Skip to Content

Blogue de Música

ABRAHAM CUPEIRO "Resoando no pasado"

Este venres 26 de xaneiro, no IES de Soutomaior, tivo lugar a presentación do Proxecto "Resoando no pasado" da man do espectacular músico Abraham Cupeiro para o alumnado de 3º ESO.

Abraham Cupeiro é un músico galego, multiinstrumentista e constructor de diversos instrumentos perdidos no tempo cos cales realiza unha búsqueda de novas sonoridades. Destaca por tocar instrumentos tan antigos como o Karnyx (trompeta celta pertencente á Idade de Ferro) ou a corna.

Nesta charla concerto, Abraham Cupeiro fixo un percorrido por distintos instrumentos pertencentes a diferentes épocas ancentrais. O músico posúe un montón de instrumentos de vento que mostrou ao alumnado, tanto de xeito visual coma de xeito auditivo, interpretando fragmentos musicais de moi diversos estilos. Conseguiu manter a atención do alumnado e captar a súa atención coas sonoridades tan diversas coma as da caracola, a pluma ou incluso coa palliña coa que comezou o concerto. 

Moitas grazas ao Concello de Soutomaior por ofertar esta actividade tan interesante ao noso alumnado. 

PROGRAMACIÓN MÚSICA 4º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 4º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

PROGRAMACIÓN MÚSICA 2º ESO - CURSO 2023/24

Benvidas e benvidos ao Departamento de Música, 

Nesta entrada de blogue, déixovos colgada a Programación de Música para 2º da ESO neste curso escolar. 

Un saúdo, 

Paula

 

PROGRAMACIÓN 3º ESO - CURSO 2023-24

BENVIDA A TODAS E TODOS,

Aquí deixo colgada a Programación de Música de 3º da ESO para o presente curso escolar.

Por outra banda, ao ser profe de Proxecto Competencial en 3º da ESO, tamén vos deixo "Música e Movemento"

Un saúdo,

Paula Veiga

BENVIDA e PROGRAMACIÓNS MÚSICA 2021-22

Dende o Departamento de Música queremos desexarlle a todo o alumnado do IES de Soutomaior un marabilloso comezo de curso. Moito ánimo a todos e todas e agardo este novo curso 2021-22 con moitísima ilusión. 

Paula  

 

Déixovos a continuación os enlaces ás Programacións deste novo curso escolar:

PROGRAMACIÓN DE MÚSICA NA ESO

PROGRAMACIÓN DE LPM EN BACHARELATO 

Talleres de Ecopercusión

Máis imaxes aquí.

Neste curso tan atípico no que non puidemos gozar do proceso de creación e interpretación da "Música", estes talleres trouxéronnos lembranzas de tempos mellores que botamos moito de menos. 

Todo pasará... pero mentres tanto... nós seguiremos intentando disfrutar da Música, tal e como deixamos constancia nos vídeos que compartimos con todos vós nos enlaces seguintes: 

Unha aperta a tod@s!

PROGRAMACIÓNS MÚSICA CURSO 2020-21

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

BO VERÁN A TOD@S!!!!

Esta será a última entrada de blogue dende Música. 

Quería despedirme de todos vós: sei que foi un curso atípico, cheo de incertidume e difícil de levar algunhas veces. Pero en xeral, fixéchedelo moi ben!!! Eu síntome moi orgullosa de ser profe no IES de Soutomaior, porque o seu alumnado é excepcional. 

Agora, intentade disfrutar do verán, con sentidiño porque o "virus" convive con nós, pero disfrutade. Aproveitade para estar cos amigos/as, coa familia, tomar o sol, ler, escoitar música, relaxarse e respirar aire puro porque non sabemos se todo vai ir ben ou teremos que voltar a encerrarnos nas nosas casas. 

Grazas a tod@s os que semana tras semana estabades aí, ao outro lado do ordenador. Grazas por non tirar a toalla e seguir intentando rematar o curso. Grazas polos vosos correos (non moitos, pero algún recibín) de ánimo preguntándome como estaba (eu a miña familia). Grazas por todo, e sobre todo, por ser como sodes!!!!

Se algún quere despedirse individualmente, xa sabedes: pvsertal@gmail.com

Aos demáis: MOI BO VERÁN!!!!

ATA O CURSO QUE VÉN!!!!

Paula

SEMANA DO 8 - 12 XUÑO

OLA A TOD@S,  

XA CASE REMATAMOS!!!!

ÁNIMO RAPACES, que o estades a facer moi ben. 

Esta semana, as tarefas para 2º da ESO e 4º da ESO son as mesmas que a semana pasada (lembrade que vos din de prazo ata o 12 de xuño). Os de 3º da ESO tedes unha nova tarefa "lúdica" que me teredes que enviar ao meu correo. 

Lembrade: o meu correo é pvsertal@gmail.com

2º ESO:

A tarefa de repaso: esta é a última tarefa de Música (non estades content@s?). Ben, a tarefa vai consistir en que repasedes os 5 temas que tedes na libreta (os 5), e a continuación, cubrades o cuestionario online que vos enlazo aquí: cuestionario 2º ESO: Temas 1-5. Lede ben os temas, con calma, e cando xa os teñades todos repasados, cubrides o cuestionario (ollo porque son 40 preguntas, así que tomádeo con calma). O prazo máximo de entrega é o 12 de xuño ás 14:00h.

tarefa de ampliaciónxa vola expliquei hai tres semanas (de feito, algúns de vós xa a entregáchedes). Consistía en elexir un estilo musical e un grupo musical baseado no vídeo explicativo de hai tres semanas (non ten por que aparecer no vídeo) e facer un pequeno traballo no formato que queirades (en word, na libreta, en Power Point, etc) sobre ese grupo: a que estilo pertence, cando nace o grupo, as súas cancións máis importantes, etc... Para este traballo tiñades ata o 5 de xuño!!!! Se vos quedou sen entregar e vos apetece, amplío o prazo ata o 12 de xuño!!!

3º ESO:

A tarefa de repaso. Esta semana a tarefa consiste en visualizar o vídeo da canción de Rozalén "Aves enjauladas" que vos vinculo directamente sobre o título. Lede ben a letra e reflexionar sobre o que di. A tarefa consiste en enviarme un correo coa vosa reflexión: se estades de acordo co que di, se vos sentíchedes así como di a letra, se aprendéchedes algo sobre vós mesmos co confinamento, etc   

A tarefa de ampliación desta semana é a mesma que a da semana pasada por se vos quedou sen entregar e vos apetece. Consiste en visualizar o Power Point sobre o s. XIX e XX que vos adxunto nesta entrada de blogue. A actividade consiste en escoitar as audicións que están no Power Point e contestar ás seguintes preguntas nun correo: 

  • Que movemento musical os gusta máis dos que aparecen no Power Point despois de escoitar as audicións?
  • Con que obra ou compositor vos quedariades ou vos gustou máis? Por que? 

Para a tarefa de ampliación tendes de prazo ata o 12 de xuño!!

4º ESO

Tarefa de repaso: é a mesma que a da semana pasada: rematamos o repaso de Linguaxe Musical, así que esta tarefa será a última que fagamos, non estades content@s??. A actividade consiste en que visualicedes o Power Point que vos colgo nesta entrada do blogue: "As mulleres ao longo da Historia da Música: as mulleres galegas na actualidade" , que escoitedes as audicións que están enlazadas no Power Point con calma, e que unha vez rematadas todas, me fagades un "traballiño" sobre que muller elexides, o por que da vosa elección e con que canción vos quedariades de todas as que ten. Prazo: 12 de xuño ás 14:00h. Tedes tempo, así que tomádeo con calma!!!!

A tarefa de ampliación Non hai tarefa de ampliación esta semana. Os que non entregastes a tarefa de ampliación a semana pasada e vos apetece, douvos unha semana máis. Traballo sobre Alma Mahler: consiste en buscar información sobre Alma Mahler e realizar un pequeniño traballo sobre ela en calqueira formato (libreta, word, Power Point, etc) .... o último prazo para este traballo de Alma Mahler será o 12 de xuño.

 

 UNHA APERTA A TOD@S!!! 

 MOITO ÁNIMO E MOITAS GRAZAS POR SEGUIR AÍ UNHA SEMANA MÁIS!!!!

 ATA A SEMANA QUE VÉN!!

Distribuir contido


by Dr. Radut