espéranos un futuro cheo de erros pero tamén de acertos que nos farán madurar aínda máis e formarnos como futuros profesionais, lembrando sempre o aprendido, tanto dentro como fóra das aulas, polos profesores que nos acompañaron todos estes anos.
Hai uns meses desexábamos con forza que este curso rematase canto antes, sabendo o moito que botaríamos en falta as experiencias vividas. Hoxe estamos aquí, despedindo esta etapa con alegría á vez que con nostalxia por deixar atrás o instituto, o profesorado, compañeiros e compañeiras e, en moitos casos, a vila onde crecemos.
Unha gran parte da nosa vida quedará para sempre gardada nas nosas lembranzas, ao igual que as persoas que formaron parte dela.

Con estas palabras, a Promoción de Bacharelato 2019-2021 do IES de Soutomaior despediu o acto de graduación que tivo lugar este mércores, véspera do San Xoán, antes de prender o lume novo.

Despois dun curso tan esixente e difícil, aínda tiveron tempo para autoorganizar un acto, sinxelo, fermoso e emotivo, no que,  arroupados polas familias, o profesorado e o Concello na persoa do alcalde, puxeron un punto e seguido nas súas vidas.

Noraboa e moita sorte! O mundo é voso!

Vive a túa pluma, vivamos a nosa pluma

Ter pluma (frase coloquial): afeminamento na fala ou nos xestos dun varón. 
Fonte: Dicionario da RAE.

Preguntámonos algunha vez pola orixe e o significado da expresión "ter pluma" que se lle aplicou historicamente aos homosexuais? Pois é unha expresión homófoba, ao igual que "machorro" e outros moitos termos despectivos, froito dos prexuízos que estigmatizan as persoas pola súa orientación sexual e identidade de xénero e revelan unha historia de desigualdade e discriminación social. 

Fronte a estas mostras de odio, o Comando Igualdade do instituto aprópiase da pluma para convertela nunha arma para rachar cos esteriotipos sociais e reinvindicar o dereito a vivir e expresar libremente como nos sentimos. Esta é a mensaxe que quixeron partillar con motivo do 17 de maio, Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia.

Anxo Ferreira Porritt, un talento precoz para as matemáticas

O alumno de 4º ESO Anxo Ferreira Porritt vén de rematar a etapa formativa do Proxecto Estalmat (Estímulo do Talento Matemático), unha iniciativa que procura estimular o talento matemático, detectándoo nunha idade temperá e poñendo en contacto os mozos e as mozas con aspectos das matemáticas habitualmente descoñecidos para eles.

Anxo foi un dos 25 estudantes seleccionados cando cursaba 1º ESO tras superar unhas probas realizadas na Facultade de Matemáticas da USC ás que se presentaron uns 350 alumnos e alumnas de todo Galicia. Daquel día, lembra a impresión de se ver por primeira vez nun espazo universitario entre tantos rapaces e rapazas para facer unha proba..., que tivo unha duración de nada máis e nada menos ca 4 horas e que se caracterizou, como el mesmo destaca, por conter unhas preguntas de "pensar moito".

Inauguración do curso en 2018. Anxo, 1º na 3ª fila pola dereita, de pé

Tampouco esquece a sorpresa e a ilusión que sentiu cando recibiu a chamada na que lle comunicaron que fora seleccionado. A partir de aí, viñeron as xornadas de formación ás que acudiu durantes estes anos, formación nas que se desenvolveron de forma lúdica actividades que axudan a pensar en clave matemática. Así, mentres cursou 2º e 3º da ESO, pero tamén neste ano para recuperar as sesións perdidas pola pandemia, acudiu á Facultade de Matemáticas unha vez ao mes, nas mañás dos sábados, durante 4 meses para recibir unha formación que ten como obxectivo espertar vocacións. Pero, máis alá disto, tamén destaca a convivencia e as amizades xurdidas cos seus compañeiros e compañeiras de Estalmat, chegados de diferentes puntos de Galicia.

Alumnado de Estalmat. promoción 2018-2021. Anxo, 1º pola esquerda, de pé

Agora que recibiu o diploma desta formación tan prestixiosa que acredita que profundizou e desenvolveu contidos matemáticos, moi orientados ao razoamento lóxico e que habitualmente non se traballan dentro das aulas, mais que son parte fundamental da esencia desta disciplina, agradécelle á que foi a súa profesora en 1º ESO, Susana Ogando, que vise as súas aptitudes matemáticas e o animase a presentarse a aquelas probas.

Unha vez rematada esta experiencia, Anxo comezará Bacharelato no curso que vén coa vista posta nuns futuros estudos de Enxeñaría Aeroespacial, así que o seu futuro pasará igualmente polas matemáticas, para as que xa demostrou nestes anos que ten aptitudes e vocación. 

A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa

Entre a Candeloria (2 de febreiro), a data do amor na tradición, e o San Valentín (14 de febreiro), o alumnado de 2º de Bacharelato anima os seus compañeiros e compañeiras a declarar o seu amor en tempos de pandemia.

Anxo, Paula, Laura, Sabela, Xoel, Leticia, Juncal, Aia e Adriana encargaranse de recoller as cartas e entregalas ás persoas destinatarias, sempre de acordo coas medidas de seguridade e hixiene ás que obriga a crise sanitaria.

Animádevos a participar nestas novas propostas creativas do Concello!

O Concello de Soutomaior vén de presentar dúas novas iniciativas que buscan promover a reflexión crítica e a implicación social da mocidade apoiando as súas inquedanzas e habilidades no ámbito artístico e fomentando o uso da lingua galega como canle de expresión creativa e emocional que nos liga á comunidade e ao noso tempo.

Por unha banda, o Concurso de Postais e Felicitacións de Nadal chega á súa edición nº XIX con novidades e diversas categorías segundo as idades e modalidades (modalidade simple, tridimensional/voluminosa e audiovisual). O prazo de presentación remata o 16 de decembro. Consulta as bases premendo aquí ou no banner.

E, por outra banda, dende o Concello chega unha proposta orixinal e necesaria, a Campaña Heroes e Heroínas, que ten como finalidade sensibilizar a veciñanza sobre o uso da máscara en todos os contextos e momentos das nosas vidas cando compartimos espazos con outras persoas e non podemos manter a distancia de seguridade. Desta volta, o alumnado debe gravar un vídeo que cumpra uns determinados requisitos técnicos e de contido. O prazo remata o 18 de decembro. Consulta as bases premendo aquí ou na imaxe.

Tanto para o concurso como para esta campaña, non dubidedes en procurar a axuda do profesorados dos Departamentos de Educación Plástica, lingua galega e Normalización Lingüística.

Distribuir contido


by Dr. Radut