Skip to Content

PECHE DA AULA 2ESO E+ CRIBADO MASIVO AO ALUMNADO DE 2º E 4º ESO

 

Debido aos tres positivos Covid rexistrados actualmente, PÉCHASE A AULA DE 2º ESO E, e TODO O ALUMNADO DESTE GRUPO DEBE

  • permanecer illado na casa e á espera de proba PCR (serán contactados proximamente desde a Central de Seguimentos, coa que o centro está en coordinación)
  • gardar unha corentena de 10 días desde o seguinte ao do último contacto coa persoa infectada, polo tanto corresponde levala ata o 1 de maio (salvo resultado positivo na PCR, caso no que as familias deberán notificalo por teléfono á Dirección do centro).

  • este grupo pasa a ensinanza non presencial, con clases por videoconferencia (Webex) e no mesmo horario lectivo que o habitual, desde hoxe luns 26 a mediodía e durante toda a semana (ata o 1 de maio), en aplicación do Plan de Continxencia do IES ante o peche dunha aula. Lembramos que cada profesor/a dispón dunha aula virtual e de que nela figura a ligazón á súa sala persoal Webex. O profesorado controlará a asistencia e notificará as ausencias ao titor/a e ás familias como vén sendo habitual.

 

ADEMAIS,

Informamos de que Sanidade iniciou un CRIBADO MASIVO ENTRE O ALUMNADO DE 2º E 4º ESO do centro, que están sendo xa citados (vía SMS ás familias) para unha proba PCR. Este alumnado, que NON está confinado nin ten síntomas, pode facer vida normal e seguir asistindo a clase, salvo que o resultado desa proba PCR sexa positivo (caso no que as familias, deberán notificalo por teléfono á Dirección do centro).

 

Para calquera dúbida, poden contactarnos ao enderezo do centro ies.sanpaio@edu.xunta.gal, poñendo no asunto Equipo Covid.

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut