Skip to Content

PARA TODO O ALUMNADO E FAMILIAS

Dende o Departamento de Orientación queremos enviar moito ánimo a todo o alumnado e as súas familias. Dada a excepcionalidade desta situación, moitos dos prazos deste ano (ciclos, probas de acceso, ABAU...) poderán sufrir cambios, dos que iremos informando se é o caso. 

Por agora, toca quedar na casa e coidar o noso estado de ánimo, para o que vos propoño ter en conta unhas premisas básicas:

- PLANIFÍCATE: A nosa vida está cambiando dun xeito importante estes días. Por un tempo, imos ter que modificar as nosas rutinas e, o que en principio pode parecer ata divertido, pode levarnos ao desánimo. Pensa en actividades que te gustaría facer (aquelas para as que normalmente non temos tanto tempo) pero non pases todo o día facendo a mesma cousa. Non o deixes á improvisación. Escribe e cumple un horario, pois as rútinas son útiles para repartir o tempo nas distintas actividades: traballos escolares, tarefas de orden e limpeza da casa, deporte, ler, ver unha película...

- SÉ CREATIVO/A: aproveita o tempo libre para facer actividades como pintar, crear unha canción, unha historia escrita, o guión dunha obra de teatro...

- MANTÉN OS CONTACTOS: falar coa túa xente pode axudar, pero ollo con agrandar os medos. Evita, na medida do posible, falar sempre do mismo tema. Se queres saber o que está pasando, adica un tempo a informarte (ver as noticias, páxinas oficiais como www.mscbs.gob.es ou www.sergas.es ) pero non estés todo o día falando do mesmo.

- MÓVETE: se pasan os días e non atopas o momento obrígate a reservar un horario para facelo. Ten en conta que o exercicio físico, ademáis de manternos en forma, axuda a reducir síntomas de tristeza ou inquedanza, que poden aparecer nesta situación que estamos a vivir. Podes atopar moitas propostas na páxina principal do IES, no apartado "Educación Física" do teu curso.

- APROVEITA PARA CRECER COMO PERSOA: nos momentos de crise como este, pode saír o mellor das persoas. Por unha banda, aceptando ficar na casa por un ben común, pensamos nos demáis e non só en nós mesmos. Por outra, tes o reto de facilitar a convivencia o máis posible. É tempo de ceder, de ter paciencia, de non querer levar sempre a razón, de tirar polos teus se os ánimos baixan...Coida moito o que pensas e sintes, e como falas cos demáis. Se te pode a tristeza ou o enfado, se estás irritable cos da casa: dalle unha volta, usa o humor, reflexiona, pide desculpas...Nun tempo será bonito lembrar como vos axudáchedes e que esta crise sacou o mellor de ti.

Por último, podes aproveitar para continuar, con máis tempo e calma, o proceso de reflexión sobre as distintas opcións académicas e profesionais, para o que se irán subindo distintas novas a este blog.

Un saúdo a todos/as,

Alba. Orientadora do IES de Soutomaior.

   

 



blog | by Dr. Radut