O alumnado de 2º de Bacharelato do IES asistiu a unha charla sobre a Universidade e a ABAU impartida por María Teresa Flores Arias, docente da Universidade de Compostela (USC).
Esta actividade forma parte do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” e ten o obxectivo de informar e orientar o alumnado, como posible futuro/a estudante universitario, para que poida coñecer e elixir os estudos que máis se adapten ás súas preferencias.
O fío condutor da charla foron as probas de acceso á Universidade (ABAU) e a difusión do que é a Universidade de Santiago de Compostela (titulacións, investigación, residencias, servizos académicos, culturais, deportivos, asociativos, etc).
Resoltas algunhas dúbidas sobre a ABAU, proba que terá lugar os días 9,10 e 11 de xuño, queremos seguir animando ao alumnado de 2º de Bacharelato, dende a certeza de que esforzo e a constancia no traballo ao longo deste curso serán as claves que lles facilitarán o éxito.