Skip to Content

Actividades para a semana do 15 ao 19 de xuño

Déixovos as indicacións sobre as actividades propostas para esta semana.

Xa coñecedes o enderezo de correo electrónico ao que enviarme as tarefas que vaiades facendo: martamosquera1167@gmail.com

En Cultura Clásica de 3º de ESO e en Latín 4º ESO: continuamos coa actividade iniciada a semana pasada. A data límite de entrega, como sabedes, é o 17 de xuño. O alumnado que teña tarefas atrasadas e de recuperación pendentes de entrega tamén ten de prazo ata ese día para facelo.

O alumnado de Latín e Grego de 1º de Bacharelato xa non terá que realizar ningunha nova tarefa. Poderá, de xeito voluntario, enviar as actividades propostas a semana pasada para cada unha das materias.

Esta é xa a última semana de curso polo que quero aproveitar para desexarvos unhas boas vacacións. Feliz verán a todas e a todos!! 

 



blog | by Dr. Radut