Skip to Content

Orientación

1º E 2º DE BACHARELATO: PROBAS PARA O GRAO EN ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE.

Actualización maio 2020: o estudantado que quixese cursar o grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo debía superar tamén un requisito previo, obter a cualificación de apto nunhas probas físicas que, por mor da situación excepcional xerada pola COVID-19, non se levarán a cabo neste 2020. A admisión para o curso 2020-2021 no grao que se imparte na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte seguirá o procedemento xeral establecido para o acceso a estudos oficiais do Sistema Universitario de Galicia.

-----------------------------------

Probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na universidade de Vigo, para o curso 2020-2021

Se tes interese en estudar dito Grao, manten a túa forma física estes días e consulta a información relacionada.

Podes presentarte esteas en 2º ou 1º bacharelato pois, de acadar o APTO, sería válido tamén na convocatoria seguinte (2021-22). 

 

EN QUE CONSISTEN AS PROBAS? Consulta o Regulamento e o video explicativo das probas.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: 

Deberás cubrir o formulario de inscrición e seguir as instruccións. Ata as 14h do 22 de abril.

DATAS DAS PROBAS:

1ª data: 22  de Maio de 2020.

2ª data: 18 de Xuño de 2020. 

3ª data: En caso de quedar prazas vacantes realizarase unha convocatoria extraordinaria o 23/07/2020.

Coa inscrición (63,67 € máis 6 €de seguro de accidentes) podes presentarte a todas as convocatorias: podes escoller, sen comunicación previa, o día para presentarte, e repetilas no caso de non superalas.

 

Web oficial: Facultade da Universidade de Educación Física da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra)

 

 

PENSANDO EN ESTUDAR UN GRAO UNIVERSITARIO E NON TE DECIDES?

Navega polas páxinas das Universidades Galegas. O enlace leva a un apartado adicado a futuros estudantes, onde podes ver información sobre os Graos (vídeos explicativos, obxectivos e plan de estudos, saídas profesionais…), así como outra información sobre a vida universitaria: matrícula e bolsas, oferta de comedores e residencias, actividades...

Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra, Ourense e Vigo): https://www.uvigo.gal/es/perfil-estudiantes

Universidade de Santiago (Campus de Santiago e Lugo): https://www.usc.gal/gl/futuros-estudantes

Universidade da Coruña: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/graos/

 

A elección de estudos é un proceso no que terás que valorar, entre outros aspectos, o que te gusta e o que se che dá ben. Se tes dúbidas acode ao DO cando se reanuden as clases, ou escribe durante este periodo a: albaorienta@edu.xunta.es 

A/A ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

 

ABAU: APRAZADA ATA NOVO AVISO.

Xa todos/as tiñades esta posibilidade na cabeza. Toca adaptarse e propoñerse ter calma. As claves serán as mesmas (constancia, traballo) pero con un pouco máis de paciencia e serenidade para afrontar esta situación de incertidume. Irase publicando toda a información ao respecto nas webs oficiais: https://ciug.gal/ ou https://www.edu.xunta.gal/

Aínda que este será un curso atípico, as esixencias de Bacharelato e a futura ABAU estarán ahí, polo que mantede o voso proceso educativo na medida do posible:

- MANTEDE O RITMO: Poñédevos un horario para repasar, realizar as tarefas... Todo o que vaiades traballando agora vos axudará a afrontar con maior éxito e menos nervios a ABAU.

- CONTINUADE, AGORA CON MÁIS TEMPO, O PROCESO DE ELECCIÓN DE ESTUDOS:

GRAOS: queres estudar na Universidade? Se estás dubidando que grao facer, adica tempo á busca de información. Nas páxinas das Universidades tes moita información ao respecto. Podes empezar por este video da Universidade de Vigo, "Como escoller titulación?".

FP: como sabes, rematado 2º de Bacharaleto, podes acceder a un Ciclo Superior de Formación Profesional. Podes consultar todos os folletos informativos en https://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp 

PARA TODO O ALUMNADO E FAMILIAS

Dende o Departamento de Orientación queremos enviar moito ánimo a todo o alumnado e as súas familias. Dada a excepcionalidade desta situación, moitos dos prazos deste ano (ciclos, probas de acceso, ABAU...) poderán sufrir cambios, dos que iremos informando se é o caso. 

Por agora, toca quedar na casa e coidar o noso estado de ánimo, para o que vos propoño ter en conta unhas premisas básicas:

- PLANIFÍCATE: A nosa vida está cambiando dun xeito importante estes días. Por un tempo, imos ter que modificar as nosas rutinas e, o que en principio pode parecer ata divertido, pode levarnos ao desánimo. Pensa en actividades que te gustaría facer (aquelas para as que normalmente non temos tanto tempo) pero non pases todo o día facendo a mesma cousa. Non o deixes á improvisación. Escribe e cumple un horario, pois as rútinas son útiles para repartir o tempo nas distintas actividades: traballos escolares, tarefas de orden e limpeza da casa, deporte, ler, ver unha película...

- SÉ CREATIVO/A: aproveita o tempo libre para facer actividades como pintar, crear unha canción, unha historia escrita, o guión dunha obra de teatro...

- MANTÉN OS CONTACTOS: falar coa túa xente pode axudar, pero ollo con agrandar os medos. Evita, na medida do posible, falar sempre do mismo tema. Se queres saber o que está pasando, adica un tempo a informarte (ver as noticias, páxinas oficiais como www.mscbs.gob.es ou www.sergas.es ) pero non estés todo o día falando do mesmo.

- MÓVETE: se pasan os días e non atopas o momento obrígate a reservar un horario para facelo. Ten en conta que o exercicio físico, ademáis de manternos en forma, axuda a reducir síntomas de tristeza ou inquedanza, que poden aparecer nesta situación que estamos a vivir. Podes atopar moitas propostas na páxina principal do IES, no apartado "Educación Física" do teu curso.

- APROVEITA PARA CRECER COMO PERSOA: nos momentos de crise como este, pode saír o mellor das persoas. Por unha banda, aceptando ficar na casa por un ben común, pensamos nos demáis e non só en nós mesmos. Por outra, tes o reto de facilitar a convivencia o máis posible. É tempo de ceder, de ter paciencia, de non querer levar sempre a razón, de tirar polos teus se os ánimos baixan...Coida moito o que pensas e sintes, e como falas cos demáis. Se te pode a tristeza ou o enfado, se estás irritable cos da casa: dalle unha volta, usa o humor, reflexiona, pide desculpas...Nun tempo será bonito lembrar como vos axudáchedes e que esta crise sacou o mellor de ti.

Por último, podes aproveitar para continuar, con máis tempo e calma, o proceso de reflexión sobre as distintas opcións académicas e profesionais, para o que se irán subindo distintas novas a este blog.

Un saúdo a todos/as,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

   

 

Probas de acceso a ciclos. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2020.

As probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio ou Superior van dirixidas a alumnado que non cumpra os requisitos académicos de acceso aos ciclos (ter rematado ESO ou Bacharelato, entre outros) e que teñan a idade esixida:
- Ter cumpridos dezasete anos (Ciclos Grao Medio) ou dezanove (Ciclos Grao Superior), ou ben cumprilos no ano natural de celebración da proba.

Tes dúbidas? Estás interado/a en preparar as probas?

- Consulta o calendario adxunto e a páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas
- Acode ao Departamento de Orientación se queres recibir asesoramento sobre os materiais de estudo, exames de anos anteriores, prazos...

Charla sobre ABAU e Universidade (05/02/2020)

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES asistiu a unha charla sobre a Universidade e a ABAU impartida por María Teresa Flores Arias, docente da Universidade de Compostela (USC).

Esta actividade forma parte do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” e ten o obxectivo de  informar e orientar o alumnado, como posible futuro/a estudante universitario, para que poida coñecer e elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.

O fío condutor da charla foron as probas de acceso á Universidade (ABAU) e a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela (titulacións, investigación, residencias, servizos académicos, culturais, deportivos, asociativos, etc).

Resoltas algunhas dúbidas sobre a ABAU, proba que terá lugar os días 9,10 e 11 de xuño, queremos seguir animando ao alumnado de 2º de Bacharelato, dende a certeza de que esforzo e a constancia no traballo ao longo deste curso serán as claves que lles facilitarán o éxito.

Obradoiros de teatro-foro: PRO-MULLER

O venres 24 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato participou nos obradoiros de teatro-foro do programa PROMULLER da fundación Matrix.

Mediante dinámicas teatrais e representacións simbólicas ensaiáronse accións, e posibles solucións, que facilitan a toma de conciencia na implicación social nos casos de violencia contra as mulleres.

Noelia e Jose, conferenciantes e actores da fundación, representaron unha escena de teatro invisible e dous monólogos sobre a violencia de xénero, que posteriormente se analizaron en gran grupo.

O alumnado converteuse en espectActor, propoñendo diversas escenas que representaron eles mesmos para a súa posterior análise.

Orientación académica e profesional

 

Xa está publicada a listaxe provisional de solicitudes para a realización das probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao medio.

 

Enlace de consulta

 

Orientación académica e profesional

 

 

               

      PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

             CLIQUEAR NA IMAXE 

   

  

Orientación académica

 

Do 1 ao 5 de abril o Salón Virtual UNIferia 2019 comeza a súa andaina na súa 1ª edición.

Dende o teléfono móbil, ou dende calquera outro dispositivo con conexión a internet,  poderase camiñar, de xeito virtual, polos diferentes stands e facer consultas on-line cos equipos de información e orientación das universidades participantes.

Para facilitar a localización da información das universidades e graos, a feira dispón de diferentes filtros de busca: por palabra clave, tipo de universidade, comunidade autónoma, rama de coñecemento, modalidade de estudo, dobres titulacións e impartidos total ou parcialmente en     inglés.

Para acceder a toda a información é necesario rexistrarse na páxina.

                                           ENLACE PARA REXISTRARSE NA PÁXINA WEB

                                     

                                            

Distribuir contido


by Dr. Radut