Skip to Content

Impresos

Autorización para a realización de cribado COVID-19 polo SERGAS no IES de Soutomaior (4 de xuño)

Hoxe, martes 1 de xuño, a Xefatura Territorial de Educación comunicou ao centro que se vai proceder a realizar un novo cribado masivo no instituto (alumnado, profesorado e persoal non docente) este vindeiro venres 4 de xuño. O obxectivo é detectar posibles asintomáticos e evitar calquera repunta nos contaxios logo de detectar un caso positivo no noso centro e dous casos positivos no CPI Manuel Padín Truiteiro, centro co que partillamos as liñas de autobuses.

Por todo isto, solicitamos a colaboración das familias e titores/as legais do alumnado para facer o cribado e solicitamoslles de forma urxente que envíen asinada esta autorización a través do/a alumno/a para que a entregue ao seu titor ou titora antes desta data. Deste modo, incluirase na listaxe para realizar a proba.

A autorización en papel chegará hoxe mesmo ás casas de man do alumnado. Tamén se pode descargar premendo nas seguintes imaxes.

Autorización para a realización de cribado COVID-19 polo SERGAS no IES de Soutomaior

Debido á situación epidemiolóxica que presenta o Concello de Soutomaior, as autoridades sanitarias consideran a necesidade de realizar un cribado xeral no IES. A finalidade deste cribado é detectar o maior número posible de portadores asintomáticos para poder reducir a cifra de contaxios. 

Por todo isto, solicitamos a colaboración das familias e titores/as legais do alumnado para facer o cribado e solicitamoslles de forma urxente que envíen asinada esta autorización a través do/a alumno/a para que a entregue ao seu titor ou titora antes deste venres 5 de marzo. Deste modo, incluirase na listaxe para realizar a proba.

O cribado terá lugar nunha data próxima segundo as indicacións da Xefatura Provincial de Educación.

A autorización en papel chegará hoxe mesmo ás casas de man do alumnado. Tamén se pode descargar premendo nas seguintes imaxes.

Documentación necesaria para a formalización de matrícula

 Para consultar os documentos necesarios e ver as instrucción para a matrícula, prema o curso correspondente:

 

1º ESO 3º ESO 1º BACH
2º ESO 4º ESO 2º BACH

 

 

Impresos matrículas por curso

Para a descarga do impreso de matrícula prema no curso correspondente:

1º ESO 3º ESO 1º BACH
2º ESO 4º ESO 2º BACH

Autorización saída alumnado para actividades dentro do Concello

Pincha aquí para descargar impreso autorización saídas escolares dentro do Concello

Autorización recollida do alumnado en horario escolar

Pincha aquí para descargar autorización recollida do alumnado

Autorización uso da imaxe

Pincha aquí para descargar impreso uso da imaxe persoal

Transporte escolar

Pincha aquí para descarga documento transporte escolar

Distribuir contido


by Dr. Radut