Skip to Content

Blogue de Plástica

Lista de MATERIAL - Curso 2024-25

 

 
 
 
 
 
 

Programacións didácticas. Curso 2024-2025

Adxuntamos as programacións para o curso 2024-2025.

Cianotipias. 4ºESO_2023-24

Este ano na materia de Expresión artística de 4ºESO, estivemos aprendendo a usar a técnica fotográfica chamada CIANOTIPIA.

Podedes ver nos adxuntos algunhas das imaxes que fixemos en setembro e outubro aproveitando a luz solar. 

 

 
 

Material. Curso 2023-2024

Material necesario por cursos. (Ver adxuntos).

 

Traballos do curso 2022-2023

Aquí tedes un vídeo con algúns dos traballos deste curso. Disfrutade das vacacións!

Alumnado coa materia de Plástica pendente

O alumnado que ten pendente a materia de Plástica de 1º ou 3º ESO e non presentou os exercicios de reforzo para superala, terá unha proba o martes 6 de xuño a 4ªhora.

Tedes unha lista dos contidos para o exame no adxunto.

Calquera dúbida falar coa profesora Ana Aguiar o podedes usar o curso de Edixgal onde estades matriculados.

25N 2022: "Contra a violencia de xénero ABRE OS OLLOS"

Con motivo do 25N o alumnado de Debuxo artístico de 2º de bacharelato e Educación Plástica de 4º ESO fixeron unha instalación na entrada do instituto.

Para facer a obra tivemos de referencia a obra “Behind the walls” do escultor Jaume Plensa.

"A veces, nuestras manos son las paredes más grandes. Pueden cubrirnos los ojos, y podemos cegarnos a nosotros mismos a tanto de lo que está sucediendo a nuestro alrededor ...". Jaume Plensa

As esculturas están feitas utilizando como molde o corpo dos alumnos/as.

O material utilizado, o plástico, é transparente “case invisible”.

Programacións Didácticas Curso 2022-2023

Retratos fotográficos feitos polo alumnado de Expresión artística

Din que unha imaxe vale máis que mil palabras pero este exercicio realizado polo alumnado de 4º de ESO de Expresión artística xunta ambas cousas: palabra e imaxe. Alumnas, pertencentes ao programa de Fotografía en curso, fixeron un retrato dunha persoa da súa contorna, a meirande parte de membros da súa familia. Escoitar a descrición que ilustra a fotografía que tomaron amosa o seu amor e respecto.

Parabéns a todas polo voso traballo e a vosa arte.

Retratos fotográficos feitos polo alumnado de Expresión artística

O alumnado de 4º da ESO de expresión artística fixo esta actividade na que fan retratos de xente que teñen como referente e aos que lles gardan especial cariño.

 

 

Moitas grazas ao Departamento de Debuxo que sempre se esfórza en darlle visibilidade ao traballo feito polo seu alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut