Skip to Content

Matemáticas

Hello Bebras!

Matemáticas na raia

Animamos ao alumnado de 3º ESO a participar no concurso MATEMÁTICAS NA RAIA.

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Invitámosvos a participar no II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

 

BASES DO CONCURSO

 

Resumo das bases:

  • A data límite de envío é o 14 de marzo de 2024. ADIAMOS A DATA ao 22/MARZO.
  • Participantes: pode participar toda a comunidade educativa do IES de Soutomaior (alumnado, profesorado, familias...)
  • Enviaranse por correo electrónico á dirección matematicas.soutomaior@gmail.com.
  • A fotografía deberá enviarse en formato png ou jpeg.
  • As fotografías deben ser inéditas
  • No asunto do correo indicarase "Concurso fotografía"
  • O nome do ficheiro deberá ter a seguinte estrutura: CursoGrupo_ApelidosNome

Criterios recuperación materias pendentes MODIFICACIÓN

Adxuntamos os NOVOS criterios de recuperación das materias pendentes para o curso 23-24.

Recuperación materias pendentes ESO MODIFICACIÓN FB/24

Recuperación materias pendentes BAC MODIFICACIÓN FB/24

Olimpíada Matemática Galega 2024

 

Xa foi convocada a Olimpíada Matemática Galega 2024 (a Fase Autonómica da LX Olimpiada Matemática Española).

 

As probas celebraranse o venres 19 de xaneiro na Facultade de Matemáticas, en sesións de mañá e tarde. Ás 20:45 horas dese mesmo día farase o acto de entrega de premios.

 

O alumnado interesado en participar débese inscribir online na páxina web da Olimpíada Matemática Galega no seguinte enlace

 

www.usc.es/olympia, onde tamén figuran as bases desta convocatoria e outros detalles de interese. 

 

Nese mesmo URL pódese enlazar co sitio web da Olimpiada Matemática Española  onde, entre outro material, están os problemas (con solucións) das distintas fases de anos pasados.

 

Animaste a participar?

 

Olimpíada Matemática

Información relevante para todo o alumnado que esté interesado en participar na Olimpíada matemática.

Dende a Comisión de Olimpíadas da Real Sociedad Matemática Española puxeron a andar un taller de preparación orientado ao alumnado da segunda etapa da ESO e de BAC.

Tedes toda a información en https://sites.google.com/view/tallervituralrsme.

Anímate e participa, non tes nada que perder e moito que ganar!

 

Datas exames

Adxuntamos as datas dos exames para o curso 23-24.

DATAS EXAMES 23-24

Distribuir contido


by Dr. Radut