Skip to Content

O IES de Soutomaior visita a Área Portuaria de Marín

Os alumnos/as de economía de 1º e 2º de bacharelato e os alumnos de FOPP de 4º da Eso visitaron en Marín a empresa familiar e asteleiro NODOSA como actividade organizada polo Departamento de Economía.

Participaron en charlas organizadas polo persoal do astilleiro e disfrutaron dunha agradable visita ás súas instalacións con varios buques en construcción e outros en reparación. Tamén puideron testar de primeira man as tarefas e a atmósfera de traballo.

A continuación visitaron a Autoridade Portuaria de Marín, da man da Xefa de Comunicación María Eyo, para coñecer a súa estructrura e funcionamento.

O centro quere agradecer a implicación de Rosa Isorna Potel, profesora de Economía e a Giuseppe Branca, profesor que a acompañou nesta visita.

 

                          

 

NODOSA ten a súa orixe origen hai máis de 40 años como empresa auxiliar do metal. En 1.982 inaugura os seus talleres de calderería e a comezos dos anos 90 adquire a concesión  duns pequeños varadeiros. Tras sucesivas fases de crecemento e ampliación, os primeros conviertense na factoría, e os segundos no gran astilleiro que podemos ver hoxe en día.

Celebración do Entroido 24

O venres 9 de febreiro, para celebrar unha festa tan típica da nosa terra, o IES de Soutomaior celebrou un concurso de comparsas na que participaron case tódos os grupos do noso centro.

Coa cordinación dos titores e a axuda dos profes máis comprometidos con esta festa, cada clase escolleu unha comparsa relacionada cunha película ou serie do seu gusto. A rapazada preparou unha actuación consistente nunha coreografía cunha canción escollida por eles de fondo.

Despois de tódalas postas en escea, incluida a dos profesores, procedeuse á entrega de premios.

Queremos agradecer a implicación de todo o profesorado e o interese do alumnado. As comparsas este ano foron xeniais.

             

O Xurado decidindo os gañadores                                                                  Os gañadores deste ano. Noraboa!!


Todas as fotos do entroido pódense consultar na seguinte ligazón

Tódalas fotos das comparsas pódense consultar na seguinte ligazón

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo.
  • Solitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro coa documentación adxunta.
    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
  • A información relativa a esta solicitude encóntrase tamén adxunta:
  1. Calendario de datas.
  2. Normativa.
  3. Solicitudes.
  4. Criterio Complementario de admisión.
  5. Oferta de prazas.
  6. Información ás familias.

 

 

ABRAHAM CUPEIRO "Resoando no pasado"

Este venres 26 de xaneiro, no IES de Soutomaior, tivo lugar a presentación do Proxecto "Resoando no pasado" da man do espectacular músico Abraham Cupeiro para o alumnado de 3º ESO.

Abraham Cupeiro é un músico galego, multiinstrumentista e constructor de diversos instrumentos perdidos no tempo cos cales realiza unha búsqueda de novas sonoridades. Destaca por tocar instrumentos tan antigos como o Karnyx (trompeta celta pertencente á Idade de Ferro) ou a corna.

Nesta charla concerto, Abraham Cupeiro fixo un percorrido por distintos instrumentos pertencentes a diferentes épocas ancentrais. O músico posúe un montón de instrumentos de vento que mostrou ao alumnado, tanto de xeito visual coma de xeito auditivo, interpretando fragmentos musicais de moi diversos estilos. Conseguiu manter a atención do alumnado e captar a súa atención coas sonoridades tan diversas coma as da caracola, a pluma ou incluso coa palliña coa que comezou o concerto. 

Moitas grazas ao Concello de Soutomaior por ofertar esta actividade tan interesante ao noso alumnado. 

O alumnado do IES de Soutomaior volve de Inglaterra

O 21 de xaneiro de madrugada chegaban os alumos e alumnas de 1º de bacharelato que participaron no programa de inmersión lingüística.

Este ano, o destino escollido foi Peterborough. Unha vila cun núcleo pequeno pero que deixou pegada a cada un dos integrantes do grupo. Todos os estudantes dormiron e viviron en casas de acollida tendo que poñer en práctica o seu inglés para poder comunicarse no seu día a día.

Nesta viaxe non faltaron as excursións: Cambridge, Stamford e, por suposto, Londres.

Dende o centro queremos agradecer a Irene Alonso Agasalla do Departamento de Inglés pola organización da actividade e pola implicación para que todo se desenvolvera do mellor xeito posible.

See you next year :)

 

 

Na galería da páxina web temos máis imaxes colgadas.

Viaxe de Inmersión Lingüística

O vindeiro luns, parte do alumnado de 1º de Bacharelato do IES de Soutomaior fai as maletas para viaxar a Inglaterra e así ter unha experiencia de inmersión lingüística.

O destino será unha vila preto de Cambridge chamada Peterborough na que tanto o profesorado como o alumnado, aloxarase en casas con familias inglesas ("host families").

Nesta entrada está adxunto o plan de viaxe coas actividades que realizaremos durante a semana (do 15  ao 21 de xaneiro).

A experiencia promete e desexamos aos integrantes do grupo que teñan unha boa viaxe.

Actividades de Nadal

O Departamento de Inglés organizou para o derradeiro día lectivo do primeiro trimestre varias actividades dirixidas aos máis pequenos do centro.

No recreo, tivo lugar no patio cuberto unha actividade na que os diferentes cursos de 1º da ESO interpretaron panxoliñas típicas en inglés.

                 

Por otra banda, na última semana antes das vacacións estiveron expostas velas típicas de Nadal deseñadas polo alumnado de 1º da ESO, que formaron parte dun concurso.

As fotos co alumnado premiado e coas actuacións están expostas na galería.

Charla "Internet das cousas" no IES de Soutomaior

O Departamento de Tecnoloxía, organizou para o 21 de decembro unha charla na que a profesora da facultade de Enxeñería de Telecomunicacións da Universidade de Vigo Rebeca Díaz Redondo, falou do Internet das cousas ao alumnado de 2º de bacharelato A.

Nesta hora, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer o funcionamento da transmisión da información entre dispositivos electrónicos e tamén puido coñecer cal van ser os seguintes pasos no seu desenvolvemento.

 

Estamos moi agradecidos coa poñente por terse acercado ao noso instituto.

 

Charla con 4º da ESO: "Redes Sociais e ferramentas virtuais en galego".

O xoves 21 de decembro de 2023 tivemos o inmenso orgullo de contar co relator Borja González Castro, fundador da asociación “ Orgullo Galego” que veu ao noso centro a falarlle ao alumnado de 4º da ESO das redes sociais en galego e da importancia da nosa lingua nestes medios. Sendo este un tema que muita mocidade descoñece hoxe en día, é vital que saiban da existencia destas ferramentas e sitios na rede xa que as grandes multinacionais eclipsan e marxinan a nosa lingua. Co fin de darlle visibilidade ao galego nesta mundo virtual, é importante que se espalle esta información e que o propio alumnado se faga embaixador do activo desta información.

O EDLG continúa traballando co alumnado para que a mocidade coñeza, use e se comprometa en todos os eidos sociais nos que o galego parece estar ausente. De nós depende a súa presencia, o medre do seu uso e o orgullo de contar con unha lingua propia no noso país.

Proxecto Resiliencia

Hai visitas que se agardan sempre con moita ilusión. Un exemplo tivémolo o xoves pasado, día no que contamos no centro coa colaboración dunha exalumna, Abril Alves.

Na actualidade Abril atópase estudando o 2º curso do Grao de Pedagoxía na Universidade de Salamanca. Pese a distancia que nos separa desa cidade, achegounos unha proposta baixo o nome de "Proyecto Resiliencia" que veu a presentar a semana pasada.

Durante unha sesión Abril comentoulle ao alumnado de 2º de Bacharelato como afrontou ela ese curso tan complicado. Aportoulles consellos e recomendacións sobre diversos temas como as técnicas de estudo, a elaboración de apuntamentos ou a importancia do descanso.
Ademais, o alumnado tivo un espazo para consultar as súas dúbidas e ter unha visión máis próxima da vida tras a etapa secundaria.

 

Agradecer a Abril a súa visita. Agardamos tela de novo con nós moi pronto.

Distribuir contido


by Dr. Radut