Skip to Content

Libros

DOAZÓNS: Un hombre que se parecía a Cunqueiro

  

A familia de José María Besteiro, recoñecido productor televisivo e xornalista nado en Riotorto (Lugo) agasallounos cun exemplar da súa obra Un hombre que se parecía a Cunqueiro,  imaxinativo achegamento á figura cunqueiriana, á que Besteiro está unido por uns lazos familiares que forman parte dos seus mitos da infancia, o que lle dá pé a mesturar nas súas páxinas detalles sobre o autor coa súa propia biografía. 

 

 

LIBROS AGASALLO CONCELLO

O 20 de abril de 2021 a concelleira de cultura de Ribadeo fíxolles entrega ás directoras e directores dos centros de ensino de Ribadeo de varios exemplares de dous libros editados recentemente para que formen parte das súas bibliotecas.

O primeiro foi Cen historias máxicas pola Mariña encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Neira Brosch, editado por Gráficas Lar de Viveiro e patrocinado pola Área de Cultura da Deputación da Lugo. Trátase dun libro no que se recollen encantos, milagres, seres e lugares lendarios da comarca. O obxectivo foi contribuír á divulgación do acervo cultural e da creación artística da comarca en particular e de Galicia en xeral.

Ademais foron entregados dous exemplares de Rosas envaiñadas, un poemario do autor focense Paco Rivas.

O acto de entrega destes libros aos centros de ensino de Ribadeo tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho.

 

 

 

LIBROS ADICADOS- Pablo Trabadelo Villabrille

O fisioterapeuta e poeta veigueño Pablo Trabadelo Villabrille adicounos o seu poemario Navalla, que pasa a formar parte da nosa colección Local. Podedes ver unha autopresentación do libro no seguinte enlace:  

https://www.youtube.com/watch?v=XX0TC-aElao

 

 

NOVIDADES E-BOOKS

Adquirimos cinco novos títulos para os nosos libros electrónicos:

 

Frankenstein o el moderno Prometeo, Mary Shelley
Novela de ajedrez, Stefan Zweig
Fuenteovejuna, Lope de Vega
A balada dos unicornios, Ledicia Costas
El palacio de la luna, Paul Auster
 
 
 
 
 

 

PROGRAMA CON-VIVE

O instituto desenvolverá a partir do segundo trimestre a liña 4 dos CONTRATOS-PROGRAMA denominada CON-VIVE. O seu obxectivo é  mellorar a competencia social e cívica, promover medidas que fomenten a convivencia,  promover un axeitado clima de aula e de centro e levar a cabo accións preventivas de condutas non axeitadas. 

 A biblioteca colabora co desenvolvemento do programa adquirindo 20 exemplares do

libro "Invisible" de Eloy Moreno, sobre o cal se traballará nas horas de titoría.

 

LECTURAS EN GALEGO

 As editoriais Xerais e Galaxia cederon ao departamento de galego varios exemplares de lecturas xuvenís que pasan a formar parte dos fondos da biblioteca.

 

 

LIBROS INCLUSIÓN PLAN LÍA

A consellería de Educación, dentro do Plan Lía de Bibiotecas Escolares, asignou ao centro unha partida económica para o chamado “desafío número 3”, A biblioteca inclusiva.  Baixo este epígrafe preténdese dotar ás bibliotecas escolares dos recursos necesarios para atender de forma axeitada ao alumnado con necesidades educativas de apoio específico, ofrecéndolle oportunidades adaptadas e enriquecedoras para a adquisición e reforzo de habilidades e de competencias clave.

 

Velaquí unha fotografía do material adquirido:

 

LIBROS SEMINARIO PERMANENTE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL

 

20 membros do profesorado do instituto participan nun Seminario Permanente asociado á liña dos Contratos-Programa. Leva por título A educación emocional como eixe transversal da convivencia, a excelencia académica e a educación para a saúde. Como parte do material de traballo adquiríronse unha serie de libros relacionados co tema que pasarán a formar parte da nosa biblioteca.

 

EXPOSICIÓN PERMANENTE DE MINILIBROS

O primeiro trimestre deste curso 2020-2021 puidemos ver e admirar de cerca nunha

exposición situada no vestíbulo principal do instituto: os “minilibros” realizados de xeito

artesanal polo alumnado durante o confinamento, por iniciativa da profesora Rosa Paz

Rico. Agora foron cedidos á Biblioteca, pasando a formar parte dunha exposición

permanente. Polo de agora están situados no corredor que dá acceso á mesma, que

funciona como unha especie de anexo para paliar a falta de espazo motivada polo

protocolo anti-covid.

 

 

 

 

LIBROS FEMINISTAS EN INGLÉS

Ampliamos o noso fondo de libros con sete títulos en lingua inglesa vinculados dalgún ou outro xeito ao pensamento feminista.

 

Distribuir contido