Skip to Content

Orientación

O alumnado de Bacharelato achégase á universidade

Onte deu inicio no noso instituto o ciclo de charlas científico-divulgativas que as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela ofertan ao alumnado de Bacharelato para achegalo aos estudos universitarios, ás investigacións que desenvolven nos seus centros e ás saídas profesionais que poden ter nun futuro non tan afastado. Así mesmo, estas xornadas organizadas polo Departamento de Orientación e os Departamentos Didácticos do IES tamén procuran informar e orientar o alumnado como futuro estudante universitario, para que poida elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.

Que se fai na Informática industrial?

Esta foi a temática que Manuel Pérez Cota, Catedrático do Departamento de Informática da Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo, abordou onte co alumnado de 2º BACH A na primeira das charlas do ciclo. O profesor deu a coñecer os principais avances na informática industrial, desde a utilización dos computadores ata a impresión 3D, facendo ver como é posible que se deseñe calquera cousa utilizando unha computadora e seguindo o seu proceso ata que se fabrica con control por computadora. Entender o marabilloso mundo da programación para sistemas industriais de control, visión artificial, internet das cousas (IoT), robots, etc.

Resolución da Iniciativa Arco, programa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación

A Consellería de Educación vén de publicar a resolución definitiva da Iniciativa Arco, programa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación polo cal o IES de Soutomaior contará cun/cunha docente para desenvolver medidas de inclusión educativa en 1º ESO.

arco

Este programa está financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación FSE Galicia 2014-2020).

Matrícula nos ciclos de FP

Tes praza adxudicada nun ciclo de FP?

O alumnado que tivese praza adxudicada terá que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación. No periodo actual (ordinario 1ª adxudicación): ata o 27 de xullo ás 13h.

Para efectuar esta matrícula deberán obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática. 

Para o 1º curso do réxime ordinario poderase realizar a solicitude/reserva a través de internet, pero o centro (durante a primeira semana de clase) solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Polo que, segundo a túa disponibilidade, podes facer a matrícula online (pendente de entregar documentación) ou  acudir ao centro xa para entregar toda a documentación e deixar a matrícula completada. Neste caso, é recomendable que chames antes ao centro e sigas as indicacións que te dean.

De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada, perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.

Tes praza pero nun ciclo pero non era o que máis che interesaba?

Tes que decidir se matricularte (asegurando a praza nese ciclo) ou non, para poder optar ao ciclo de maior preferencia, pois o feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada.

Ao renunciar a unha praza adxudicada perdes os dereitos nela, permanecendo no proceso de admisión, á espera de que poda ser adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade.

Lembra que o día 29 de xullo publicarase a segunda relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior. As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 29 ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. 

Non obtiveches praza nos ciclos que solicitaches?

Xa podes consultar as listaxes dos ciclos con prazas liberadas: https://www.edu.xunta.gal/fp/node/15911

Mira a lista completa porque hai máis, pero modo de exemplo, entre os ciclos con prazas libres que figuran pola zona tes:

CICLOS MEDIOS: 

Instalacións de telecomunicacións e Xestión administrativa (IES Pedro Floriani, Redondela).

Servizos en restauración (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra)

Impresión gráfica e Preimpresión Dixital (IES Montecelo, en Pontevedra).

CICLOS SUPERIORES:

Administración e finanzas (IES Pedro Floriani, Redondela)

Sistemas electrotécnicos e automatizados (IES Frei Martín Sarmiento, Pontevedra).

Administración e finanzas (IES Plurilingüe A Paralaia, Moaña).

Consulta os ciclos con prazas libres, e se te interesa algún entrega persoalmente ou por persoa autorizada o anexo I ou II (segundo corresponda), xunto coa documentación necesaria, no centro que teña a praza liberada.

Lembra que tes toda a información na web da Xunta, podes descargar directamente aquí as INSTRUCCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN.

ACCESO A CICLOS DE FP

A data de hoxe, os interesados/as que cumpríchedes os requisitos en xuño, xa deberíades ter feita a solicitude e aparecer nas listaxes de solicitantes (pendentes de publicar as listaxes definitivas, tras o período de reclamación). A partir de agora é importante estar pendentes durante todo o calendario das páxinas oficiais.

Tanto se xa fixeches a solicitude como se pensas facela en setembro: fíxate no calendario e nas instrucións xerais porque o proceso será o mesmo.

Que datas debo ter en conta a partir de agora?

Mira o calendario completo, pero agora toca atender especialmente a:

1ª Adxudicación e Matriculación: do 21 de xullo ao 27 ás 13h.

2ª Adxudicación e Matriculación (para quenes non se matricularan na 1ª): 29 ao 31 de xullo ás 13h.

Como accedo a información durante o proceso de admisión?

En todas as listaxes de FP que sexa necesario publicar que conteñan datos persoais, será substituído o número do documento oficial de identidade e o nome e apelidos polo código persoal de consulta (CPC). Tede este código sempre a man. Se o perdedes ou tedes problemas para obtelo na aplicación, podedes ler as instruccións de como facelo aquí: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/8853

Que páxinas debo consultar para informarme do proceso e resolver dúbidas?

- Páxina oficial da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021
  Abaixo de todo podes ver a lista de solicitudes (e despois irán saíndo, segundo o calendario, as seguintes listas: listas de admitidos na primeira matriculación, na 2ª, etc).
- Acceso á aplicación informática (onde podes entrar, e ver a túa solicitude o código, co que poderás ver se estás nas listas, se te admiten no ciclo, etc): https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision/

ACCESO Á UNIVERSIDADE: actualización 16/07/20

A raíz da ABAU xurdiron no alumnado algunhas dúbidas sobre o acceso, no tocante por exemplo á indicación de que "Despois de cada chamamento e durante o periodo de matricula, o alumnado que non se matricule deberá confirmar en NERTA o interese en continuar nas listaxes da CIUG".

 Recoméndovos o seguinte:

1. Ver este novo video publicado pola UDC sobre a preinscripción no SIUG. Tal e como aí se explica, a idea é que, vos matriculedes ou non, sempre tedes que reconfirmar o interese (se non deixaríades de estar en lista de agarda). 

2. Estar moi atentos/as aos prazos do proceso ao longo do verán.

O 20 de xullo empeza a preinscrición no Sistema Universitario Galego. A referencia é sempre o calendario actualizado na CIUG: https://www.ciug.gal/PDF/calendarioabauacceso20.pdf

3. Consultade se tedes dúbidas. Podedes facelo conectándovos en directo nas videochamadas dos xoves pola mañá, ou ben consultando coa CIUG (web e LERDs asignados en cada Campus) ou nas Universidades.

LERD 7
Campus de Pontevedra

986 801 949
asc-po@uvigo.es

LERD 5
Campus de Vigo - SIE

986 813 630
986 813 755
sie@uvigo.es

Ciclos FP: aberto o proceso de admisión

Importante: le este DOCUMENTO RESUMO para saber como tes que facer a solicitude.

Calendario de admisión: Podedes descargalo premendo aquí  ou acceder a toda a información na páxina oficial: http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703   

Prazo: o prazo comeza o 25 de xuño. Teredes aberta a aplicación online ata o 8 de xullo ás 13:00: https://www.edu.xunta.es/ciclosadmision

Actualización do 24/06/20: publicada a oferta actualizada de ciclos para o vindeiro curso e as Instrucións de admisión.

Mira a oferta dos Ciclos organizada por localidades.

Podes consultar as Instrucións Xerais do Proceso de Admisión e ver o video explicativo para entender como facer a solicitude:

Acceso a Arte Dramático, Deseño, Conservación e Restauración.

  •  Publicadas as Instrucións para o acceso ás seguintes ensinanzas. Se estás interesado no acceso, consulta á web da Consellería ou pregunta directamente no Departamento de Orientación.

-  Ensinanzas superiores de Música para o curso 2020/2021- Ensinazas superiores de Deseño para o curso 2020/21.- Ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2020/2021

        - Ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2020/2021

    3º ESO: información para o alumnado que vai escoller en 4º a opción B (Iniciación á FP).

    Vas escoller en 4º a opción B (Formación Profesional) e queres saber máis sobre as materias? 

    No seguinte documento poderás ver un resumo de Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional e de Iniciación á Actividade Emprendedora. Se desexas ampliar a información, consulta co Departamento de Orientación.

    Queres estudar un Grao e aínda non te decides, ou queres saber máis sobre o que escolliches?

    Se non participaches nas Xornadas virtuais da Universidade de Coruña no mes de abril, e queres ampliar a información sobre algún Grao, a Universidade da Coruña editou as videoconferencias de cada Grao.

    Anímate a acceder pinchando aquí e consultando os Graos que che interesen.

    Distribuir contido


    by Dr. Radut