Skip to Content

Matrícula nos ciclos de FP

Tes praza adxudicada nun ciclo de FP?

O alumnado que tivese praza adxudicada terá que matricularse no período de matrícula da correspondente adxudicación. No periodo actual (ordinario 1ª adxudicación): ata o 27 de xullo ás 13h.

Para efectuar esta matrícula deberán obter o modelo de impreso de solicitude de matrícula que estará dispoñible en http://www.edu.xunta.es/fp. Este documento, cuberto coa matrícula e asinado, deberá entregarse persoalmente ou por persoa autorizada no prazo de matrícula establecido para a correspondente adxudicación no centro en que lle fose adxudicada a praza en que se vaia matricular. Así mesmo, está dispoñible o servizo de reserva/matrícula de praza a través da aplicación informática. 

Para o 1º curso do réxime ordinario poderase realizar a solicitude/reserva a través de internet, pero o centro (durante a primeira semana de clase) solicitaralle ao alumnado matriculado por este procedemento a xustificación do pagamento do seguro escolar e a documentación. Polo que, segundo a túa disponibilidade, podes facer a matrícula online (pendente de entregar documentación) ou  acudir ao centro xa para entregar toda a documentación e deixar a matrícula completada. Neste caso, é recomendable que chames antes ao centro e sigas as indicacións que te dean.

De non efectuar a matrícula no prazo correspondente á praza adxudicada, perderá o dereito á súa praza e só poderá matricularse no caso de existir prazas vacantes.

Tes praza pero nun ciclo pero non era o que máis che interesaba?

Tes que decidir se matricularte (asegurando a praza nese ciclo) ou non, para poder optar ao ciclo de maior preferencia, pois o feito de renunciar á adxudicación dunha praza do réxime ordinario é condición indispensable para permanecer na listaxe de espera dos ciclos de maior preferencia que a praza adxudicada.

Ao renunciar a unha praza adxudicada perdes os dereitos nela, permanecendo no proceso de admisión, á espera de que poda ser adxudicada algunha das opcións de maior prioridade que a adxudicada. A renuncia afectará á praza adxudicada e a todos os ciclos sinalados en lugares posteriores na solicitude. A renuncia deberase realizar a través de internet na aplicación informática que se atopa no enderezo web http://www.edu.xunta.es/fp, seguindo o procedemento que se habilite para esta finalidade.

Lembra que o día 29 de xullo publicarase a segunda relación ordinaria de prazas adxudicadas en cada ciclo formativo de grao medio ou superior. As persoas con praza adxudicada deberanse matricular no prazo abranguido desde o día 29 ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. 

Non obtiveches praza nos ciclos que solicitaches?

Xa podes consultar as listaxes dos ciclos con prazas liberadas: https://www.edu.xunta.gal/fp/node/15911

Mira a lista completa porque hai máis, pero modo de exemplo, entre os ciclos con prazas libres que figuran pola zona tes:

CICLOS MEDIOS: 

Instalacións de telecomunicacións e Xestión administrativa (IES Pedro Floriani, Redondela).

Servizos en restauración (CIFP Carlos Oroza, Pontevedra)

Impresión gráfica e Preimpresión Dixital (IES Montecelo, en Pontevedra).

CICLOS SUPERIORES:

Administración e finanzas (IES Pedro Floriani, Redondela)

Sistemas electrotécnicos e automatizados (IES Frei Martín Sarmiento, Pontevedra).

Administración e finanzas (IES Plurilingüe A Paralaia, Moaña).

Consulta os ciclos con prazas libres, e se te interesa algún entrega persoalmente ou por persoa autorizada o anexo I ou II (segundo corresponda), xunto coa documentación necesaria, no centro que teña a praza liberada.

Lembra que tes toda a información na web da Xunta, podes descargar directamente aquí as INSTRUCCIÓNS XERAIS DE ADMISIÓN.



blog | by Dr. Radut