Skip to Content

Secretaría

Calendario final para o alumnado da ESO

CALENDARIO FINAL DA ESO. CURSO 22/23

1. Finalización da convocatoria ordinaria

- Mércores 21 de xuño

2. Entrega de boletíns de notas

- Comunicación ABALAR: luns 26 De xuño

- Entrega no centro: luns 26 de xuño

  • Tódolos cursos ás 10:00 h polo profesorado titor na aula de referencia

3. Reclamacións

- 27 e 28 de xuño: de 9 a 14h.

Atención a alumnado e responsables (segundo a dispoñibilidade do profesorado).

CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 23/24

2º de BACHARELATO

xoves 29 de xuño

1º de BACHARELATO

venres 30 de xuño

4º ESO

luns 3 de xullo

3º ESO

martes 4 de xullo

2º ESO

mércores 5 de xullo

1º ESO

xoves 6 de xullo

Calendario final do alumnado de 1º de Bacharelato

 CONVOCATORIA ORDINARIA

ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

1. Finalización da convocatoria ordinaria

- Mércores 8 de xuño

2. Entrega de boletíns de notas

- Comunicación ABALAR: martes 7 de xuño (a partir das 22h)

- Entrega no centro: mércores 8 de xuño (a partir das 11:35h) polo profesorado titor.

3. Reclamacións

- 8 e 9 de xuño: de 9 a 14h.

Atención a alumnado e responsables (segundo a dispoñibilidade do profesorado).

 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO

4. Calendario da convocatoria extraordinaria

- 20, 21 e 22 de xuño (ver horario das probas)

5. Entrega de boletíns de notas

- Comunicación ABALAR: xoves 23 de xuño (a partir das 17h)

- Entrega no centro: luns 27 de xuño (a partir das 11h) polo profesorado titor.

6. Reclamacións

- 27 e 28 de xuño: de 9 a 14h.

- Atención a alumnado e responsables (segundo a dispoñibilidade do profesorado).

7. Calendario de matrícula do Curso 22-23

- Alumnado que promociona a 2º de Bacharelato: venres 8 de xullo.

- Alumnado que repite 1º de Bacharelato: xoves 7 de xullo.

Calendario das probas extraordinarias de 2º de Bacharelato

Os exames da convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato realizaranse entre o luns 20 e o mércores 22 de xuño, ambos días incluídos. Consulta as datas, horas e materias premendo aquí ou no documento adxunto.

De ser necesario, ante a concorrencia de probas poñeranse de acordo alumnado e profesorado para unha posible ampliación de horario ou cambio de hora.

Axudas para adquirir material escolar da Xunta e o Concello de Soutomaior

Consellería de Educación da Xunta de Galicia

O prazo para presentar solicitudes remata o 22 de xuño de 2022 (incluído): Orde do 29 de abril de 2022. Resumo da orde.

O alumnado matriculado na etapa da ESO no IES de Soutomaior está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto ao estar implantado no centro o proxecto E-DIXGAL na ESO. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

Concello de Soutomaior

  • Obxecto: axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2022/2023.
  • Destinatario: alumnado matriculado en educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato dos centros docentes do concello de Soutomaior así como para o alumnado do concello de Soutomaior que curse bacharelato noutro centro, FP ou PCPI.
  • Tipo de material: entenderase por material escolar o necesario para realizar as actividades que se desenvolvan ou se promovan no centro docente, como cadernos de soporte, material de papelería non reutilizable ou material de manualidades, excluíndo expresamente os libros de texto.
  • Solicitudes: deberán presentarse segundo o modelo facilitado no concello e as mesmas poderán presentarse no Rexistro do concello de Soutomaior.
  • Prazo: ata o 3 de xullo.
  • Convocatoria: Boletín Oficial da Provincia do 3 de xuño.

Expedición do título de Bacharelato e matrícula ABAU

O proceso de expedición do título de Bacharelato e a matrícula nas ABAU 2022 debe facerse en dous pasos:

  1. Solicitar o título de Bacharelato.
  2. Matricularse na ABAU.

PASO 1: EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

  • Instrucións sobre a documentación que se debe presentar, taxas e códigos para a expedición do Título de Bacharelato 2022.
  • Modelo de taxas.

PASO 2: MATRÍCULA NAS ABAU

  • Páxinavídeo con instrucións sobre as ABAU 2022 (CiUG). Protocolo que se debe seguir nas probas.
  • Calendario: as probas terán lugar entre o martes 7 e o xoves 9 de xuño na Comisión Delegada 24, que está na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra da UVigo (mapa) para o alumnado do IES de Soutomaior. Horario dos exames de cada materia.

Apertura do prazo para cursar o Bacharelato de Artes en Redondela

A Consellería de Educación confirmou a aprobación do Bacharelato de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño, no IES Pedro Floriani de Redondela.

Polo tanto, o alumnado interesado de 4º ESO poderá solicitar praza nun prazo aberto de xeito extraordinario entre o 3 e o 9 de maio. 

Máis información e os impresos para formalizar a solicitude de admisión na páxina web do IES Pedro Floriani.

 

Comunicado do Equipo COVID sobre o uso das máscaras no centro

O Consello de Ministros aprobou a fin da obrigatoriedade do uso da máscara en espazos interiores, con carácter xeral, a partir de hoxe, 20 de abril (Real Decreto 286/2022, de 19 de abril). No que ten que ver co ensino, é preciso sinalar:

- é obrigatorio en medios de transporte, xa que non se dá a distancia de separación de 1,50m. 

- recoméndase o seu uso ao profesorado e alumnado con algún factor de vulnerabilidade.

- recoménase o uso da máscara no interior do centro no caso de estar en contacto con outras persoas a unha distancia inferior a 1,50m.

- recoméndase un uso responsable da máscara nos espazos pechados de uso público nos que as persoas transitan ou permanecen un tempo prolongrado.

En relación a esta orde, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou as seguintes Directrices sobre o uso de máscaras no ámbito educativo (21-04-2022), que indican:

USO OBRIGATORIO

• Transporte escolar 

USO RECOMENDADO

• Persoal traballador do centro educativo.

• Alumnado do centro educativo.

• Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.

◦ Persoas traballadoras.

◦ Visitas cando estean en zonas compartidas.

• Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos de casos.

O Protocolo vixente no centro establece unhas distancias de 1,20m entre o alumnado nas aulas, polo que non podemos garantir a distancia referida de 1,50m. Por isto, o Equipo COVID do centro recomenda o uso da máscara. 

Tamén aproveitamos para lembrar a importancia de circular pola dereita nos corredores e manter as distancias en todo o recinto escolar.

Normativa sobre a obxectividade na avaliación

Xúntase a Circular 1/2022 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2021-2022.

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 21 de marzo.
  • Solitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.
    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
    • No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo no instituto xunto coa documentación que se indica a seguir.
  • Documentación que se debe achegar:
    • Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).
    • Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.
    • De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Prazas vacantes: ver número de prazas vacantes aquí.

Convocatoria de estadías lingüísticas no estranxeiro dirixidas a alumnado de Bacharelato

A Consellería de Educación vén de convocar un total de 525 prazas para alumnado de Bacharelato dirixidas a realizar estadías lingüísticas no estranxeiro co fin de mellorar as súas competencias noutros idiomas:

  • PDF informativo con requisitos e información sobre o proceso de solicitude aquí.

Resumo da convocatoria

  • Destinatarios: alumnado de 1º ou 2º de Bacharelato de centros sostidos con fondos públicos.
  • Requisitos académicos: ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2020/21 e ter acadado no curso 2020/21, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ESO para as prazas convocadas para o 1º de Bacharelato e de 6 no 1º curso de Bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de Bacharelato.
  • Prazas e destinos: 525, a desenvolver en Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal durante a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2022, coa excepción das actividades para 2º curso de Bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
  • Presentación de solicitudes: o prazo para a entrega de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (31 de xaneiro de 2022). As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle  e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar.
Distribuir contido


by Dr. Radut