Skip to Content

Blogue de admin

Acto de gradación 2º de Bacharelato. Promoción 21-23

Tras dous anos de tensión, esforzo e superación por fin o alumnado puido celebrar o fin dunha etapa trascendental para a súa formación.

O acto tivo lugar nos xardíns do Castelo de Soutomaior, un lugar ideal onde alumnado e familiares puideron presenciar a un momento moi emotivo e trancendental dos seus seres queridos.

Dende o centro queremos agradecer a axuda e protagonismo do alumnado e familias á hora de organizar o evento. As súas recomendacións foron esenciais para que todo transcurrira satisfactoriamente gardando na nosa retina un recordo marabilloso. Agora toca disfrutar das vacacións e mentalizarse e organizarse de cara o vindeiro curso no que haberá moitos cambios.

Dende o IES de Soutoior desexámosvos o mellor.

 

As fotos do evento as podedes consultar na galería.

 

Calendario final da ESO. Curso 22-23

CALENDARIO FINAL DA ESO. CURSO 22/23

1. Finalización da convocatoria ordinaria

- Mércores 21 de xuño

2. Entrega de boletíns de notas

- Comunicación ABALAR: luns 26 De xuño

- Entrega no centro: luns 26 de xuño

  • Tódolos cursos ás 10:00 h polo profesorado titor na aula de referencia.
  • No caso de que haxa alumnado que non poida recoller o boletín de notas o luns 26 de xuño, poderá pasar a recollelo nos seguintes días.
  • Xunto co boletín de notas farase entrega da documentación para a matrícula do seguinte curso. En caso de non pasar a recollela, poden atopala na web.

3. Reclamacións

- 27 e 28 de xuño: de 9 a 14h.

Atención a alumnado e responsables (segundo a dispoñibilidade do profesorado).

Concerto de fin de curso 22-23

O martes 20 de xuño tamén estivo cheo de actividades co motivo do remate deste curso.

Nada mais comenzar a tarde, todo o alumnado presente no centro baixou ao ximnasio para presenciar as actuacións que prepararon na materia de música e en moitos recreos das últimas semanas. O público empatizou c@s protagonistas en todo momento mantendo un respectuoso silencio, aplaudindo e dando ánimos segundo correspondía.

Paula Veiga organizou e dirixiu o evento coma tódolos anos. Tamén participou tocando o piano nalgunhas das obras representadas.

Cómpre destacar a valentía dos participantes ao subirse ao escenario diante de todo o mundo, xa que grazas a eles este tipo de actividades son posibles.

 

                 

O resto das imaxes podémolas ver na galería

 

Fin de Curso 22-23. Actividades de acrosport

Os Departamentos de Educación Física e Música estiveron traballando moito co alumnado para poder celebrar nestes últimos días do curso, unhas actividades moi diferentes das habituais coas que toda a comunidade educativa puidemos disfrutar.

O luns 19, despois do recreo, tiveron lugar as diferentes actuacións de baile e acrosport. O público quedou abraiado pola entrega dos participantes que se creceron no escenario sacando o mellor de eles.

 

               

 

               

               

Despois das actuacións de 4º da ESO,  Sandra Soliño e Iria Pérez dedicaron unhas palabras de apoio e despedida aos seus titorandos e titorandas, pois algúns deles continuarán os seus estudos lonxe do IES de soutomaior. 

Moito ánimo e sorte a tod@s el@s.

 

 

Proxecto competencial de 1º da ESO

Neste curso 22-23 o Departamento de Bioloxía cursou a materia de proxecto competencial en 1º da ESO atendendo contidos relacionados da materia dende un punto de vista máis práctico. Deste xeito procúrase que o alumnado adquira uns hábitos máis saudables de cara o coidado persoal, do grupo e do medio ambente.

Xa nos últimos días do curso, estiveron expostos no centro algúns dos traballos realizados visualizando problemas medioambientais como a xestión de residuos, como reducir o consumo enerxético, a presenza de microplásticos no ecosistema e nos organismos vivos e a proliferación sen control de especies invasoras introducidas no noso biotopo.

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía tamén leva uns anos traballando duro para manter o entorno do centro. E coa axuda do alumnado, ano a ano, vai conseguindo medrar unha horta que este curso tamén deu e dará os seus froitos.

Máis fotos na galería de imaxes do centro.

II Feira da Ciencia de Soutomaior

Un ano máis, a OMIX do Concello de Soutomaior e o IES de Soutomaior veñen colaborando para que un dos acontecementos máis importantes do curso teña lugar. A Feira da Ciencia.

O xoves 4 de maio, o alumnado que estivo a traballar dende as diferentes materias en proxectos relacionados coa investigación e o método científico, puideron saír á Alameda de Talo Río onde o Concello dispuxo unha gran carpa e stans onde o alumnado puidose situar. O obxectivo deste acontecemento e dar á rapazada a oportunidade de contar e explicar outros estudantes, pais e calqueira que se achegara as características do seu proxecto.

                                                       Máis fotos da feira na galería.

Na feira participaron ao igual que na primeira edición, o IES de Soutomaior e o Colexo Santiago Apóstol, mais este ano tivemos novas incorporacións sumándose proxectos moi interesantes de institutos de Redondela.

O noso alumnado presentou os seguintes proxectos:

  • Compost IA.                                                                                              
  • ¡¡Descubrindo a tecnoloxía!!
  • O solo como ecosistema. Importancia da vexetación e efectos da contaminación.
  • A estrada dos semáforos tolos.
  • Mito ou realidade: a cocacola e o vinagre estropean os nosos dentes?
  • Espirómetro ALNAUXCAN.

O 21 de xuño, dentro das actividades de fin de curso, o alumnado puido recibir por fin os premios concedidos polo xurado. Noraboa a todos os participantes e, por suposto, unha mención especial tamén ao profesorado que axudou e dirixiu os proxectos.

Fotos da entrega de premios na galería.

Saída didáctica A Coruña

Non podemos finalizar o curso sen lembrar a saída que realizou o alumnado de 3º da ESO e parte do alumnado de 4ºESO o 18 de maio á cidade Herculina.

Temos que agradecer ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía, o Departamento de Educación Plástica e Visual e o Departamento de Xeografía e Historia a organización da actividade. Esta estivo motivada para darlles a oportunidade de coñecer unha das capitais máis fermosas da nosa comunidade. Pero tamén, sen dúbida, a visita estivo acompañada de elementos culturais e didácticos que xustificaron este esforzo.

Debido a que era un grupo ben numeroso, o alumnado dividiuse en grupos máis pequenos realizando pola mañá unha visita ao Castelo de San Antón (museo arqueolóxico) e un roteiro cultural por puntos importantes da cidade.

Xa pola tarde 3º da ESO dirixiuse ao museo do DOMUS e o alumnado de 4º da ESO aproveitou a presenza no museo de Belas Artes de Coruña da exposición "Picasso blanco en el recuerdo azul" e tiveron o privilexo de contemplar parte da obra de uns dos pintores máis influíntes do século XX.

Dende o centro queremos agradecer a Alba Loureiro, Lucía López Senín, Damián Otero e Ana Aguiar o seu esforzo acompañando e organizando esta fantástica aventura.

Máis fotos na galería

Documentación matrícula 23-24

Esta entrada existe únicamente para colgar a información

Matrícula 2023-2024: calendario e documentación

Calendario de matrícula

CURSO DATA HORARIO
2º BACH 29 de xuño 08:30 a 14:30
1º BACH 30 de xuño 08:30 a 14:30
4º ESO 3 de xullo 08:30 a 14:30
3º ESO 4 de xullo 08:30 a 14:30
2º ESO 5 de xullo 08:30 a 14:30
1º ESO 6 de xullo 08:30 a 14:30


Instrucións para formalizar a matrícula (prema no curso correspondente):

1º ESO 3º ESO 1º BACH
2º ESO 4º ESO 2º BACH

Impresos da matrícula (prema no curso correspondente):

1º ESO 3º ESO 1º BACH
2º ESO 4º ESO 2º BACH

Impresos comúns:

 

O IES de Soutomaior navega rumbo ás Cíes

Con un pouco de medo por mor do mal tempo, o alumnado de 1º de Bacharelato puido por fin zarpar dende Vigo rumbo a unha das illas máis bonitas do noso Parque Nacional.

A saída tivo lugar o día 8 de Xuño e foi organizada por Menchu Bussieres Valcarce, que animou ao alumnado a participar e contou como acompañantes con Montse, Giuseppe Branca e Jose Carlos Rojo.

A idea inicial era percorrer a Illa do Faro ata o punto máis alto e fermoso desta, aínda que finalmente, para evitar neboeiros e chuvascos, tomamos camiño ata o Alto do Príncipe; unha das máis fermosas vistas do lugar. Durante o percorrido os guías explicaron a historia, economía e a flora e fauna do arquípélago, dando á visita o punto cultural que buscabamos.

Finalmente, o alumnado puido descansar e darse un baño merecido, mentres comían e esperaban polo Catamarán de volta.

Distribuir contido


by Dr. Radut