Skip to Content

Palabra de escritoras!

A escrita en todos os tempos ten nome de muller aínda que moitas veces eses nomes femininos teñan sido esquecidos ou só citados nunha nota ao pé de páxina nas historias da literatura tradicionais. Nos últimos anos distintas iniciativas están a dar visibilidade á labor das mulleres que empuñaron a pluma, das moitas “sin sombrero” que permaneceron silenciadas... xa que as palabras escritas duran no tempo, aproveitamos unha nova edición do Día das Escritoras para dar a palabra a 18 delas. Entra na seguinte presentación interactiva se queres coñecer máis e mellor a vida e obra destas autoras pioneiras.

REPARTO ORDENADORES E-DIXGAL

O alumnado de 1ºESO e 4ºESO, así como o alumnado repetidor de 3ºESO recibirá o seu ordenador E-Dixgal o vindeiro luns 27 de setembro no seguinte horario:

  • 18.30 alumnado de 1ºESO
  • 19.30 alumndo que faga 3ºESO por segunda vez e alumnado de 4ºESO.

A entrega farase ás nais, pais ou titores/as legais do alumnado, que deberán presentar o seu DNI, a través das ventás da aula do soto do instituto.

Se houbese algún problema para acudir neste horario, deberase poñer en contacto co instituto para acordar unha data/hora alternativa.

PRESENTACIÓNS CURSO ACADÉMICO 2021-2022

As presentacións do novo curso académico 2021-2022 serán o vindeiro mércores 15 de setembro no seguinte horario:

  • 10:00  alumnado de 1º ESO
  • 10:30 alumnado de 2º ESO
  • 11:00 alumnado de 3º ESO
  • 11:30 alumnado de 4ºESO
  • 12:00 alumnado de 1º BACH
  • 12:30 alumnado de 2º BACH

O alumnado de cada nivel deberá presentarse á hora indicada no pavillón do instituto, onde será recibido polos titores dos diferentes grupos. A asignación aos grupos será comunicada ás familias a través da plataforma ABALAR antes do día da presentación, aínda que a distribución inicial poderá sufrir variacións de última hora.

Recórdase tamén que non haberá transporte para a xornada de presentación.

ENTREGA DE NOTAS E DEVOLUCIÓN LIBROS

A entrega de notas da convocatoria extraordinaria de setembro farase o mércores 8 no seguinte horario:

  • ás 09:30 para os cursos 2º e 4º ESO
  • ás 10:00 para o alumnado de 1º e 3º ESO
  • ás 10:30 para o alumnado de 1º BACH

Tras a entrega de boletíns, o alumnado procederá á devolución de libros do Fondo Libros en Vicedirección.

O alumnado que así o considere poderá exercer o seu dereito a reclamar as cualificacións os días 9 e 10 de setembro en horario de 09:30 a 14:00. Toda a información sobre o procedemento está neste enlace.

BECAS MEC PARA O CURSO 2021-22

 

Publicada a convocatoria do Ministerio de Educación para a solicitude de diversos tipos de becas para o vindeiro curso.

A solicitude tramítase a través da Sede Electrónica do Ministerio.

Toda a información, AQUÍ.

 

RESOLUCIÓN SOLICITUDES DE AXUDA DE MATERIAL

Xa está publicada no taboleiro da Secretaría do Centro a listaxe de solicitudes de axuda de material EXCLUÍDAS. Tamén podes consultala neste enlace e na sección de NOVAS máis arriba. Recorda que tes a posibilidade de reclamar esta resolución ata o luns 26 de xullo, incluído. Non hai un impreso específico para dita reclamación pero podes consultar a orde que regula este proceso na seguinte ligazón.

Se o teu nome non aparece nesta lista, podes pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 no mes de xullo e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo.

 

AMPLIACIÓN DO PROXECTO E-DIXGAL AOS CURSOS 3º E 4º ESO

A Consellería de Educación vén de confirmar a ampliación do Proxecto Edixgal para todos os cursos da ESO do IES San Paio, estendéndose tamén a 3º e 4º ESO.

Mediante este proxecto profesorado e alumnado pasarán a desenvolver a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Porén, as materias que non están dentro do proxecto E-Dixgal seguirán empregando libros de texto. Podedes consultalos AQUÍ.

Como consecuencia desta nova, as solicitudes e concesións de Fondo Libros quedan anuladasl:

"Segundo o artigo 1 da ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquierir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde." (toda a resolución, AQUÍ)

Ao inicio do curso, daremos a alumnado e familias toda a información necesaria a este respecto.

CALENDARIO DAS PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO

Xa podes consultar na páxina web do centro (sección novas) e no seguinte enlace as datas dos exames de setembro.

Moito ánimo coa preparación!!

PARABÉNS Á NOSA ALUMNA PAULA CABALEIRO, CAMPIONA GALEGA DE 1500 METROS


Parabéns á nosa alumna de 1º Bacharelato Paula Cabaleiro que, onte sábado 3 de xullo, logrou proclamarse campiona galega de 1500 metros lisos e tamén ao seu equipo, o Club Atletismo Tui. Polo logro e por toda a ilusión, traballo e afán de superación que hai detrás del. 

 

 

RESULTADOS DAS PROBAS DA ABAU XUÑO 2021

PARABÉNS

 

A TODOS/AS OS/AS ALUMNOS/AS DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIRON SUPERAR ESTA PROBA

 

 93% DE APROBADOS/AS

 

 85 ALUMNOS/AS APROBADOS/AS DE 91 PRESENTADOS NA PROBAS ORDINARIAS DE XUÑO

 

Catro alumnos/as superaron o nove na nota final da selectividade e recibirán un diploma da Universidade de Santiago de Compostela polo seu aproveitamento Sobresaínte:

 

EVA ALONSO SÁNCHEZ

 

ANA CASTRO ALFONSO

 

NOELIA GONZÁLEZ LOURENçO

 

PABLO MORAIS LÓPEZ

 

 

Ademais 27 alumnos/as tiveron unha nota final entre un oito e un nove:

 

 Esther Álvarez Martínez

 

Ariadna Álvarez Ramírez

 

Yashira Álvarez Ramírez

 

María Álvarez Solleiro

 

Alejandro Bugarín Gómez

 

Clara Canosa Collazo

 

Elena Canosa Collazo

 

Elena Carrera Martínez

 

Alba de Marcos Méndez

 

Paula Domínguez Rodríguez

 

Clara Fernández Garrido

 

Laura Figueroa Rodríguez

 

Yaiza Gayoso Rey

 

Carla Giráldez Rodríguez

 

Víctor González Álvarez

 

Hugo Guerreiro Paredes

 

Unai Melo Presa

 

Aitana Míguez González

 

Ainara Pais Corral

 

Alba Pascual Rodríguez

 

María Rosa Patricio Pena

 

Iago Pereira López

 

Mariña Pereira Nogueira

 

Lucía Portela Otero

 

Noa Ramírez Castellano

 

Diego Ramos Pazó

 

Yisha Yang

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut