Skip to Content

Exposición na Biblioteca do Grupo Nós:

Martes, 15 de decembro: desde a nosa biblioteca participamos na segunda e última visita didáctica virtual á exposición Galicia, de Nós a nós. Pechamos así as actividades programadas para celebrarmos o centenario da publicación da revista Nós que se viron complementadas coa nosa particular exposición de materiais Nós na Bibliosanpaio.

na Bibliosanpaio de amapeot

CHARLA E COLABORACIÓN COA PROTECTORA DE ANIMAIS DE TUI "ALOIA"

Cada Nadal séguense usando mascotas como agasallo. Unha de cada tres acaban sendo abandoadas semanas despois. Este venres 18, o noso alumnado de 4ºESO será destinatario dunha charla (tantas como grupos) de concienciación e defensa dos dereitos dos animais con Sandra , exalumna e voluntaria desde hai anos da Protectora de Animais de Tui Aloia, que vén facendo un traballo espectacular neste ámbito.

Acompañamos estas charlas con 3 oportunidades de colaboración:

  1. Recollida solidaria de alimentos para os cans da protectora. Só ata martes 22. Admítense patés, latas, salchichas e aros, que poderanse depositar na caixa habilitada na entrada, ao lado de Conserxería, só ata martes 22.
  2. Mercado solidario. Estará só este vernes 18 nos intermedios das charlas: en 4º A (1º recreo) e 4º C (2º recreo): calendarios, chaveiros, pulseiras, camisetas... os cartos recadados destínanse integramente para financiar os gastos necesarios para o coidado dos animais refuxiados na protectora.
  3. Panel de animais acollidos. Hai máis de sesenta cans agardando en Aloia por unha familia que os queira e os coide, e tedes os seus retratos na entrada do IES. Con foto, nome, idade e esas virtudes que fan único a cada un deles. Que non podedes adoptar? Sempre se pode amadriñar, pasear ou pasar pola protectora a dar uns aloumiños ou botar unha man.

Como escribiu Lord Byron para a tumba do seu can: “tiña todas as virtudes humanas e ningún dos seus defectos”. 

CHARLAS OBRADOIRO SOBRE ADICCIÓNS: ESA OUTRA PANDEMIA

Durante este mes de decembro traballaremos co noso alumnado de 1º e 4º ESO acerca dunha das enfermidades máis graves e con maiores secuelas (físicas, emocionais e sociais) da actualidade: as adiccións. Farémolo por medio de charlas obradoiro de entre unha e dúas horas de duración, con cada un dos grupos por separado, organizadas desde o departamento de Orientación e da man dos Servizos Sociais do concello e da Asociación cidadá de loita contra a droga: Alborada.

Dunha parte, en 1º ESO, trataranse todos eses mitos e crenzas que acabaron por facer socialmente admisible (e aparentemente inocente) o consumo de alcohol e tabaco.

E da outra, co alumnado de 4º ESO, abordarase o gravísimo problema das condutas aditivas sen substancia; é dicir, da adicción ao xogo, ás apostas e ao teléfono móbil (nomofobia).

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO/EXCLUÍDO - DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Publicamos hoxe as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para a distribución de máscaras en centros educativos pola Xunta de Galicia. Podesdes consultalas unicamente de maneira presencial nos taboleiros da Secretaría do centro, tal e como determinan as instrucións.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días habiles seguintes ao da súa publicación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DA CONSELLERÍA

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, onte enviamos ás familias (a través do alumnado) nota informativa na que recollemos estes criterios, así como (de ser o caso) se podería solicitar o dereito á distribución de máscara. Tedes os criterios e a forma de solicitalas na imaxe desta publicación. O prazo para entregar a solicitude remata o 27 de novembro. A listaxe provisional e definitiva colocarase nos taboleiros do centro. Comunicaremos dita publicación a través da nosa páxina web.

 

Relatos gañadores...SAMÁIN 20!

Pois aquí temos os RELATOS GAÑADORES!!!!!

PARABÉNS A TODAS AS PERSOAS PARTICIPANTES.

A entrega de premios terá lugar o Venres no 1ºRecreo na Biblioteca!

VINDE TODXS QUE TAMÉN TEMOS UN AGASALLO PARA CADA PARTICIPANTE.

 

Novembro: mes da ciencia en galego na biblioteca

Pois a mil andamos na Biblioteca preparándoa para todas as actividades que temos para vós neste fantástico mes de experimentos e actividades arredor da CIENCIA EN GALEGO!

E é fantástico ver na Biblioteca a alumnado e de profes de Mates, de Física e Química, de Bioloxía e Xeoloxía, de Tecnoloxía... porque esta biblio é para vivila e experimentala.

Apuntade:

1.- EXPERIMENTOS TODOS OS 2º RECREOS (segue o cartel co departamento que vai facer a actividade ese día)

2.- LECTURAS (online e de balde) PARA A HORA DE LER

3.- CONCURSO: CIENCIA NA CASA. Grava un vídeo facendo un experimento caseiro ou unha experiencia relacionada coa ciencia.

4.- LIBROS DE DIVULGACIÓN E DE FICCIÓN NA BIBLIO. Non podería ser doutro xeito e temos moitas novidades moi interesantes que vos van encantar.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O Equipo da BIBLIOSANPAIO quere conmemorar este Día das Bibliotecas Escolares e agradecer a toda a Comunidade Educativa polo seu apoio e participación nas nosas propostas, especialmente ao equipo de alumnado voluntario que cada día aporta o seu traballo, sorrisos e marabillosa compañía que tanta falta nos fai e ao resto dos rapaces e rapazas que conquistan este espazo tan máxico e que tanto disfrutamos xuntxs.

PARABÉNS!!!! 

Concurso de relatos de medo Samaín´20

Un ano máis o Equipo da Biblioteca xan ten preparado o noso

CONCURSO DE RELATOS DE SAMAÍN.

Esta vez o Protocolo Covid non nos permite facer contadas na biblioteca pero temos outros recursos: podedes crear un relato escrito e presentalo ao concurso pero... que tal si creamos relatos con:

- vídeo Tiktok

- historias con Whatsapp

- narramos a contada nun podcast

- gravamos nun vídeo da nosa propia contada

- creamos unha curtametraxe ????

Non deixes pasar esta oportunidade e divírtete creando a historia que ti queiras coa temática do Samaín.

Esperámoste na BiblioSanPaio!!! Guay

 

Máis información nesta presentación   ou na Biblioteca. ;) 

Distribuir contido


by Dr. Radut