Skip to Content

Taboleiro

Sonia Baqueiro gaña o 3º premio no II Concurso de Poesía Xaquina Trillo

Non podemos avanzar sen facer mención ao resultado do II concurso de Poesía Xaquina Trillo organizado polo colectivo A Mesa das Verbas no mes de febreiro. Nel, Sonia Baqueiro, alumna de 2º de Bacharelato, vén de recibir o 3º premio co poema “Nova Flor”.

Noraboa, Sonia!

 

 

O Día de Rosalía de Castro no IES de Soutomaior

O IES de Soutomaior, para conmemorar a memoria dunha das personalidades más representativas de Galiza, celebrou varias actividades os días 23 e 24 de febreiro no centro.

- O Departamento de Bioloxía xunto coa comunidade de montes do concello, continuaron coa labor que comezaron o curso pasado, guiando ao alumnado de 1º da ESO na plantación de árbores autóctonas no bautizado como "Souto de Rosalía" situado nas inmediacións do noso instituto.

 

- Por outra banda, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, con Antonio Rincón á cabeza, organizou un evento no recreo do venres 24 de febreiro no que alumnas de tódolos cursos recitaron poemas de Rosalía e, para amenizar a actividade, convidouse ao alumnado e ao profesorado á degustación do "Caldo da Gloria", moi necesario para quentar o corpo nestes días tan fríos.

- A nosa Biblioteca sumouse ao día de Rosalía coa organización dunha pequena exposición de publicacións referidas á escritora, tanto da súa obra literaria como de diversos estudos; e igualmente unha selección que na prensa tivo a efeméride.

Convidamos a ler tanto a súa poesía como os seus textos narrativos, pois Rosalía é unha escritora galega referencial e de interese permanente, que nos axuda a interpretar a nosa realidade cunha visión propia e crítica.
                                      

Todas as imaxes das actividades están subidas á galería de fotos do centro.

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Xa saiu a convocatoria para solicitalas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Poden consultar toda a información e se inscribir na seguinte ligazón:

Premer aquí

Día da Internet Segura

O 7 de febreiro de 2023 celébrase en todo o mundo o Día de Internet Segura, baixo o lema desta edición "Xuntos por unha Internet mellor”.

O Día da Internet Segura é un evento internacional organizado pola rede INSAFE/INHOPE de Centros de Seguridade en Internet en Europa, co apoio da Comisión Europea que se leva a cabo cada mes de febreiro para promover o uso seguro e positivo da tecnoloxía, especialmente entre a infancia e a mocidade.

Dende o IES de Soutomaior, conscientes da ameaza que supón un uso inadecuado da tecnoloxía, queremos contribuír á difusión destas iniciativas de organismos oficiais para mellorar o uso da tecnoloxía entre a nosa comunidade.

Este ano o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) quere promover un servicio “A túa axuda en ciberseguridade” dirixido a todos os cidadáns, empresas, menores e familias que empregan internet e as novas tecnoloxías. O servizo está atendido por un equipo multidisciplinar de expertos, que ofrecen asesoramento técnico, psicosocial e xurídico, de 8 da mañá a 11 da noite, os 365 días do ano.

 

Temos a nosa dispodición o número de teléfono gratuito 017 no que poderemos consultar problemas como ciberacoso, uso excesivo das pantallas (móbil, videoxogos, etc.) e comunidades ou páxinas perigosas.

Para máis información, podemos consultar a seguinte canle de youtube: Eritia privacidadNela podemos ver vídeos subidos e explicados por un axente do corpo da garda civil onde nos dan consello acerca de problemas como ciberestafas ou violencia de xénero dixital.

Xa temos gañadora do sorteo da cesta de Nadal

A familia agraciada co boleto gañador veu a recoller a cesta ao centro a tarde do martes 20 de decembro.

Queremos agradecer a todos os participantes a axuda para a financiación da viaxe de fin de curso do noso alumnado.

Sorteo da cesta de Nadal

Xa temos gañador da cesta do Nadal 2022/23. Hoxe, no recreo, o alumnado de 4º da ESO estivo a preparar o sorteo e os alumnos Noé Parada Fariña e África González Otero foron as mans inocentes que sacaron o seguinte boleto:

                

 

O gañador pode chamar ao instituto ou poñerse en contacto co vicedirector. Para recoller o agasallo debe traer o boleto gañador ata o xoves 22 (incluido). No caso de non poñerse ninguén en contacto temos dous boletos suplentes cos seus respectivos números de teléfono. Esperamos atopar pronto á familia agraciada.

Moitas grazas por todo.

 

O IES de Soutomaior desexa a todos os participantes moita sorte.

ARRANCA A FORMACIÓN DOS MEDIADORES E MEDIADORAS DO IES DE SOUTOMAIOR !!!!!

Este curso queremos formar a un equipo de mediadores e mediadoras co fin de mellorar a convivencia  e así axudar á prevención dos conflitos introducindo no centro as técnicas de mediación e resolución pacífica destes.

Para elo queremos formar a un grupo de 16  alumnas e alumnos capaces de escoitar e axudar  a outras persoas, un grupo formado  en técnicas de mediación e resolución de conflitos.

Hoxe foi a primeira sesión de formación, na que participaron alumnado e profesorado do centro, coordinados por Hafdallah Menni.

 Hoxe tocou coñecernos e sentirnos parte dun equipo.

 Galería de fotos

  A formación continuará  ao longo de 5 sesións máis que terá lugar nas seguintes datas:

2ª sesión, martes 22 de novembro

3ª sesión, martes 29 de novembro

4ª sesión, martes 13 de decembro

5ª sesión, martes 20 de decembro

6ª e última sesión, martes 10 de xaneiro.

Premios extraordinarios da ESO curso 2021/22

            
    No IES de Soutomaior estamos de noraboa. A alumna de 1º de Bacharelato Lucía Castrillo Sánchez ven de recibir un dos premios extraordinarios na educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico. Dito premio, outorgado pola Consellería de Educación, recoñece a excelente labor académica de Lucía, que conseguiu unha das mellores cualificacións na proba correspondente a este galardón, realizada no mes de setembro.
 

     Esta non é a primeira vez, e seguro que tampouco será a última, na que Lucía acada un recoñecemento deste tipo. O profesorado do centro non pode estar máis contento polo éxito colleitado por esta alumna a quen, sen dúbida, lle auguramos un brillante futuro.

     Parabéns Lucía!

                                              Noticia do Diario de Pontevedra

Hora de ler

O martes 18 de outubro, a 1ª hora, retomamos na ESO o programa Hora de Ler. Unha iniciativa de fomento da lectura no contexto educativo que consiste en dedicar un "tempo para a lectura" na aula cun libro que o alumnado trae da casa ou empresta na biblioteca.

O libro debe ser escollido para leer algo que nos gusta, polo que non se debe utilizar esta hora para lecturas obligatorias.

Neste calendario indícanse en cor rosa os días e horas da Hora de Ler.

No seguinte documento explícase de xeito máis extenso esta iniciativa.

 

 

Noctámbulas

A OMIX do Concello de Soutomaior está a facer unha recollida de propostas entre a rapazada para organizar actividades que se acheguen aos seus intereses.

Con este fin, xa está en marcha no IES de Soutomaior o buzón para rexistrarlas. Esperamos que haxa unha boa participación e que despois do Nadal se poidan poñer en marcha algunhas das ideas expostas nas suxerencias.

Para facilitar o éxito da iniciativa, e que ninguén poida quedar sen participar, o Concello puxo dous buzóns máis: un no Multiusos e outro na biblioteca de Soutomaior. Tamén se pode participar online a través do código QR impreso nas tarxetas de participación e no póster.

 

 Ao alumnado do IES de Soutomaior chamoulles a atención o buzón e xa fixeron a súa primeira achega.

O código QR pódese pescar no póster que está na  Galería de imaxes

Distribuir contido


by Dr. Radut