Skip to Content

Blogue de admin

Charla Axencia Tributaria

O día 3 de novembro o Departamento de Economía organizou unha actividade dirixida ao alumnado de 4º da ESO que cursa a materia de Economía.

Esta consistiu nunha charla impartida por Rebeca Calviño, unha membro da Axencia Tributaria que traballa en Marín, que estivo máis dunha hora transmitindo de primeira man o traballo que desenvolve cada un dos estamentos que comprende esta organización.

Tamén nos explicou, por suposto, a natureza dos impostos que debemos de pagar como cidadáns e a súa utilidade nesta sociedade para poder manter e crear infraestructuras, poder dar axudas, becas, etc.

Dende o IES de Soutomaior queremos agradecer a Rebeca Calviño ter vido ao centro a explicar todos estes contidos de xeito tan ameno, captando o interese do alumnado. Esperamos poder contar con ela para o seguinte curso.

Club de Lectura. Soutomaiores

 

ANÓTATE!

 

  • Constituimos un Club de Lectura para persoas adultas, que denominamos “Soutomaiores”, aberto á Comunidade Educativa (profesorado, exalumnado, nais, pais, titoras/es legais, persoal de administración e servizos…). Animámosvos a quen queira participar a que vos anotedes canto antes (podemos poñer como data límite o venres 10 de novembro).

 

  • A idea é lermos por trimestre un libriño interesante e comentármolo entre todas e todos, de ser posíbel coa autora e autor: isto supón un mellor coñecemento tanto de quen o escribiu como da obra en si. A obra, data e momento deste encontro están por determinar, mais nada máis sabelo o comunicaremos ao Club.

 

  • Así que so desexamos que vos animedes a participar: a lectura e o encontro de fala entre todas e todos (incluído quen escribiu o libro) sempre resulta moi gratificante.

Halloween no IES de Soutomaior

O luns e o martes previos á festividade de tódolos Santos, o IES de Soutomaior estivo preparado para a ocasión.

Os Departamentos de Inglés e educación Plástica e Visual traballaron xunto co seu alumnado a contrarreloxo logrando un ambiente terrorífico. Tamén os timbres de entrada, saída e cambio de clase mudaron o seu ton clásico por sons típicos de Halloween.

Para favorecer a participación do alumnado, organizamos dúas actividades nos recreos:

Os grupos de 1º e 2º da ESO puideron participar no concurso da Caixa Misteriosa, que contou coa colaboración de Secretaría e, para rematar o festival, no recreo do martes, organizouse un concurso de disfraces no patio no que puido participar todo o alumnado do centro.

Queremos agradecer o esforzo extra dos Departamentos organizadores logrando que a rapazada puidera disfrutar de dous días diferentes.

Pódense ver máis imaxes do evento premendo na seguinte ligazón: galería.

Convocatoria de reunión de titoría coas familias

O IES de Soutomaior convoca ás familias da ESO a unha reunión cos titores dos cursos nos que cursen os seus fillos/as titorandos/as. Nesta se lles dará información importante de cara o comezo deste curso 2023/24.

 

                  Lugar:             Ximnasio     

                                                               

Curso

Data

Hora

1º da ESO

luns 23 de outubro            

16:00 h

2º da ESO

luns 23 de outubro            

17:00 h

3º da ESO

luns 23 de outubro            

18:00 h

4º da ESO

luns 23 de outubro            

19:00 h

1º de Bach

mércores 25 de outubro        

18:00 h

2º de Bach

mércores 25 de outubro        

19:00 h

 

Aproveitando a convocatoria, o vicedirector abordará o tema da excursión de fin de curso coas familias do alumnado de 4º da ESO, para comentar o interese pola mesma, posibles destinos e formas de financiación.

 

Openscience 2023

Esta pasada fin de semana , do 15 ao 17 de septembro, Breixo Cernadas e Lucía Castrillo tiveron a oportunidade de presentar na Openscience de Cambre o seu proxecto (Compost IA), gañador do Premio de Rigor Científico na pasada Feira da Ciencia organizada polo Concello de Soutomaior.

Dende as 12:00 do sábado ata a 13:00 do domingo, os dous participantes ocupáronse de explicar as características do seu innovador traballo á xente que se ía achegando ao seu posto.

Despois de tanto esforzo, os nosos alumnos tiveron unha recompensa ben merecida gañando o primeiro premio na categoría de bacharelato.

 

Dende o IES de Soutomaior queremos expresar o noso orgullo polo traballo realizado e pola idea tan orixinal. Tamén queremos agradecer o traballo feito pola súa titora do proxecto, Saínza Martínez López e pola OMIX do Concello de Soutomaior que organizou e facilitou a nosa participación no evento. Tampouco nos queremos olvidar de Sofía Martínez Braña, integrante inicial do grupo que finalmente non puido ir á Openscience este ano.

Móllate polos ríos. Limpeza da contorna do Verdugo.

 

     O Concello de Soutomaior súmase ao proxecto 'Móllate polos Ríos' coordinado pola Asociación Ecoloxista ADEGA, organizando unha xornada de voluntariado medioambiental que consistirá na retirada de lixo dun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión, así como eliminación de flora invasora.

 

 

    Esta actividade ten como finalidade a concienciación medioambiental da cidadanía, incidindo na importancia dos ecosistemas fluviais e da correcta xestión dos residuos. Será o domingo 24 de setembro a partir das 10,00 h na praia da Xunqueira de Arcade. É recomendable levar calzado e roupa resistente.

 

 

    Para participar é necesario realizar inscrición previa no correo prensa@soutomaior.gal indicando nome completo, DNI e teléfono de contacto. No caso de que se inscriban menores de idade, deberán ir acompañados por un adulto que tamén se inscriba.

 

 

 

 

Inicio de curso 2023-24: Instruccións para o 1º día

Lembramos que o luns 11 de setembro, dará inicio o curso escolar no IES de Soutomaior. O horario será o seguinte:

  • Ás 09:05: recepción do alumnado no lugar asignado para cada nivel.
    • 1º, 2º e 3º ESO na entrada traseira do centro (na zona onde está situado o composteiro).
    • 4º ESO e Bacharelato: escaleiras de acceso e entrada principal ao centro (Onde está a zona cuberta).
  • Ata o recreo presentación cos titores e titoras nas súas respectivas aulas.
  • De 12.05 a 14:35: presentación das materias do día co profesorado.

Ademais, é preciso :

  • O alumnado e as familias poden consultar as listaxes por curso a través de ABALAR-MÓBIL.
  • O profesorado titor informará das normas de organización e funcionamento do centro, horarios, etc.
  • O alumnado deberá vir provisto de material necesario para anotar horarios, cartafol ou caderno para comezar algunha materia,etc.

 

Ata sempre compañeira

Begoña, a perda dunha amiga, dunha nai, dunha filla, dunha compañeira de vida, fere cunha dor intensa, que aparece en escena cando non hai palabras que poidan pechar a ferida.

Mais, ti sabes, como boa coñecedora do pensamento das mulleres e dos homes ao longo da historia, que ao igual que nos preguntamos sobre o sentido e a orixe da vida tamén sabemos que a morte debe ter un lugar. É unha verdade núa, que nos doe moito, pero estamos seguros de que ti conseguiches contruir un lugar en nós para lembrarte.

É un lugar resplandecente, que nos quenta e nos acariña, que coma o primeiro día no que entraches pola porta do instituto nos ilumina co teu sorriso contaxioso, coa túa alegría, cos afectos e co tempo e as palabras xenerosas que nos dedicaches. Pechamos os ollos e nos corredores deste lugar sentimos o repenicar dos teus zapatos e todos, todas, profesorado e alumado, persoal non docente, sentimos algo moi bonito. Como a ti che gustaría.

Nese lugar emerxes coma Perséfone, a que mantivo o equilibrio das plantas e fixo florecer os campos. Aquela que deixa atrás a penumbra a onde a levou Hades e regresa para que a memoria floreza alegre e brillante cando te lembramos.

Así faremos o que a ti che gustaría: abrir os ollos, sorrir, amar e seguir.

Parafraseando á poeta:

O infinito conmóvenos e vivimos na túa morte

a ledicia de non perderte

para sempre

mentres a herba medre

mentras a herba medre.

(Olga Novo)

                             

 

 

Libros de texto curso 2023-24

Pódense consultar a relación de libros de texto de cada nivel premendo en cada curso.

1oBach

 2oBach

 

Lembramos que en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO o alumnado disporá dos libros dixitais e os computadores do Proxecto E-DIXGAL.

 

Mellores expedientes do curso 2022-23

O IES de Soutomaior non pode despedirse deste curso 2022-2023 sen facer unha mención e agradecendo o esforzo aos mellores expedientes académicos daqueles alumnos e alumnas que acadaron unha media de todas as súas materias a finais de curso igual ou superior a 9.

Unha mención aínda máis especial se cabe, merece o alumnado que recibiu unha Matrícula de Honra (MH). Esperamos que agora disfrutedes dun merecido descanso desconectando un pouco de cara o curso que ven. Parabéns.

1o ESO

2o ESO

3o ESO

 

Vega Gómez Álvarez 

Aroa García Conde

 

 

Sabela Cernadas Soliño

Carla Rodríguez Rodríguez

 

 

Lucía Castro Blanco 

Mateo Fernández Carro 

Rosalía Narciso Cancela

 

4o ESO

1o Bacharelato

2o Bacharelato

 

Yiwei Jin 

Anxo Muiños Seoane

Zaira Pazos González (MH)

Rocío Orge Santoro  (MH)

Dafne Teixeira Criado (MH)

 

 

Lucía Castrillo Sánchez 

Samuel López Lorenzo 

 

 

Darío Fernández Menduiña

Izaskun Tellería Seoane (MH)

Iria Prado Rodríguez (MH)

Rebeca Torres Rodríguez (MH)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut