Skip to Content

Orientación

FELIZ 15 DE MAIO: DÍA DAS FAMILIAS

Hoxe é o Día Internacional da Familia, un bo momento para facer visible a riqueza da diversidade da sociedade na que vivimos.

 

3ºESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA (matrícula e futuras opcións) para alumnado e familias

Podedes descargar (ver adxunto) este documento con información de orientación académica; elaborado para que podades ler con calma e ir valorando xa as decisións sobre a matrícula. 

Un saúdo,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

Ao alumnado de Bacharelato

Se estás pensando en facer estudos universitarios, a Universidade de Vigo te ofrece a ocasión de informarte desde a túa casa sobre as novidades da  ABAU, a preinscrición, o acceso, a matrícula, a oferta dos graos e as súas saídas profesionais, así como sobre os distintos servizos xerais da Universidade.

O mércores 13 de maio, de 17.00 a 19.30 h, #ConectacoaUVigo!

Entra en Campus Remoto coa clave de acceso do estudantado 5b9Uvb

Tes algunha dúbida sobre os graos impartidos na Universidade de Vigo?

O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.

O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.

O xoves 14 de maio, 11 a 18h. Dende o DO recomendamosche invertir unha hora no ámbito de coñecemento que máis te interese: 11 a 12h (Artes e Humanidades), 12 a 13h (Xurídico-Social), 16 a 17h (Ciencias e Ciencias da Saúde) e de 17 a 18h (Enxeñería e Arquitectura).

Acceso: ver a clave en cada sala, entrando nas Xornadas Portas Abertas

Estás en 2º de Bacharelato e tes dúbidas sobre o acceso e a matrícula?

A SIE (Sección de Información ao Estudante) da Universidade de Vigo ten sesións semanais de videochata para resolvelas, a través da plataforma Campus Remoto os xoves de 11.00 a 13.00 h.

Para acceder só tes que premer nesta ligazón e entrar co perfil de estudante indicando o teu nome e a clave pdJK7w57.

2ºESO (alumnado e familias): ORIENTACIÓN ACADÉMICA. Información importante para ir pensando na matrícula de 3º

 

Adxunto un documento con información de orientación académica. Pretende orientar nas eleccións que hai que facer en 3º de ESO e ofrecer unha visión do sistema educativo e das opcións futuras.

Se non se cambia de centro, lembrade que os prazos para a formalización da matrícula en ESO e bacharelato son:

  • Do 1 ó 10 de xullo: Prazo ordinario.       
  • Do 1 ó 10 de setembro: Prazo extraordinario.

Un saúdo,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

HORARIO ABAU (convocatoria ordinaria).

Lembra que podes consultar modelos de exame e toda a información relacionada coa ABAU na páxina: https://ciug.gal/gal

 

 

 Horario de exames da ABAU .

 

 

Modelos de exames ABAU 2020

A CIUG publicou os modelos de exame para as ABAU 2020. Para acceder a eles, premede aquí ou na imaxe.

Tes dúbidas sobre o acceso e as titulacións? Podes participar por Videochat os mércores

A Oficina de Información Universitaria, da USC, desenvolverá os mércores, mentres dure a actual situación de confinamento, sesións de videoconferencia para responder ás dúbidas do alumnado preuniversitario en relación a cuestións sobre o acceso a titulacións de grao. A sesión de videochat desenvolverase todos os mércores entre as 10.00 e as 14.00 horas e, xa en quenda de tarde, dende as 16.00, ata as 19.00 horas.

Se queres máis información sobre como acceder ás videoconferencias, pincha no enlace para ver a nova completa:

https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/oiu-responde-videoconferencia-dubidas-acceso-titulacions

Encontros virtuais da USC: 6, 7 e 8 de abril

Queres máis información da Universidade de Santiago de Compostela, ou dalgún Grao en particular? Participa só, en familia ou cos teus compañeiros/as de clase, nos Encontros Virtuais da USC, durante os días  6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa).

A páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais   

A través dun enlace poderás interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación do teu interese para aclarar dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

Ademais, na web atoparedes:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

Alumnado 2ºBAC: ABAU 7, 8 e 9 de xullo.

   A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a CIUG acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia.

   Seguiremos pendentes das novas que se publiquen en edu.xunta.gal e en ciug.gal. Está a valorarse un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos, e a posibilidade dunha maior opcionalidade, para garantir que o alumnado non se vexa prexudicado por non traballar en clase algún bloque ou bloques de contido dalgunha das materias.

   Gustaríame animarvos a que sigades traballando e a que non tiredes a toalla nestos días, nos que ás veces pode facerse todo máis dificil. Sempre estades a tempo de dar o mellor de vos. 

Un saúdo,

Alba. Orientadora.

ALUMNADO de REFÓRZA-T: 1º e 2º ESO

 

Para aqueles alumnos/as de REFÓRZA-T que teñan interese e disponibilidade, o programa continúa dende a casa de forma telemática.

Se precisades axuda para elaborar esquemas, resumos, organizar o estudo, aclarar dúbidas... ou ben se vos apetece realizar algunha actividade co grupo, estou a vosa disposición.

Podedes contactar comigo escribindo un correo electrónico a: manuellopezrodriguez@edu.xunta.gal

Se non tes posibilidade de contactar por email e precisas axuda, podes deixarme recado no teléfono do centro,  chamando de 10-13h, e valoraremos como axudarte.

Un saúdo, 

Manuel. Profesor do programa REFÓRZA-T.

Distribuir contido


by Dr. Radut