A Consellería de Educación convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
- Cada premio estará dotado con 1.000 €.
- Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
- O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico, anotaralle nel a distinción.
- Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
- O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.
Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2020-2021 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Prazo:
- O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2021 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
- Máis información no DOG do 22 de abril de 2021 e en https://www.edu.xunta.es/premiosedu