Skip to Content

Semana de primeiros auxilios no IES de Soutomaior

 

Especialistas en atención sanitaria extrahospitalaria acudiron o IES de Soutomaior para formar ao alumnado de ESO e Bacharelato do luns 28 de novembro ao xoves 1 de decembro.

 

É moi importante ter en conta que cada minuto que pasa nunha parada cardiorrespiratoria, disminúe un10% a supervivencia. En Europa producense unhas 700.000 PCR ao ano (unha cada 45 segundos) e en España 25.000. De todas elas, só nun 12% a población responde iniciando maniobras de reanimación cardiopulponar (RCP). Así o demostra un estudio publicado pola “Revista Española de Cardiología”, que advirte da necesidade de reforzar a nosa formación en primeiros auxilios para atender este e outros numerosos problemas. De iste xeito poderiamos reducir as consecuencias desta e outras doenzas, as cales precisan de atención precoz para mellorar pronósticos ás veces letales.

 

Isto motivou a especialistas de atención sanitaria extrahospitalaria do Proxecto EuroCardio a ofrecerse ao IES de Soutomaior para realizar unha extensa formación durante toda esta semana. Centráronse en concienciar ao alumnado da importancia dunha actuación sinxela pero precisa no caso de encontrarse con persoas que sufren os seguintes accidentes: PCR, hemorraxias, queimaduras e atragantamentos.

 

Durante as dúas primeiras xornadas, o alumnado de primeiro de bacharelato recibiu unha formación teórica para ter a información de como comportarse ante unha emerxencia e outra parte práctica para ensaiar protocolos coma a RCP e a maniobra de Heimlich. Nas dúas seguintes xornadas, os especialistas sanitarios, coa axuda do alumnado de bacharelato, continuou a formación co alumnado da ESO.

 

Galería de fotos

 

 



blog | by Dr. Radut