Skip to Content

Debuxo

Labirintos da alma, de Anna Llenas... e do alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º ESO, a proposta do equipo de biblioteca, estivo a traballar nun proxecto no que participaron directamente os Departamentos de Lingua castelá e literatura e Educación plástica e audiovisual.

A partir da lectura de Laberinto del alma, de Anna Llenas (Editorial Cross books), o alumnado creou as súas propias definicións literarias de sentimentos e emocións e deu un pulo á súa creatividade imitando as fermosas ilustracións do libro.

Podedes visitar o blogue da biblioteca para ver todos os traballos do alumnado.

 

Traballos do alumnado de Debuxo Artístico II

O alumnado de Debuxo Artístico de 2º de bacharelato fixo estas presentacións cunha selección do seus traballos. Noraboa a tod@s.

Algúns dos traballos estiveron expostos nos corredores do centro.

Abel Fernández Meira

Lucía Bouzón Collazo

Andrés González Cabaleiro

Desiré Narciso Orellana

Carla Sánchez López

Mara Vidal

Traballos presentados no concurso VERBAS PARA COMUNICAR 2021

Aquí podedes ver os traballos que presentaron o alumnado de 4º ESO de Educación Plástica. O traballo consistía en facer un videopoema.

Parabéns aos participantes!

  • Candela Paz e Jimena Torres: Cidades. 1º Premio Categoría B (15- 18 anos). Audiovisual- grupal

 

  • Frida Acuña, Sara Durán, Daniel Gallego e Uxía Vidal: Nun álbum. 4º Premio Categoría B (15- 18 anos). Audiovisual- grupal. 

Animacións en 4º ESO


Mandalas e atrapasoños feitos polo alumnado de 1º eso

Pica AQUÍ para ver unha selección dos traballos.

Debuxar a partir de manchas. 4º ESO

Pica AQUÍ para ver a presentación.

Exposición fotográfica 25N

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Departamento de Educación Plástica e Visual propúxolles ás alumnas de 4º de ESO e de Debuxo artístico de Bacharelato que se fotografasen para mostrar a través da imaxe o que supón para elas o 25N. Ademais dos rostros das alumnas do centro, tamén quixeron sumarse profesoras e algunha nai á que non lle importou deixarse retratar pola súa filla e colaborar neste traballo.

Moitas grazas a todas ás que quixestes participar e así amosar o voso sentimento ante a violencia contra as mulleres.

Participantes: Marta Abal López, Ana Aguiar Hormías, Antía Brito Iglesias, Uxía Brito Iglesias, que retratou a súa nai Susana Iglesias; Cristina Méndez Ramos; Candela Paz Aguiar; Blanca Quiñones Rodríguez, que retratou a súa nai Yolanda Rodríguez; Laura Rodríguez Martínez; Carla Sánchez López; Xeila Seijo, que retratou a Candela Seoane Reguera; Jimena Torres González e Rebeca Torres Rodriguez.

Boletín de pendentes 2020-21

O alumnado de 2º ESO que ten pendente Plástica de 1º eso ten que facer un boletín de exercicios para recuperala. Hai dúas entregas:

Boletín 1: entrega ata o venres 20 de novembro.

Boletín 2: entrega ata o venres 12 de febreiro.

NON SE RECOLLERÁN TRABALLOS FÓRA DE PRAZO.

O alumnado que non entregue os exercicios dentro do prazo establecido terá un exame o luns 3 de maio a 3ª hora sobre os contidos mínimos do curso correspondente.

Departamento de Debuxo. Curso académico 2020-2021.

O departamento de Debuxo no curso 2020-2021 está constituído polos seguintes profesores:

  • Ana Aguiar Hormías que actúa como xefa de departamento.
  • Prudencio Fernández Franco 

O reparto por cursos e materias é o seguinte:

Materia

Curso

Grupos

Profesor/a

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

1ºESO

 

 

A

Ana Aguiar Hormías 

B

Ana Aguiar Hormías 

C

Ana Aguiar Hormías 

D

Prudencio Fernández 

3ºESO

A

Prudencio Fernández 

B

Prudencio Fernández 

C

Prudencio Fernández 

4ºESO

A, B e C

Ana Aguiar Hormías 

Debuxo Técnico

1º Bach

A

Prudencio Fernández 

Debuxo Técnico

2º Bach

A

Prudencio Fernández 

Debuxo Artístico 

1º Bach

A e B

Ana Aguiar Hormías 

Debuxo Artístico 

2º Bach

A e B

Ana Aguiar Hormías 

Podes consultar a programación didáctica para o curso 2020 - 2021 no arquiivo adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut