Skip to Content

Despedida no Campo do Salgueirón

O pasado 22 de Marzo, o IES de Soutomaior organizou varios partidos de fútbol para despedirnos do 2º trimestre.

Os cursos que participaron neste torneo deportivo foron os gañadores do concurso de "Aulas Limpas" organizado por Xefatura de Estudos co obxectivo de mellorar a orde e a limpeza nas aulas. Tamén, os gañadores entre os bacharelatos, tiveron a oportunidade de xogar contra os equipos de profesores e profesoras do centro.

Pese ás altas temperaturas que nos sorprenderon a todos, puidemos disfrutar de tres horas diferentes que amenizaron a mañá e que permitiron que a rapazada comezar a sentir as vacacións e desconectar dos exames.

O resto das imaxes pódense consultar na Galería

 



blog | by Dr. Radut