Skip to Content

O IES de Soutomaior navega rumbo ás Cíes

Con un pouco de medo por mor do mal tempo, o alumnado de 1º de Bacharelato puido por fin zarpar dende Vigo rumbo a unha das illas máis bonitas do noso Parque Nacional.

A saída tivo lugar o día 8 de Xuño e foi organizada por Menchu Bussieres Valcarce, que animou ao alumnado a participar e contou como acompañantes con Montse, Giuseppe Branca e Jose Carlos Rojo.

A idea inicial era percorrer a Illa do Faro ata o punto máis alto e fermoso desta, aínda que finalmente, para evitar neboeiros e chuvascos, tomamos camiño ata o Alto do Príncipe; unha das máis fermosas vistas do lugar. Durante o percorrido os guías explicaron a historia, economía e a flora e fauna do arquípélago, dando á visita o punto cultural que buscabamos.

Finalmente, o alumnado puido descansar e darse un baño merecido, mentres comían e esperaban polo Catamarán de volta.



blog | by Dr. Radut