Skip to Content

O Día de Rosalía de Castro no IES de Soutomaior

O IES de Soutomaior, para conmemorar a memoria dunha das personalidades más representativas de Galiza, celebrou varias actividades os días 23 e 24 de febreiro no centro.

- O Departamento de Bioloxía xunto coa comunidade de montes do concello, continuaron coa labor que comezaron o curso pasado, guiando ao alumnado de 1º da ESO na plantación de árbores autóctonas no bautizado como "Souto de Rosalía" situado nas inmediacións do noso instituto.

 

- Por outra banda, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, con Antonio Rincón á cabeza, organizou un evento no recreo do venres 24 de febreiro no que alumnas de tódolos cursos recitaron poemas de Rosalía e, para amenizar a actividade, convidouse ao alumnado e ao profesorado á degustación do "Caldo da Gloria", moi necesario para quentar o corpo nestes días tan fríos.

- A nosa Biblioteca sumouse ao día de Rosalía coa organización dunha pequena exposición de publicacións referidas á escritora, tanto da súa obra literaria como de diversos estudos; e igualmente unha selección que na prensa tivo a efeméride.

Convidamos a ler tanto a súa poesía como os seus textos narrativos, pois Rosalía é unha escritora galega referencial e de interese permanente, que nos axuda a interpretar a nosa realidade cunha visión propia e crítica.
                                      

Todas as imaxes das actividades están subidas á galería de fotos do centro.



blog | by Dr. Radut