Skip to Content

Debuxo

Expresión artística en 4ºESO

Este ano na materia de Expresión artística de 4ºESO, estivemos aprendendo a usar a técnica fotográfica chamada CIANOTIPIA.

Podedes ver nos adxuntos algunhas das imaxes que fixemos en setembro e outubro aproveitando a luz solar. 

 

Curso 2023-2024

Material necesario por cursos. (Ver adxuntos).

 

Traballos do curso 2022-2023

Aquí tedes un vídeo con algúns dos traballos deste curso. Disfrutade das vacacións!

Alumnado coa materia de Plástica pendente

O alumnado que ten pendente a materia de Plástica de 1º ou 3º ESO e non presentou os exercicios de reforzo para superala, terá unha proba o martes 6 de xuño a 4ªhora.

Tedes unha lista dos contidos para o exame no adxunto.

Calquera dúbida falar coa profesora Ana Aguiar o podedes usar o curso de Edixgal onde estades matriculados.

25N 2022: "Contra a violencia de xénero ABRE OS OLLOS"

Con motivo do 25N o alumnado de Debuxo artístico de 2º de bacharelato e Educación Plástica de 4º ESO fixeron unha instalación na entrada do instituto.

Para facer a obra tivemos de referencia a obra “Behind the walls” do escultor Jaume Plensa.

"A veces, nuestras manos son las paredes más grandes. Pueden cubrirnos los ojos, y podemos cegarnos a nosotros mismos a tanto de lo que está sucediendo a nuestro alrededor ...". Jaume Plensa

As esculturas están feitas utilizando como molde o corpo dos alumnos/as.

O material utilizado, o plástico, é transparente “case invisible”.

Departamento de Debuxo _Curso 2022-2023

O departamento de Debuxo no curso 2022-2023 está constituído polos seguintes profesores:

  • Ana Aguiar Hormías que actúa como xefa de departamento, impartirá as seguintes materias: Educación Plástica en 3º e 4º ESO, Debuxo Artístico en 2º de bacharelato e Debuxo Técnico en 2º de bacharelato.
  • César Manuel Iglesias Fernández impartirá Educación Plástica en 1º ESO e Debuxo Técnico en 1º de bacharelato.

Adaptación da Programación didáctica (abril 2022)

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Debuxo do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Obradoiros Divulgaciencia: Departamento de EPVA

Dentro do programa de Divulgaciencia e en colaboración co Departamento de EPVA, o Concello preparou dous obradoiros levados a cabo os dous na aula de Debuxo do IES de Soutomaior. Tamén foron preparados e presentados polo Divulgador científico David Ballesteros, sinónimo de garantía neste tipo de actividades.

O 19 de abril, o alumnado de 4º da ESO de Expresión artística puideron participar no obradoiro de "Arte, polímeros e NFC". Nel o alumnado puido ver e particiar en varias actividades nas que o arte e a ciencia van da man.

 

O martes 23 e mércores 24 de abril, o alumnado de 3º da ESO traballou no obradoiro de "Arte UV". Neste puideron coñecer un pouco máis en profundidade as características da luz así como as posibilidades artísticas dunha parte do espectro electromagnético: a luz ultravioleta.

Dende o centro agradecemos de novo á OMIX do Concello de Soutomaior a súa colaboración e ao Departamento de EPVA por promover e facilitar que este tipo de actividades poidan chegar ás aulas.

Distribuir contido


by Dr. Radut