Skip to Content

AMPLIACIÓN DO PROXECTO E-DIXGAL AOS CURSOS 3º E 4º ESO

A Consellería de Educación vén de confirmar a ampliación do Proxecto Edixgal para todos os cursos da ESO do IES San Paio, estendéndose tamén a 3º e 4º ESO.

Mediante este proxecto profesorado e alumnado pasarán a desenvolver a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Porén, as materias que non están dentro do proxecto E-Dixgal seguirán empregando libros de texto. Podedes consultalos AQUÍ.

Como consecuencia desta nova, as solicitudes e concesións de Fondo Libros quedan anuladasl:

"Segundo o artigo 1 da ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2021/22 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquierir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde." (toda a resolución, AQUÍ)

Ao inicio do curso, daremos a alumnado e familias toda a información necesaria a este respecto.

AdxuntoTamaño
LISTAXE DEF LIBROS 2021-2022.pdf93.92 KB


page | by Dr. Radut