Skip to Content

Matemáticas

Curso 22-23

BENVIDAS E BENVIDOS

AO

CURSO 22-23!

Matemáticas na Raia 2022

    Este curso volvemos a participar na actividade Matemáticas na Raia da man do noso compañeiro Manuel Villar Cendón.

    Desexamos moita sorte ao equipo participante.

    A por todas!

Adaptación da Programación didáctica do curso 21-22

Adaptación da Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

I Concurso de esopías IES de Soutomaior

 

O pasado luns día 21 de marzo fíxose entrega dos premios ao alumnado gañador do I Concurso de esopías do IES de Soutomaior. O xurado, formado por Manuel José Fariña (Departamento de Lingua Galega), Orlando Molares (Departamento de Lingua Castelá) e Sandra Santos (Departamento de Matemáticas), resolveron premiar a:

- Ethan Rodríguez Novás, de 2ºESO A (galego)

- Iman Ahmed Elgaid Saleh, de 2ºESO C (castelán)

- Hanae El Gad El Arfaoui, de 2ºESO C (castelán)

- Safae El Gad El Arfaoui, de 2ºESO C (castelán)

- Anxo Muíños Seoane, de 3ºESO A (galego)

- Xiana Vidal Rubianes, de 3ºESO A (galego)

Noraboa ao alumnado premiado e participante nesta 1ª edición!

Do espazo exterior ao IES de Soutomaior coa exposición AstrónomAs

Máis imaxes da exposición e a charla nesta galería fotográfica

“Esta historia comezou hai miles de anos, cando as nosas antepasadas miraron o ceo e observaron o sol, a lúa e as estrelas...”.

Con estas liñas comeza a exposición Astrónomas, unha serie de 16 paneis que destacan o papel da muller na Astronomía, e que temos á nosa disposición no centro desde o pasado 9 de decembro, e ata o próximo 15 de xaneiro, dentro das actividades organizadas polo Departamento de Matemáticas.

A exposición AstrónomAs, patrocinada pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía ) e a SEA (Sociedade Española de Astronomía), está dispoñible en formato físico e dixital, e atópase traducida a varias linguas (castelán, catalán e galego). Pódese visitar na ligazón AstrónomAs, onde ademais de atopar os descargables que temos no centro encontramos actividades e información adicional.

Con motivo desta exposición, tivemos a sorte de contar, o pasado venres 17 de decembro, con Josefina F. Ling Ling, profesora na Facultade de Matemáticas da USC, investigadora no Observatorio Astronómico Ramón María Aller Ulloa (Santiago de Compostela) e unha gran divulgadora científica.

Durante a súa visita, Josefina Ling convidounos a reflexionar sobre o papel da muller na Astronomía e na ciencia, tomando como marco de referencia a exposición AstrónomAs. Por outra banda, puidemos coñecer da súa man a figura de Antonia Ferrín Moreiras, que foi a primeira astrónoma galega, a primeira muller española en defender unha tese sobre a Astronomía e tamén a primeira persoa en defender unha tese na Facultade de Matemáticas da USC.

Dende o noso centro, felicitamos a astronomas.org por esta extraordinaria exposición e agradecer a Josefina Ling o seu labor a prol da divulgación científica e do recoñecemento da muller na ciencia.

Cálculo nota 1ª avaliación do alumnado confinado que non puido facer o último exame

           O Departamento de Matemáticas acordou, na reunión celebrada o 10 de decembro ás 11:30, calcular a nota da 1ª avaliación do alumnado confinado que non puido facer o último exame da avaliación, da seguinte maneira:

1. Avaliar o exame que lle falta por facer cun 0.

2. Facer a media das notas seguindo os criterios de avaliación establecidos.

3. Deixar constancia no boletín de que a nota obtida é provisional.

4. O alumnado afectado fará o exame en canto se incorpore á clase e, nese momento, calcularase a súa nota da avaliación.

5. A nota provisional quedará anulada pola nova nota  a efectos do cálculo da nota de final de curso.

          Así quedará recollido na acta de Departamento do mes de decembro.

 

Criterios de avaliación e cualificación do alumnado PENDENTE 21-22

Podrá atopar os Criterios de avaliación e cualificación do alumnado PENDENTE que utilizaremos no Departamento de Matemáticas no seguinte documento

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO ALUMNADO PENDENTE 21-22

Programación de Matemáticas 21-22

Premando nos seguintes enlaces poderá acceder á Programación de Matemáticas e aos Criterios de avaliación e cualificación do curso 20-21

PC MATEMÁTICAS 21-22

CRITERIOS DE AVALIACIÓN 21-22

CURSO 21-22

BENVIDAS E BENVIDOS

AO CURSO 21-22!

Distribuir contido


by Dr. Radut