Skip to Content

Lucía Castrillo Sánchez, premiada no XX Certame Tíralle da Lingua de Narración Oral

O noso centro estivo moi ben representado na última edición do Certame Tíralle da Lingua de Narración Oral coas historias de Sabela Magariños (A filla do mar), Juan Canosa Álvarez (A cova do rei Cintolo), Ángela Laíns (Bambi, o aventureiro, bo amigo e compañeiro) e Marta Molina (O patiño repudiado), que demostraron o seu bo facer á hora de crear e recrear historias e saber contalas. Parabéns a todos/as pola súa implicación,a  calidade dos seus traballos e por partillar as súas contadas.

Pero, ademais, o xurado desta edición, composto por Beatriz Maceda Abeleira, ensinante e escritora; Emma Pedreira Lombardía, filóloga e escritora; e Xiana Parga de la Peña, licenciada en historia, bibliotecaria e contadora, decidiu outorgar o segundo premio na Categoría de 4º ESO e ensino postobrigatorio a Lucía Castrillo Sánchez pola historia Noite de rolda. Noraboa!!! (a noticia no Faro de Vigo)

O Tíralle da Lingua é un certame que organiza a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dende hai xa 20 anos co obxectivo de fomentar e dinamizar o uso do galego como lingua de comunicación normalizada, como instrumento para crear e contar historias orais e como canle de expresión creativa da nosa mocidade.

Non resta máis que felicitar os nosos contadoras e contadoras e convidarvos a escoitar as súas contadas.



blog | by Dr. Radut