Skip to Content

APERTURA DE 2ESO D e 2ESO E, E ACTUALIZACIÓN


 

Comunicamos ás familias que MAÑÁ, MARTES 4 DE MAIO, PROCEDEMOS Á APERTURA DE AULAS EN 2ESO D e 2ESO Eexclusivamente PARA O ALUMNADO QUE XA RECIBIU A ALTA

Por suposto, non poderá volver ningún alumno/a que se atope nunha nova etapa de confinamento por calquera outro contacto con positivo.


A situación, en 2ESO, queda logo ACTUALIZADA da seguinte maneira:

  • 2ESO A: TODO O ALUMNADO NA AULA.
  • 2ESO B: REGRESO A PARTIR DO 8 MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o martes 11, polo que volverían o mércores 12).
  • 2ESO C: REGRESO A PARTIR DO 8 MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o martes 11, polo que volverían o mércores 12).
  • 2ESO D: REGRESO MAÑÁ MARTES 4 DE MAIO. A partir dese día poderán incorporarse os alumnos/as que teñan a súa PCR negativa. 
  • 2ESO E: REGRESO MAÑÁ MARTES 4 DE MAIO. A partir dese día poderá incorporarse o alumnado con 2ª PCR negativa, ou ben cando se cumpran os 14 días desde o último contacto (cúmprense o venres 7, polo que saen da corentena o sábado 8 de maio).

Seguiremos actualizando esta información a través desta páxina web, a aplicación Abalar Móbil, e cun aviso no Instagram do IES.

Nova semana de Froita Fresca (luns 3 a venres 14 de maio)

Comezamos coa segunda quenda da Semana da Froita Fresca para fomentar hábitos de vida saudables, desta vez desde o luns 3 ao venres 14 de maio. En cada recreo, na mesa de Conserxería, haberá tres pezas de froita fresca e de tempada a disposición do alumnado: mazá, pexego glabro (nectarina) e plátano. 

 

 

PECHES AULAS EN 2ºESO

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN. MANTENSE O PECHE EN 2ºESO D

Pedimos desculpas por interpretar mal a información de Sanidade, que todavía non autoriza a apertura da aula de 2ºESO D ata que se teñan recibidos todos os resultados das probas PCR e sexan negativos. A situación é distinta da de 2ºESO A porque nese grupo non houbo ningún positivo.

ACTUALIZACIÓN - NOVAS 2º ESO (xoves 29 de abril 2021)

 

Comunicamos que MAÑÁ, VENRES 30, PROCEDEMOS Á REAPERTURA DE AULAS EN 2ESO A, exclusivamente PARA O ALUMNADO QUE XA RECIBIU A SÚA PCR NEGATIVA, que neste momento son xa case todos. 


A situación, en 2ESO, por grupos, queda logo ACTUALIZADA da seguinte maneira:

  • 2ESO A: VOLTA ÁS AULAS MAÑÁ VENRES 30, salvo o alumnado que aínda non fixo/obtivo PCR negativa (tan só un).
  • 2ESO B: confinamento ATA VENRES 7 DE MAIO, incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da CSC).
  • 2ESO C: confinamento ATA VENRES 7 DE MAIO, incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da CSC).
  • 2ESO D: VOLTA ÁS AULAS en breve, cando todo o alumnado do grupo teña PCR negativa (faltan 4 alumnos).
  • 2ESO E: confinamento ATA LUNS 3 DE MAIO, incluído, e sempre previa alta da CSC.

Non houbo tampouco comunicación de ningún novo caso, así que a situación do centro permanece igual cá onte, con 10 positivos (9 en 2ESO e 1 en 4ESO).

Seguiremos actualizando esta información a través da aplicación Abalar Móbil, nesta páxina web e no Instagram do IES.

 

PECHE DAS AULAS DE 2º ESO, CONFINAMENTO E PASE A ENSINANZA NON PRESENCIAL

 


Seguindo instrucións da Xefatura Territorial de Sanidade, informamos de que a partir deste momento, sumamos ao peche por brote de 2ESO E (levado a cabo onte), o PECHE PREVENTIVO DO RESTO DE GRUPOS DE 2º ESO, con axuste aos seguintes puntos:

  1. O alumnado destes grupos queda en situación de confinamento, illado nos domicilios e á espera de ter todos PCR negativa

  2. O confinamento será, para cada grupo, o que se establece a continuación:

    • 2ESO Aata novo aviso (previsiblemente, volverían este venres 30, a falta de confirmación da Central de Seguimento)

    • 2ESO Bata o sábado 1 de maio incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da Central de Seguimento)

    • 2ESO Cata o venres 7 de maio incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da Central de Seguimento)

    • 2ESO Data novo aviso (previsiblemente, volverían este venres 30, a falta de confirmación da Central de Seguimento)

    • 2ESO Eata o luns 3 de maio incluído (cando se cumpren 10 días desde o último contacto con positivo, e sempre previa alta da Central de Seguimento). Esta data variou debido a un novo positivo no grupo.

  3. Estes grupos pasan a ensinanza non presencial, con clases por videoconferencia (Webex) e no mesmo horario lectivo que o habitual, en aplicación do Plan de Continxencia do IES ante o peche dunha aula. Lembramos que cada profesor/a dispón dunha aula virtual e de que nela figura a ligazón á súa sala persoal Webex. O profesorado controlará a asistencia e notificará as ausencias ao titor/a e ás familias como vén sendo habitual.


Para calquera pregunta, non dubiden en contactar a través do teléfono ou escribindo ao enderezo do centro ies.sanpaio@edu.xunta.gal, poñendo no asunto Equipo Covid.

Grazas pola colaboración.

 

PECHE DA AULA 2ESO E+ CRIBADO MASIVO AO ALUMNADO DE 2º E 4º ESO

 

Debido aos tres positivos Covid rexistrados actualmente, PÉCHASE A AULA DE 2º ESO E, e TODO O ALUMNADO DESTE GRUPO DEBE

  • permanecer illado na casa e á espera de proba PCR (serán contactados proximamente desde a Central de Seguimentos, coa que o centro está en coordinación)
  • gardar unha corentena de 10 días desde o seguinte ao do último contacto coa persoa infectada, polo tanto corresponde levala ata o 1 de maio (salvo resultado positivo na PCR, caso no que as familias deberán notificalo por teléfono á Dirección do centro).

  • este grupo pasa a ensinanza non presencial, con clases por videoconferencia (Webex) e no mesmo horario lectivo que o habitual, desde hoxe luns 26 a mediodía e durante toda a semana (ata o 1 de maio), en aplicación do Plan de Continxencia do IES ante o peche dunha aula. Lembramos que cada profesor/a dispón dunha aula virtual e de que nela figura a ligazón á súa sala persoal Webex. O profesorado controlará a asistencia e notificará as ausencias ao titor/a e ás familias como vén sendo habitual.

 

ADEMAIS,

Informamos de que Sanidade iniciou un CRIBADO MASIVO ENTRE O ALUMNADO DE 2º E 4º ESO do centro, que están sendo xa citados (vía SMS ás familias) para unha proba PCR. Este alumnado, que NON está confinado nin ten síntomas, pode facer vida normal e seguir asistindo a clase, salvo que o resultado desa proba PCR sexa positivo (caso no que as familias, deberán notificalo por teléfono á Dirección do centro).

 

Para calquera dúbida, poden contactarnos ao enderezo do centro ies.sanpaio@edu.xunta.gal, poñendo no asunto Equipo Covid.

 

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO 2021: RETO #BOOKFACE fotos

Despois de feita unha selección de libros convidamos ao alumnado a tirar unha foto integrándose na portada. Xa temos un monllo de creacións. Velaquí a exposición montada con algunhas das fotos.
 

ADMISIÓN 2021-22: PUBLICADAS LISTAXES PROVISIONAIS

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e non admitidas para o vindeiro curso 2021-22, que poden consultarse só no taboleiro da Secretaría do centro, ou ben a través da aplicación Admisión Alumnado (só con Certificado Dixital ou con Chave 365). Ata o vindeiro martes 27 de abril (cinco días hábiles desde o da publicación) estará aberto o prazo de reclamacións.

 

CRIBADO PARA ADOLESCENTES DE 12 A 17 ANOS

Comeza o cribado voluntario e gratuito en farmacias para adolescentes entre os 12 e 17 anos e que non presenten síntomas (só usuarios de SERGAS)Este cribado, organizado pola Consellería de Sanidade en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, require tan só unha mostra de saliva auto recollida no domicilio do alumno/a.

Para participar, só é necesario que:

  • Nai ou pai do menor se acheguen á farmacia coa tarxeta sanitaria do menor e asinar o consentimento informado (se é alumnado de 16 ou 17 anos tamén poderán asinar eles).
  • Seguir as indicacións para facer a recollida de saliva na mañá seguinte.
  • Entregar o tubo coa mostra na farmacia antes das 10.30 h.


Os resultados comunícanse ao teléfono mobil indicado.

O obxectivo é detectar asintomáticos, polo que a participación neste cribado pode ser esencial para detectar casos e axudar así a frear a pandemia.

 

DÍA DO LIBRO 2021: RETO #BOOKFACE

#BOOKFACE Challenge na biblioSanPaio.

O equipo da biblioteca segue a traballar con actividades divertidas con todxs vós e aquí vos presentamos un interesante e creativo reto para conmemorar o DÍA DO LIBRO 2021:

Escolle a portada dun libro + busca un escenario e completa a portada ➡️ tira unha foto‼️

Podedes usar os vosos libros ou coller un dos moitos que vos escollemos e que tendes expostos na Biblioteca.

PARTICIPA! Trae a túa foto á Biblioteca ou cólgaa nas redes sociais con:  #bookfaceSanPaio

Haberá sorpresas! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut