Skip to Content

Debuxo

Retratos fotográficos feitos polo alumnado de Expresión artística

O alumnado de 4º da ESO de expresión artística fixo esta actividade na que fan retratos de xente que teñen como referente e aos que lles gardan especial cariño.

 

 

Moitas grazas ao Departamento de Debuxo que sempre se esfórza en darlle visibilidade ao traballo feito polo seu alumnado.

 

Obradoiros Divulgaciencia: Departamento de EPVA

Dentro do programa de Divulgaciencia e en colaboración co Departamento de EPVA, o Concello preparou dous obradoiros levados a cabo os dous na aula de Debuxo do IES de Soutomaior. Tamén foron preparados e presentados polo Divulgador científico David Ballesteros, sinónimo de garantía neste tipo de actividades.

O 19 de abril, o alumnado de 4º da ESO de Expresión artística puideron participar no obradoiro de "Arte, polímeros e NFC". Nel o alumnado puido ver e particiar en varias actividades nas que o arte e a ciencia van da man.

 

O martes 23 e mércores 24 de abril, o alumnado de 3º da ESO traballou no obradoiro de "Arte UV". Neste puideron coñecer un pouco máis en profundidade as características da luz así como as posibilidades artísticas dunha parte do espectro electromagnético: a luz ultravioleta.

Dende o centro agradecemos de novo á OMIX do Concello de Soutomaior a súa colaboración e ao Departamento de EPVA por promover e facilitar que este tipo de actividades poidan chegar ás aulas.

Decoración de Nadal 1º ESO

O alumnado de 1º ESO de Plástica fixeron unha árbore de Nadal para a entrada do centro e decoraron as portas das súas clases.

Bo traballo! 

    
 

Visita ó Museo de Pontevedra

O alumnado de 4º ESO de Plástica e Debuxo Artístico de 1º e 2º de bacharelato visitou as exposicións de Castelao e Origami no Museo de Pontevedra.

Na mostra de origami puideron contemplar exemplos de todas as modalidades empregadas na elaboración de esculturas utilizando un só papel, sen cortes nin pegamentos. Unha selección de figuras da Escola Museo Origami Zaragoza (EMOZ), un dos poucos museos de papiroflexia que existen no mundo.

Na exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’, amósase o Diario orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estadía en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Hai reproducións de máis dun cento de debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe.

Completamos a visita cun percorrido guiado pola Sala permanente do Museo adicado a este artista.

 

 Máis imaxes da saída aquí.

Intervencións de Land Art no patio

Os Artistas de Land Art empregan elementos naturais presentes na paisaxe ou artificiais, para modificalo (temporal ou definitivamente) para facer as súas obras.

A maioría destes traballos son efémeros, van desaparecendo co tempo.

Os alumnos de 1º ESO C crearon as súas obras de Land Art no patio, empregando follas, pedras, paus,...que eles mesmos recolleron.

  Máis imaxes nesta galería fotográfica.

25 N

Este curso como outros anos queriamos facer algún traballo artístico para reclamar a atención do alumnado ante o problema da violencia machista. Decidimos traballar nun espazo do centro aproveitando unha instalación que se fixo fai varios cursos no final dun corredor onde se colocaron varios espellos en dúas paredes situadas unha enfronte da outra, xogando coas imaxes fragmentadas. Nesta ocasión cubriuse con papel transparente violeta a xanela que ilumina ese espazo, creando un xogo de reflexos violeta sobre os espellos situados na parede. Os alumnos/ as fixeron fotografías xogando con eses efectos.

Por outra banda, fixemos un 25 N xigante na entrada, con pedras que os alumnos foron recollendo da contorna do centro e ían pintando.
Outras alumnas como Frida Acuña co seu traballo fotográfico representou o duro camiño dunha muller que sofre malos tratos e vai perdendo a súa identidade do mesmo xeito que a súa fotografía aparece cada vez máis fragmentada. Pero tamén se pode facer o percorrido inverso e ver como a foto se vai recompoñendo.
Uxía Vidal fixo unhas lentes violeta coa impresora 3D para que quen mire a través delas teña unha visión máis igualitaria.

Departamento de Debuxo. Curso académico 2021-2022.

O departamento de Debuxo no curso 2021-2022 está constituído polos seguintes profesores:

  • Ana Aguiar Hormías que actúa como xefa de departamento.
  • Paloma Romero Rodríguez

O reparto por cursos e materias é o seguinte:

Materia

Curso

Grupos

Profesor/a

Educación Plástica, Visual e Audiovisual

1º da ESO

 

 

A

Paloma Romero Rodríguez

B

Ana Aguiar Hormías 

C

Ana Aguiar Hormías 

3º da ESO

A

Paloma Romero Rodríguez

B

Paloma Romero Rodríguez

4º da ESO

A, B e C

Ana Aguiar Hormías 

Debuxo Técnico I

1º Bach

A

Paloma Romero Rodríguez

Debuxo Técnico II

2º Bach

C

Ana Aguiar Hormías 

Debuxo Artístico I

1º Bach

A , B e C

Ana Aguiar Hormías 

Debuxo Artístico II

2º Bach

B

Ana Aguiar Hormías 

Interpretacións feitas polo alumnado de 4º ESO dun cadro de Edward Hopper

Pica AQUÍ para ver unha selección dos traballos.

Distribuir contido


by Dr. Radut